한국   대만   중국   일본 
O sono da camara vermella - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O sono da camara vermella

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O sono da camara vermella
Autor/a Cao Xueqin
Orixe Dinastia Qing
Lingua written vernacular Chinese e Dialeto de Pequim
Xenero(s) zhanghui novel, Xiaoshuo e saga familiar
Data de pub. 1792 , seculo XVIII e 1868
editar datos en Wikidata  ]
Unha escena da novela pintada polo artista da dinastia Qing , Sun Wen (1818-1904).

O sono da camara vermella ( chines tradicional : 紅樓夢, chines simplificado : ???, pinyin : Hong lou meng, Wade Giles : Hung Lou Meng), escrita por Cao Xueqin (曹雪芹), e unha das Catro Grandes Novelas Clasicas da China . Foi escrita a mediados do seculo XVIII durante a dinastia Qing . E unha obra-prima da literatura chinesa e e reconecida xeralmente coma o cumio das novelas clasicas chinesas. [ 1 ]

Crese que O sono da camara vermella e semiautobiografica , reflectindo o ascenso e o declive da familia de Cao Xueqin e, por extension, da dinastia Qing. [ 2 ] Como o autor indica no primeiro capitulo, intenta que sexa unha lembranza das damas que coneceu na sua mocidade: amigas, parentes e criadas. A novela destaca non so polo numero das suas personaxes e a sua psicoloxia, mais tamen pola sua precisa e detallada observacion da vida e as estruturas sociais da sociedade chinesa do seculo XVIII. [ 3 ]

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

O titulo da novela podese traducir alternativamente coma O sono da camara vermella ou Un sono de mansions vermellas , e as veces denominase con outro nome, A historia da pedra ( chines tradicional : 石頭記, chines simplificado : 石??, pinyin : Shitou ji, literalmente " A gravacion da pedra "). So os oitenta primeiros capitulos foron escritos por Cao Xueqin. Outros autores crearon mais de cen finais alternativos, adoito engadindo corenta capitulos adicionais para completar a novela.

Crese que a novela e semi autobiografica , reflectindo os designios da familia do autor. Como o autor detalla no primeiro capitulo, pretende ser unha homenaxe as mulleres que coneceu na sua xuventude: amigas, parentes e serventes. A novela destaca non so polo enorme elenco de personaxes (a maioria femininos) e o ambito psicoloxico, senon tamen pola sua precisa e detalla observacion da vida e das estruturas sociais tipicas da aristocracia chinesa do seculo XVIII. [ 4 ]

Por causa da censura literaria imperante na China das dinastias Ming e Qing, o libro publicouse primeiro anonimamente e so despois se lle atribuiu a Cao Xueqin a sua autoria.

Historia [ editar | editar a fonte ]

A complexa historia textual d novela continua a ser obxecto de critica, debate e conxectura. Cao Xueqin , membro dunha eminente familia que servira a dinastia Qing pero cunha fortuna que comezara a declinar, escribiuna durante a decada de 1740. [ 5 ] No tempo da sua morte en 1763 ou 1764, Cao completara os primeiros oitenta capitulos da novela e posiblemente bosquexara os principais capitulos. [ 6 ] Estes primeiros oitenta capitulos circularon durante a vida de Cao en manuscritos. [ 7 ] A primeira version impresa, publicada por Cheng Weiyuan e Gao E en 1791, conten edicions e revisions non autorizadas polo autor. [ 8 ] E posible que Cao destruise os ultimos capitulos [ 9 ] ou que polo menos algunhas partes do final orixinal de Cao se incorporase nas versions de 120 capitulos de Cheng-Gao, [ 10 ] co "emendas" de Gao E do bosquexo de Cao. [ 11 ]

Peza dunha serie de pinturas do artista da dinastia Qing Sun Wen (1818?1904), que mostra unha escena da novela.

Argumento [ editar | editar a fonte ]

A novela e unha relacion detallada en episodios da vida de duas ramas do aristocratico clan Jia (賈), a casa Rongguo (榮國府) e a casa Ningguo (寧國府), que residen en dous recintos familiares adxacentes na capital. Os seus antergos foron feitos duques e recibiron titulos imperiais; o comezo da novela as duas casas estan entre as mais ilustres familias da cidade. Un membro da prole do clan e convertida en consorte real, e construese un xardin exuberante para recibir a sua visita. A novela describe a riqueza e a influencia de Jia con gran naturalismo e conta a caida de Jia dende o mais alto prestixio, seguindo trinta personaxes principais e mais de catrocentos secundarios. O clan Jia perde o favor do emperador e as suas mansions son atacadas e confiscadas.

