한국   대만   중국   일본 
Oso pardo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Oso pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vexase tamen : Oso pardo europeo .

O oso pardo [ 3 ] [ 4 ] ( Ursus arctos ) e unha especie de mamifero da orde dos carnivoros (ainda que o seu rexime alimenticio e omnivoro ) da familia dos ursidos propio de Eurasia e Norteamerica .

Distribucion [ editar | editar a fonte ]

O oso pardo e un habitante caracteristico dos bosques de montana, praderias e matogueiras de Europa , Asia temperada e Norteamerica . [ 4 ]

Neste vasto territorio aparece baixo certo numero de subespecies, que se diferencian unhas doutras pola coloracion do pelo e o tamano do animal, e que poden ser moi diferentes, ate o punto de que antigamente consideraronse como especies distintas.

Descricion [ editar | editar a fonte ]

De gran tamano, ten unha lonxitude corporal que varia desde 1,50 a 2,95 m, dependendo da subespecie, e unha altura na cruz de ate 1,30 m. O seu peso loxicamente tamen varia, desde os 100 ate os 675 kg.

A sua estrutura corporal esta conformada por osos curtos e compactos, destacando o umero, onde se insiren nos poderosos musculos das extremidades anteriores, que fan posibel que o animal poida voltear pedras de gran tamano, deitar polas de arbores e escavar buratos. [ 4 ]

A cor e moi variabel dun individuo a outro. Pode oscilar entre a parda moi escura e a dourada clara, pasando por diversas gamas de grises. As crias adoitan presentaren un colar abrancazado mais ou menos amplo ao rededor do pescozo, marca que habitualmente desaparece a partir da primeira muda ao ano de idade, pero pode quedar algun resto nos adultos. A pelaxe renovase unha vez ao ano, na epoca estival.

Bioloxia [ editar | editar a fonte ]

Pel e organos dos sentidos [ editar | editar a fonte ]

Oso pardo ergueito.

Os osos pardos posuen un eficaz abrigo para manter a temperatura corporal, formado por pelos suaves, finos e ondulados, mais longos polo dorso e, pore debaixo, unha capa de borra que mudan polo veran.
Nesta epoca resgardansae en lugares frescos a sombra ou entre a densa vexetacion, e poden darse banos de auga ou de lama en rios e lagos para mitigar a calor, xa que non poden regular a temperatura coa suor ; so poden facelo a traves dos vasos sanguineos das planta dos pes ou arfando, como fan os cans.
Invernan desde outubro ou novembro ate a primavera (marzo ou abril), dependendo a duracion deste periodo de repouso da climatoloxia do lugar onde viven. [ 4 ]

Non tenen unha vision moi desenvolvida, comparada con outros sentidos, ainda que si poden ver as cores durante a noite. A longa distancia reconecen formas, pero non detalles, e detectan moito mellor animais ou obxectos en movemento que inmobiles.

Son plantigrados , con cinco dedos en cada pe armados de fortes gadoupas, sendo as anteriores especialmente longas, coas que poden dar fortes gadoupadas mortais, pero tamen amosar actitudes delicadas e habilidosas. [ 4 ]

Nalgunhas situacions, como cando se senten ameazados, ou cando queren aumentar o seu campo de vision, poden erguerse sobre as patas traseiras.

O seu oido e extremadamente agudo e desenvolvido, ao igual que o olfacto, que e excelente, finisimo e, sen dubida, o seu sentido mais desenvolvido e o que mais lle axuda na sua vida cotia. Grazas a el pode detectar a longa distancia moitas das suas fontes de alimento e tamen o estado sexual doutros exemplares durante a epoca de celo.

Alimentacion [ editar | editar a fonte ]

Nadando.
Femia coas suas crias.
Engaiolado en catividade.

