한국   대만   중국   일본 
Panteismo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Panteismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luminaries of Pantheism , de Levi Ponce , mural en Venice, California para The Paradise Project .

O panteismo [ 1 ] e a crenza de que absolutamente todo e todos componen un Deus abranguente, e inmanente , [ 2 ] ou que o universo (ou a natureza ) e Deus son identicos. [ 3 ] Sendo asi­, os adeptos desta posicion non cren nun deus persoal , antropomorfico ou creador . Ainda que existan diverxencias dentro do panteismo, as ideas principais din que Deus se atopa en todo o cosmos como unha unidade abranguente e polo tanto e inaceptabel no panteismo o politeismo (adoracion e crenza en varios deuses), pois as divindades son tidas como aspectos distintos do absoluto . [ 4 ]

O panteismo foi popularizado na cultura occidental tanto como unha teoloxia canto unha filosofi­a baseada na obra de Baruch de Spinoza , [ 5 ] que escribiu o tratado Etica , [ 6 ] unha resposta a famosa teoria de Descartes sobre a dualidade do corpo e do espirito . [ 7 ] Spinoza declarou que ambos eran a mesma cousa, e este monismo terminou sendo unha calidade fundamental da sua filosofi­a. El empregaba a palabra "deus" para describir a unidade de calquera substancia. Ainda que o vocabulo "panteismo" non fose inventado durante o seu tempo de vida, hoxe Espinosa e considerado como un dos mais celebres defensores da crenza. [ 8 ] Unha ida panteista tamen foi asumida polo filosofo e cosmologo do seculo XVI Giordano Bruno . [ 9 ]

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

A palabra derivase do grego pan (que significa "todo") e theos (que significa "deus"). [ 10 ] A primeira vez que apareceu o vocabulo en latin foi na obra de 1697 escrita por Joseph Raphson titulada De Spatio Reali seu Ente Infinito , [ 11 ] en que se refire ao "pantheismus" de Spinoza e outros. [ 12 ]

Relacion con outras doutrinas [ editar | editar a fonte ]

De entre as doutrinas occidentais, o panteismo e unha das que mais se aproxima as filosofias orientais como o budismo , o xainismo , o taoismo e o hinduismo . E tamen a lina filosofica que mais se achega a filosofia hermetica do antigo Exipto , onde o principal obxectivo e facer parte da conspiracion universal (ou conspiracion cosmica ).

Panteismo e panenteismo [ editar | editar a fonte ]

No panteismo, Deus ten tamano igual ao universo. En cambio, no panenteismo , Deus esta dentro do universo, mais existe tamen fora del. [ 13 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para panteismo .
  2. Encyclopedia of Philosophy ed. Paul Edwards. Nova York: Macmillan and Free Press. 1967. p. 34.
  3. The New Oxford Dictionary Of English . 11ª edicion. Oxford: Clarendon Press. 1998. p. 1341.
  4. "O que e panteismo?" . Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2013 . Consultado o 2012-02-28 .  
  5. Picton, James Allanson (1905). Pantheism: its story and significance . Chicago: Archibald Constable & CO LTD.. ISBN 978-1419140082 .
  6. Lloyd, Genevieve (2 de outubro de 1996). Routledge Philosophy GuideBook to Spinoza and The Ethics . Routledge Philosophy Guidebooks (1.ª ed.). Routledge . p. 24. ISBN   978-0-415-10782-2 .  
  7. Plumptre, Constance (1879). General sketch of the history of pantheism , Volume 2. Londres: Samuel Deacon and Co. pp. 3?5, 8, 29. ISBN 9780766155022 .
  8. Shoham, Schlomo Giora (2010). To Test the Limits of Our Endurance . Cambridge Scholars. pp. 111. ISBN 1443820687 .
  9. Birx, Jams H. (11 de novembro de 1997). "Giordano Bruno" . Mobile, AL : The Harbinger. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2019 . Consultado o 02 de xaneiro de 2021 . Bruno was burned to death at the stake for his pantheistic stance and cosmic perspective.  
  10. Bogdanski, Tomasz; Elizalde, Erika Pamela Santana; UNID, Editorial Digital (12 de maio de 2014). Fe y mundo contemporaneo (en castelan ) . Editorial Digital UNID . Consultado o 2 de abril de 2018 .  
  11. Ann Thomson, Bodies of Thought: Science, Religion, and the Soul in the Early Enlightenment , 2008, paxina 54.
  12. Taylor, Bron (2008). Encyclopedia of Religion and Nature . A&C Black. pp. 1341?1342. ISBN   978-1441122780 . Consultado o 27 de xullo de 2017 .  
  13. John Culp (19 de maio de 2009). " Panentheism ". The Stanford Encyclopedia of Philosophy. Stanford, CA page=: Stanford University. "Peacocke identifies his understanding of God's relation to the world as panentheism because of its rejection of dualism and external interactions by God in favor of God always working from inside the universe. At the same time, God transcends the universe because God is infinitely more than the universe".

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]