Oslo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOslo
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Vista no inverno
Imaxe

Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  59°54′48″N 10°44′20″L  /  59.9133, 10.7389 Coordenadas : 59°54′48″N 10°44′20″L  /  59.9133, 10.7389
Estado Noruega
Concello Oslo Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboacion
Poboacion 709.037 (2023) Editar o valor em Wikidata (1.561,34 hab./km² )
Xeografia
Superficie 454,12 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Alnaelva (en) Traducir, Fiorde de Oslo (pt) Traducir e Akerselva (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Precedido por
Creacion 1048 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Sucedido por Christiania (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Santo padron Hallvard Vebjørnsson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Xefe do goberno Eirik Lae Solberg (2023?) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Codigo postal 0001?1299 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2 NO-03 Editar o valor em Wikidata
Codigo NUTS NO011 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web oslo.kommune.no Editar o valor em Wikidata
BNE: XX460251

Oslo , chamada Christiania entre 1624 e 1878 e Kristiania entre 1878 e 1924, e a capital e a cidade mais habitada de Noruega , amais de ser o seu centro politico, economico e cultural. Politicamente constitue un concello e a vez unha das dezanove provincias do pais. En 2018 a sua poboacion era de 673 469 habitantes,? un 12% da poboacion total de Noruega, sendo a terceira cidade e area urbana mais poboada de Escandinavia , so superada por Copenhague e Estocolmo . O 25% da poboacion da cidade esta composta por inmigrantes .

A sua area metropolitana estendese aos arredores da provincia de Akershus e ten unha poboacion de 1 588 457 habitantes. A superficie total comprendida por Oslo e de 144 km², dos cales 115 km² son urbanos e 7 km² rurais. Os espazos abertos dentro da area urbana suman un total de 22 km². O centro de Oslo situase no final do Oslofjord , dende o cal a cidade se estende polas duas beiras do fiorde .

Orixe etimoloxica [ editar | editar a fonte ]

O significado do nome de Oslo foi obxecto de numerosos debates. Oslo deriva do nordico antigo , sendo, con toda probabilidade, o nome dunha vasta granxa no lugar dos primeiros asentamentos en Bjørvika .

Durante a Idade Media o nome, ao principio, foi deletreado 'Aslo', para mais tarde obter 'Oslo'. A ortografia mais tempera suxire que o primeiro componente 'as' refirese a calquera das cristas Ekeberg , ao sueste da cidade ('as' no noruegues moderno), ou ao homonimo nordico que quere dicir 'o deus' ou 'a divindade'. As interpretacions mais probables polo tanto serian 'a praderia baixo a crista' ou 'a praderia dos deuses'. Ambos son igualmente plausibles.

Un incendio en 1624 destruiu gran parte da cidade medieval (a seccion agora conecida como Gamlebyen) e a cidade foi recolocada preto da Fortaleza de Akershus . O Rei Christian IV de Dinamarca e Noruega renomeou a rebautizada cidade como Christiania (ou Cristiania , en galego ). Dende finais de 1800 , o nome da cidade apareceu escrito tamen como "Kristiania". Non se aprobou oficialmente ningunha delas, polo que ambas as duas eran validas e aceptabanse os seus usos. O nome orixinal de Oslo foi restaurado por unha lei do 11 de xullo de 1924 , sendo efectiva a partir do 1 de xaneiro de 1925 .

Cando eu era xove, non chamaron a capital de Noruega Oslo. Chamaronlle Kristiania. Pero nalgun sitio ao longo da historia, os noruegueses decidiron abolir aquel bonito nome e chamalo, en cambio, Oslo. -- Roald Dahl , Boy

A cidade foi unha vez referida como Tigerstaden (a Cidade dos Tigres) polo escritor Bjørnstjerne Bjørnson cara a 1870 , debido a sua percepcion da cidade como un lugar frio e perigoso. Durante anos, este nome obtivo un status case oficial, chegando a celebrarse o milesimo aniversario da cidade cunha fileira de esculturas de tigres ao redor do concello. A existencia de persoas sen fogar e outros esmoleiros conduciu a reformular o alcume de Tigerstaden a Cidade dos Esmoleiros. Isto plasmouno o escritor Knut Hamsun de xeito moi duro na sua novela Sult (Fame, en galego) en 1890 (levada ao cine en 1966 por Henning Carlsen).

Historia [ editar | editar a fonte ]

Atentados terroristas de 2011 [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Atentados de Noruega de 2011 .

O 22 de xullo de 2011 as 15:30, unha grande explosion tivo lugar xunto a un edificio do goberno noruegues no centro de Oslo, matando a oito persoas e ferindo a 209. Ese mesmo dia, as 17:00, producese un tiroteo nun campamento das xuventudes do Partido Laborista (nese momento no goberno) na illa de Utøya, deixando neste segundo ataque 69 mortos e 110 feridos. [ 1 ]

En lembranza as vitimas dos atentados e as familias noruegas desprazadas a Galicia pola industria naval, o concello galego de Ares inaugurou en xullo dese mesmo ano a rua de Noruega. [ 2 ]

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Museos [ editar | editar a fonte ]

Os principais museos da cidade son:

  • Museo do Esqui , en Holmenkollen.
  • Museo Kon-Tiki, en Bygdøy.
  • Museo Munch ( Munchmuseet) , en Tøyen.
  • Galeria Nacional de Noruega ( Nasjonalgalleriet ).
  • Museo Maritimo Noruegues, en Bygdøy.
  • Museo de Barcos Viquingos ( Vikingskipshuset ), en Bygdøy.
  • Museo do Pobo Noruegues ( Norsk folkemuseet ).

Transporte [ editar | editar a fonte ]

Estacion Central de Oslo ( Oslo Sentralstasjon ), a principal da cidade.

Aeroportos [ editar | editar a fonte ]

Existen tres aeroportos proximos a Oslo que dan servizo a cidade:

  • Aeroporto de Oslo-Gardermoen , na provincia de Akershus.
  • Aeroporto de Sandefjord-Torp, na provincia de Vestfold.
  • Aeroporto de Moss-Rygge, na provincia de Østfold.

Ferrocarril [ editar | editar a fonte ]

A Estacion Central de Oslo, a Oslo Sentralstasjon , e a principal estacion de ferrocarril da cidade. Con conexions cara as cidades de Trondheim , Estocolmo , Gotemburgo ou Copenhague , entre outras.

Notas [ editar | editar a fonte ]