Pablo Arosemena Alba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Arosemena Alba

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 24 de setembro de 1836 Editar o valor em Wikidata
Cidade de Panama Editar o valor em Wikidata
Morte 19 de agosto de 1920 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Cidade de Panama Editar o valor em Wikidata
Presidente de Panama
5 de outubro de 1910 ? 1 de outubro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Panama Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion politico , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido politico National Liberal Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Pablo Jose Merced de los Dolores Arosemena de Alba , nado na Cidade de Panama , Republica de Nova Granada , o 24 de setembro de 1836 e finado no mesmo lugar o 29 de agosto de 1920 , foi un avogado , xornalista e politico, presidente de Panama entre 1910 e 1912 , concretamente presidente interino da Republica de Panama en calidade de "Primeiro Designado, Encargado do Poder Executivo" . Anteriormente foi presidente do Estado Federal de Panama en 1875 e en 1885.

Biografia [ editar | editar a fonte ]

Nado como Pablo Jose Merced de los Dolores Arosemena de Alba, fillo de Pablo Arosemena de la Barrera (primeiro gobernador da provincia de Chiriqui ) e de Ramona de Alba Braximo. [ 1 ] Ao rematar os seus estudos en Colombia , regresou a Panama en 1853 cando os estadounidenses construian o ferrocarril transistmico . En 1856 fundou o periodico "El Centinela" xunto con Gil Colunje . Tamen escribiu en "El Observador" e "El Combate". Desde os 19 anos participou no goberno colombiano con diversos cargos, entre eles secretario do Tribunal Superior de Panama e deputado. Foi representante da Asemblea Lexislativa do Estado Soberano de Panama en 1858 , 1859 , 1869 , 1870 , 1873 e 1885 . Tamen foi fiscal da Camara de Representantes e presidente do Estado Federal por duas veces. Foi acusador ante o senado colombiano de Tomas Cipriano de Mosquera .

Casou o 27 de novembro de 1858, na Igrexa da Merce, con Matilde Esperanza Picon Herrera, nada en Panama o 17 de decembro de 1837, filla do coronel Francisco Picon Gonzalez de Venezuela e de Josefa Herrera Perez Davila de Panama. Deste matrimonio nacerian cinco fillos, o ultimo en 1870 e pouco tempo despois morreu a sua muller con 33 anos, e quedou asi viuvo cos seus fillos, o maior de once anos e a ultima de un ano e dous meses.

En 1872 foi nomeado Secretario da Legacion Colombiana ante Inglaterra e Francia . Dous anos despois foi elixido senador da Republica. Tamen ocupou a Secretaria de Facenda e Tesouro, a de Interior e a de Relacions Exteriores, e foi ministro en Ecuador , Bolivia , Peru e Chile . En 1880 foi elixido terceiro designado do poder executivo dos Estados Unidos de Colombia e senador.

En 1885 casou con Ramona Forte Zapata, nada en Panama en 1871, coa que tivo seis fillos. Ramona faleceu en 1908.

Arosemena non foi parte dos separatistas do 3 de novembro de 1903 e estaba oposto a separacion, ainda que aceptou a nova situacion. Tras a separacion de Panama de Colombia foi enviado con Manuel Amador Guerrero e Federico Boyd aos Estados Unidos a negociar o novo Tratado do Canal, encontrandose co Tratado xa asinado por Phillipe Bunau-Varilla . Ao regresar, presidiu a Asemblea Constituinte que elixiu a Amador Guerrero como primeiro presidente, e exerceu diversos cargos publicos antes de servir como presidente.

Eleccion como presidente interino [ editar | editar a fonte ]

Durante os breves meses do mandato de Carlos A. Mendoza axitaronse aspiracions na Asemblea Nacional . O Partido Liberal que a controlaba pensaba en escoller a Mendoza novamente como Primeiro Designado para o bieno 1910-1912, mais o Partido Conservador acudiu aos Estados Unidos na procura de apoios.

As presions estadounidenses fanse grandes contra Mendoza e por recomendacion do ministro de Panama en Washington, Carlos Constantino Arosemena, suxirese a eleccion de Pablo Arosemena, quen se encontraba en Chile como Ministro, como Primeiro Designado para substituir a Mendoza.

Presidencia (1910-1912) [ editar | editar a fonte ]

Asumiu a presidencia como "Primeiro Designado, Encargado do Poder Executivo" coa promesa de que non intentaria reelixirse, pois tina un pacto de cabaleiros con Belisario Porras para apoialo nas eleccions de 1912 . Case de inmediato empezaron as acusacions de nepotismo , uso desordenado do tesouro e mala utilizacion dos fondos publicos, ate o punto que a Asemblea Nacional prohibiulle ao Executivo contratar emprestitos nos Estados Unidos. A mediados de 1911, fixose evidente que Arosemena aspiraba a reeleccion en 1912.

Entre os logros do seu goberno destacou a conclusion dos edificios do Instituto Nacional , obra iniciada por Jose Domingo de Obaldia e continuada por Carlos Antonio Mendoza , do cal ditou regramentos de estudo. Outro dos maiores logros do seu goberno foi a iniciativa en 1910 de outorgarlle ao Banco Nacional a potestade de emitir papel moeda conecido como o balboa .

Vida post-presidencial [ editar | editar a fonte ]

Retirouse da vida publica traballando como avogado da compania do Ferrocarril de Panama .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Pablo Arosemena continua con la transicion liberal" . La Estrella de Panama . 2 de decembro de 2011 . Consultado o 13 de xullo de 2021 .