As mandibulas tenen 4 dentes caninos puntiagudos e robustos, como os doutros carnivoros. Poren, non presenta moas carniceiras, e a presenza de incisivos aptos para cortar herba e caules , e de moas amplas e aplanadas capaces de triturar alimentos de orixe vegetal, fan que a dentadura deste carnivoro estea perfectamente adaptada a un rexime omnivoro. Alimentase de diversas herbas, tuberculos, rizomas, castanas, landras, mel, roedores, anfibios e mesmo preas, podendo deprazarse moitos quilometros en busca de alimento. A sua actividade comeza e remata cos crepusculos. [ 4 ]

Reproducion [ editar | editar a fonte ]

Os osos pardos non parecen seren territoriais, sendo poren frecuente ver que varios individuos marcan unha mesma arbore, trabandoa, rabunandoa ou fregando o lombo contrta ela; esta actividade pode, por tanto, interpretarse como un xeito de comunicacion intraespecifica. Presentan dimorfismo sexual bastante acentuado, sendo os machos claramente mais grandes e corpulentos que as femias (estas son dun 20 a un 25% mais pequenas, e tenen a cabeza algo mais afiada). Alcanzan a madurez sexual entre os 3,5 e os 5,5 anos de idade. A epoca de celo acontece na primavera e pode estenderse ate principios do veran. As femias, que paren cada dous ou tres anos, son detectadas polos machos, cando son receptivas, a moitos quilometros de distancia. Poden congregarse varios machos para conquistar unha femia e, nese momento, e normal que se produzan enfrontamentos entre os rivais; o vencedor cortexa a parella durante varios dias e, se a femia deixa de estar receptiva, o macho desiste do cortexo, abadoandoa. Os osos son promiscuos, para conseguir o maior numero de copulas posibel e asi asegurar a descencencia. [ 4 ]

A implantacion do ovulo fecundado aprazase ate outubro ou novembro, facendoo coincidir co repouso invernal (implantacion diferida). Na cova ou burato que a femia escolle para invernar (a oseira ), nun lugar pouco accesibel a agochado tras unha marana de xestas ou piornos, e agrandado ate facelo confortabel, pare entre unha e tres crias, moi pequenas e pouco desenvolvidas, cas sen pelo e cos ollos mpechados. En abril ou maio, nai e fillos abandonan a oseira e mantenense xuntos durante uns 18 meses, momento en que a osa entra de novo en celo. [ 4 ]

A sua esperanza de vida e de 25 a 30 anos (maximoa conecidos: 34 anos en estado silvestre e 47 en catividade).

Subespecies [ editar | editar a fonte ]

A especie Ursus arctos comprende numerosas subespecies, en numero variabel segundo os autores. De acordo co SIIT serian as seguintes: [ 2 ]

"Grizzly" ( Ursus arctos horribilis ).
  • Ursus arctos Linnaeus, 17548
    • Ursus arctos alascensis Merriam, 1896
    • Ursus arctos arctos Linnaeus, 1758 ? oso pardo europeo
    • Ursus arctos beringianus Middendorff, 1851 ? oso pardo de Siberia
    • Ursus arctos californicus Merriam, 1896
    • Ursus arctos collaris F. G. Cuvier, 1824
    • Ursus arctos crowtheri Schinz, 1844
    • Ursus arctos dalli Merriam, 1896
    • Ursus arctos gyas Merriam, 1902
    • Ursus arctos horribilis Ord, 1815 ? oso grizzly
    • Ursus arctos isabellinus Horsfield, 1826
    • Ursus arctos lasiotus Gray, 1867
    • Ursus arctos middendorffi Merriam, 1896 ? oso das Kodiak
    • Ursus arctos pruinosus Blyth, 1854
    • Ursus arctos sitkensis Merriam, 1896
    • Ursus arctos stikeenensis Merriam, 1914
    • Ursus arctos syriacus Hemprich & Ehrenberg, 1828

Estado de conservacion [ editar | editar a fonte ]

Ursus arctos syriacus .

Segundo a UICN a area de dispersion do oso pardo reduciuse progresivamente nos ultimos tempos en Norteamerica (en Mexico a especie extinguiuse en epoca historica), Europa (extinguido en Alemana , Suiza , Liechtenstein , Hungria , Moldavia e Portugal ), e desaparecida xa en todo o norte de Africa e Oriente Medio ( Marrocos , Alxeria , Exipto , Palestina , Israel , Libano e Siria ). [ 5 ]

Poren, segue a ser unha especie presente de forma xeneralizada en tres continentes e un dos mamiferos terrestres mais amplamente distribuidos do mundo. Globalmente, a poboacion segue sendo grande e na actualidade non esta diminuindo significativamente. E ainda que hai moitas poboacions pequenas e illadas que se encontran en perigo de extincion, outras, pola contra, e grazas a medidas de proteccion, estanse expandindo. Por estas razons, cualificou en 2008 o estado de conservacion da especie como "LC" ( pouco preocupante ), cualificacion que manten a dia de hoxe ( 2013 ). [ 5 ]

En Galicia [ editar | editar a fonte ]

Distribucion do oso pardo no Cantabrico.