Na historia enmarcada da novela, unha pedra consciente, abandonada pola deusa Nuwa cando arranxou os ceos, roga a un sacerdote taoista e un monxe budista que a leven con eles para ver o mundo. A pedra ten a ocasion de aprender sobre a existencia humana e entra no reino mortal.

A principal personaxe da novela e un despreocupante adolescente herdeiro da sua familia, Jia Baoyu , que naceu cunha peza de xade na sua boca. Na sua vida ten un importante vinculo que seu enfermizo primo, Lin Daiyu , que comparte o seu amor pola musica e a poesia. Non obstante, Baoyu esta predestinado a casar con outra prima, Xue Baochai , posuidora de graza e intelixencia e exemplo da muller ideal, pero sen conexion emocional con el. A rivalidade romantica e a amizade entre as tres personaxes contra o fondo da fortuna en declive da familia forma o argumento principal da novela. [ 12 ]

Linguaxe [ editar | editar a fonte ]

A novela esta escrita en chines vernaculo mais do que en chines clasico e axudou a establecer a lexitimidade do idioma vernaculo. O seu autor, Cao Xueqin, tamen estaba versado en poesia chinesa e chines clasico, e escribiu tratados no estilo erudito semi- wenyan . As conversacions da novela estan escritas no dialecto de Beijing do mandarin , que se converteu na base do chines falado moderno, con influencias do mandarin da zona de Nanjing (onde vivia a sua familia a principios do seculo XVIII). A partir do seculo XX, os lexicografos empregaron o texto para establecer o vocabulario da nova lingua estandar e os reformadores usaron a novela para promover a escritura vernacula. [ 13 ]

Adaptacions [ editar | editar a fonte ]

Realizaronse polo menos catorce adaptacions cinematograficas da novela, incluindo o filme de 1944 dirixido por Bu Wancang , a adaptacion polo Shaw Brothers Studio en Hong Kong, protagonizada por Sylvia Chang e Brigitte Lin , e o filme de 1988 dirixido por Xie Tieli (???) e Zhao Yuan (?元). Este ultimo tivo unha preparacion de dous anos e unha rodaxe de tres. Con 765 minutos, e o filme chines mais longo.

A novela adaptouse polo menos dez veces a television (a parte das adaptacions da opera chinesa ), incluindo a celebre serie de 1987 , que e considerada na China a case definitiva adaptacion da novela. Outras version televisivas foron unha serie taiwanesa de 1996 e unha version de 2010 dirixida por Li Shaohong .

O compositor chines-americano Bright Sheng compuxo unha opera en dous actos en lingua inglesa baseada na novela, con libreto del xunto con David Henry Hwang . A opera, de tres horas de duracion estreouse o 10 de setembro de 2016 na San Francisco Opera .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "From West to East: Conservation of the Chinese novel ‘Dream of the Red Chamber’" . British Library .  
  2. Jonathan D. Spence, Ts'ao Yin [Cao Yin] and the K'ang-Hsi Emperor: Bondservant and Master (New Haven,: Yale University Press, 1966) is a study of Cao's grandfather.
  3. "CliffsNotes, About the Novel: Introduction" . Cliffsnotes.com . Consultado o 2-11-2017 .  
  4. "CliffsNotes, About the Novel: Introduction" . Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012 . Consultado o 05 de xaneiro de 2011 .  
  5. Shang 2010 , p. 282-283
  6. Shang 2010 , p. 282
  7. Shang 2010 , p. 283
  8. David Hawkes, "Introduction," The Story of the Stone Volume I (Penguin Books, 1973), pp. 15?19; Shih-Ch'ang Wu, On the Red Chamber Dream : A Critical Study of Two Annotated Manuscripts of the 18th Century (Oxford: The Clarendon Press, 1961).
  9. "曹雪芹自己?毁了110回《???》的后30回 (Cao Xueqin himself destroyed the 110 chapter Dream of the Red Chambers' last 30 chapters)" . ifeng .com of Phoenix Television . 4-2-2008. Arquivado dende o orixinal o 30-03-2012 . Consultado o 07-12-2017 .  
  10. Maram Epstein, "Reflections of Desire: The Poetics of Gender in Dream of the Red Chamber," Nan Nu 1.1 (1999): 64.
  11. Edwards 1994 , p. 11, 64
  12. "The Story of the Stone (The Dream of the Red Chamber)" . Complete review .  
  13. "Vale: David Hawkes, Liu Ts'un-yan, Alaistair Morrison" . China Heritage Quarterly of the Australian National University.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]