한국   대만   중국   일본 
Polvora - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Polvora

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Formas diferentes dos grans de polvora, cada unha coa sua funcion.

A polvora [ 1 ] e unha substancia explosiva utilizada principalmente como propulsor de proxectis nas armas de fogo , e como propulsor e con fins acusticos nos xogos pirotecnicos .

A primeira polvora fabricada e a denominada polvora negra, que esta composta de determinadas proporcions de carbon , xofre e nitrato de potasio . A mais popular ten 75 % de nitrato de potasio, 15 % de carbono e 10 % de xofre (porcentaxes en masa/masa). Actualmente utilizase en pirotecnicos e como propelente de proxectis en armas antigas. As modernas polvoras estan baseadas en explosivos, como o TNT , que con diversos elementos reduce a sua velocidade de combustion a fin de lograr un efecto de propelente antes que un efecto explosivo puro.

As vantaxes das polvoras modernas son o seu baixo nivel de fume, baixo nivel de deposito de produtos de combustion na arma e a sua homoxeneidade, o que garante un resultado consistente, co que aumenta a precision dos disparos.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Formula Chinesa da Polvora c. 1044 .

A polvora foi inventada na China para facer fogos artificiais e armas, aproximadamente no seculo IX de nosa era, ainda que non concibiron as armas de fogo como nos as conecemos. Os gregos e os arabes introducirona en Europa ao redor do 1200.

E probabel que a polvora se introducise en Europa procedente do Oriente Proximo. A primeira referencia a sua fabricacion en Europa atopase nun documento de Roger Bacon , a Epistola de secretis operibus Artis et Naturae, et de nullitate Magiae (ca. 1250). Neste texto lemos:

Accipiatur igitur de ossibus Adae, et de calce sub eodem pondere; et sint sex ad lapidem Tagi, et quinque ad lapidem unionis; et terantur simul cum aqua vitae, cujus proprium est dissolvere omnes res alias, ita quod in ea dissolvantur et assentur. Et iteretur multotiens contrition et assatio, donecin cerentur; hoc est ut uniantur partes, sicut in cera. Et signum incerationis est, quod medicina liquescit super ferrum valde ignitum; deinde ponatur in eadem aqua in loco calido et humido, aut supendatur in vapore aquarum valde calidarum; deinde dissolvantur, et congelentur ad solem. Dein accipies sal petrae, et argentums vivum convertes in plumbum, et iterum plumbum eo lavabis et mundificabis, ut sit proxima argento, et tunc operare ut prius. Item pondus totum sit 30. Sed tamen sal petrae LURU VOPO VIR CAN VTRIET sulphuris; et sic facies tonitruum et coruscationem, si sias artificium - Cap. XI

Berthold Schwarz , un monxe aleman, a comezos do seculo XIV , pode ser o primeiro en empregar polvora para impulsar un proxectil, ainda que parece ser que por esa mesma epoca os arabes xa a usaron con ese mesmo fin na Peninsula Iberica , segundo se desprende das cronicas do rei Afonso XI de Castela . O seguinte paragrafo corresponde a cronica do rei Afonso XI sobre o sitio de Alxeciras ( 1343 ), e e a primeira referencia escrita do emprego da polvora con fins militares, ainda que hai quen sosten que esa mesma substancia xa fora utilizada, tamen polos arabes, na defensa da cidade de Niebla ( provincia de Huelva ) cando foi cercada por Afonso X o Sabio , case un seculo antes.

..tiraban [os arabes] moitas bolas de ferro que as lanzaban con tronos, dos que os cristians sentian un gran espanto, xa que calquera membro do home que fose alcanzado, era cernado coma se o cortasen cun coitelo; e como quixese que o home caese ferido morria despois, pois non habia cirurxia ningunha que o puidese curar, por unha banda porque vinan ardendo como lume, e por outro, porque os pos con que as lanzaban eran de tal natureza que calquera chaga que fixesen supuna a morte do home.

Sexan cales foren os datos precisos e as identidades dos seus descubridores e primeiros usuarios, o certo e que a polvora se fabricaba en Inglaterra en 1334 e que en 1340 Alemana contaba con instalacions para producila.

O primeiro intento de empregar a polvora para minar os muros das fortificacions levouse a cabo durante o sitio de Pisa ( Italia ) en 1403 . Na segunda metade do seculo XVI , a fabricacion de polvora era un monopolio do Estado na maioria dos paises.

Foi o unico explosivo conecido ate o descubrimento do denominado ouro fulminante , un poderoso explosivo utilizado por primeira vez en 1628 durante as contendas belicas que se desenvolveron no continente europeo.

Quimicamente, o carbon e o xofre arden grazas ao nitrato potasico , que e o comburente, pois fornece o osixeno para a combustion. Podese empregar nitrato sodico (nitro de Chile), pero e higroscopico (condensa sobre si a humidade ambiente). Tamen hai outra polvora comunmente usada, que no canto de nitrato potasico leva clorato potasico (KClO 3 ), cuxo uso se da en pirotecnia. O clorato de potasio non e moi higroscopico e funciona mellor que o nitrato de potasio, pero a combustion xunto ao carbon e ao xofre faise moito mais rapidamente, sendo case explosiva; por iso usase en pirotecnia. As cantidades de cada componente son: 50% KClO 3 , 35% carbon e 15% xofre. O xofre axuda na combustion, porque cando se queima, producese dioxido e trioxido de xofre, SO 2 e SO 3 , e ao xuntarse con moleculas de auga procedentes, non da combustion, senon da humidade, producense acido sulfurico (H 2 SO 4 ) e sulfuroso (H 2 SO 3 ), que reaccionan violentamente co clorato de potasio, facendo que se descompona moi rapidamente.

Malia que ainda se poida atopar este tipo de polvora para os fins descritos anteriormente, esta foi desprazada pola polvora nitrocelulosica ou sen fume na ultima decada do seculo XIX, substituindoa totalmente polas notabeis vantaxes que tina sobre a outra. A vantaxe que influiu con maior forza para cambiar dunha polvora a outra foi o nulo residuo que deixaban na anima do canon as novas polvoras sen fume. Isto foi unha gran vantaxe, xa que se podian disparar centos de disparos sen ter que limpar o canon.

Datos cientificos [ editar | editar a fonte ]

Quimicamente, o carbon e o xofre arden grazas ao nitrato potasico, que e o comburente, pois subministra o osixeno para a combustion. Podese empregar nitrato de sodio , pero e higroscopico (condensa sobre si a humidade do ambiente). Tamen hai outra polvora usada comunmente, que en vez de nitrato potasico, leva clorato de potasio (KClO 3 ), que e de uso comun en pirotecnia .

O clorato de potasio non e higroscopico e funciona mellor que o nitrato de potasio , pero a combustion xunto ao carbon e ao xofre faise moito mais rapidamente, sendo case explosiva; por iso se emprega en pirotecnia. As cantidades de cada componente son: 50 % KClO 3 , 35 % carbon e 15 % xofre. O xofre axuda na combustion, porque cando se quema, producese dioxido e trioxido de xofre , SO 2 e SO 3 , e ao xuntarense con moleculas de auga procedentes, non da combustion, senon da humidade, producense acido sulfurico (H 2 SO 4 ) e sulfuroso (H 2 SO 3 ), que reaccionan violentamente co clorato de potasio, facendo que se descompona moi rapidamente.

Ainda que se pode atopar este tipo de polvora para esas fins, esta foi desplazada pola polvora nitrocelulosica ou sen fume na ultima decada do seculo XIX, substituindoa totalmente polas notables vantaxes que tina sobre a outra.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]