Ainda que na antiguidade o oso pardo se estendia por boa parte de Galicia, e de que no seculo XIX era relativamente frecuente na serra dos Ancares e no Courel (como o testemunan as numerosas alvarizas abandonadas, e toponimos como "Oseira") a sua presenza hoxe en Galicia e esporadica nesas rexions montanosas orientais, [ 4 ] a onde pasan individuos procedentes de Asturias e Leon . Cada vez a sua presenza e mais frecuente, con avistamentos e probas de presenza permante no Parque Natural do Invernadeiro [ 6 ] , Serra do Courel [ 7 ] [ 8 ] [ 9 ] [ 10 ] ou na comarca da Fonsagrada [ 11 ] [ 12 ] [ 13 ] .

Pero estas visitas son cada vez mais frecuentes como consecuencia das accions proteccionistas. A Fundacion Oso Pardo (FOP) informa que, desde o 2007 , o limite xeografico entre Lugo e Leon considerase xa un espazo reprodutor para a especie, e estan rexistradas xa duas femias paridas nun mesmo ano, o que constata o importante crecemento que esta experimentando a poboacion de osos no alto Sil e no alto Narcea . Non se descarta que, de seguir coa politica de restauracion dos seus habitas naturais, cheguen a reproducirse outra vez en Galicia. [ 14 ] No censo de 2023, constatouse a existencia de 11 exemplares de oso en Galicia. [ 15 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. McLellan, B.N., Servheen, C. & Huber, D. 2008. Ursus arctos Arquivado 13 de xullo de 2012 en Wayback Machine .. IUCN 2010. Lista Roja de Especies Amenazadas IUCN. Version 2010.1. <www.iucnredlist.org>. Consultado el 22 de abril de 2010.
  2. 2,0 2,1 Ursus arctos Linnaeus, 1758 no SIIT .
  3. oso pardo Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine . no dicionario da RAG .
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Diaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 90.
  5. 5,0 5,1 McLellan, B. N., Servheen, C. & Huber, D. (2008): Ursus arctos Arquivado 13 de xullo de 2012 en Wayback Machine .. Lista vermella de especies ameazadas da IUCN .
  6. Diario, Nos. "Filmado por primeira vez un oso pardo no parque natural do Invernadeiro" . Nos Diario . Consultado o 2020-06-22 .  
  7. Lugo, El Progreso de (2016-05-22). "Detectan mas destrozos en colmenas de O Courel provocados por el oso" . El Progreso de Lugo (en castelan ) . Consultado o 2020-06-22 .  
  8. "Graban en video a un oso pardo en los limites de la sierra de O Courel" . La Voz de Galicia (en castelan ) . 2016-11-03 . Consultado o 2020-06-22 .  
  9. "Reaparecen os osos na serra do Courel | CRTVG" . www.crtvg.es . Consultado o 2020-06-22 .  
  10. "Los osos pardos ya hibernan en la sierra de O Courel" . La Voz de Galicia (en castelan ) . 2019-12-06 . Consultado o 2020-06-22 .  
  11. "El oso vuelve para quedarse" . www.farodevigo.es . Consultado o 2020-06-22 .  
  12. "Un pescador lucense relata como se le cruzo un oso pardo en un rio de A Fonsagrada" . La Voz de Galicia (en castelan ) . 2017-06-06 . Consultado o 2020-06-22 .  
  13. Pontevedra, Silvia R. (2014-10-15). "Oso joven explora A Fonsagrada" . El Pais (en castelan ) . ISSN   1134-6582 . Consultado o 2020-06-22 .  
  14. El oso pardo trota por Los Ancares . Diario La Voz de Galicia , 19 de abril de 2013.
  15. "Galicia acolle 11 dos 370 osos pardos detectados no ultimo censo, que confirma a conexion entre Ancares e Courel" . Praza Publica . 7 de febreiro de 2023 . Consultado o 14 de abril de 2023 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Diaz d'a Silva e Carrtelle, Y. (2007): Guia dos mamiferos de Galicia . A Coruna: Baia Edicions. ISBN 978-84-96883-20-7 .
  • Kowalski, K. (1981): Mamiferos. Manual de teriologia , pp. 464?472. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9 .

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]