한국   대만   중국   일본 
Otto von Guericke - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Otto von Guericke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaOtto von Guericke

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 20 de novembro de 1602 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Magdeburgo Editar o valor em Wikidata
Morte 11 de maio de 1686 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Hamburgo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Magdeburgo Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Alemana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Leipzig Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Fisica matematica Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Hamburgo (1650?1650)
Magdeburgo Editar o valor em Wikidata
Ocupacion fisico , enxeneiro , construtor de instrumentos , xurista , inventor , politico , cientifico Editar o valor em Wikidata
Empregador Magdeburgo , alcalde Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua latina Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Von_Gericke-3

Otto von Guericke , nado o 20 de novembro de 1602 en Magdeburg ( Alemana ) e finado o 21 de maio de 1686 en Hamburgo , [ 1 ] foi un fisico aleman.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Estudou dereito nas universidades de Leipzig e Jena. Logo dedicouse aos estudos de matematica na universidade de Leyden. Desde 1646 desempenou o cargo como xuiz na cidade de Magdeburg durante trinta anos. A parte da sua carreira como xurista, a sua paixon foi a fisica.

Estudou os tratados de Blaise Pascal e Evangelista Torricelli sobre a presion atmosferica . En 1654 , Von Guericke fixo unha espectacular demostracion da inmensa forza que a atmosfera podia exercer. Mostrou que cando dous hemisferios de cobre de 50 centimetros de diametro perfectamente axustados eran unidos de maneira que formasen unha esfera e faciase o baleiro no seu interior, dous tiros de oito cabalos cada un non podian separalos. Noutro experimento mais inmediatamente relacionado coa historia da maquina de vapor mostrou que cando se creaba un baleiro parcial baixo un embolo de grandes dimensions introducido nun cilindro , a forza sumada de cincuenta homes non podia evitar que a presion atmosferica levase o embolo ao fondo do cilindro .

Puido comprobar que o son non pode propagarse no baleiro. Para demostrar os efectos da presion atmosferica ideou o experimento cos hemisferios de Magdeburg en 1654 ante a Dieta Imperial de Ratisbona.

Tamen fixo investigacions sobre electrostatica . Observou que se producia unha repulsion entre corpos electrizados logo de ser atraidos. Ideou a primeira maquina electrostatica e sacou faiscas dun globo feito de xofre , o cal levoulle a especular sobre a natureza electrica dos lostregos .

En astronomia foi un dos primeiros en afirmar que pode predicirse o retorno dos cometas .

En 1672 publicou a sua obra Experimenta nova, ut vocatur Magdeburgica, de vacuo spatio , onde describe o seu soado experimento cos hemisferios de Magdeburgo.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Otto von Guericke" . Enciclopedia Britanica (en ingles ) . Consultado o 28 de xullo do 2017 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]