O pianista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pianista
Ficha tecnica
Titulo orixinal The Pianist
Director Roman Polanski
Produtor Roman Polanski
Robert Benmussa
Alain Sarde
Gene Gutowski
(Coprodutor)
Guion Ronald Harwood
Interpretes Adrien Brody
Thomas Kretschmann
Maureen Lipman
Ed Stoppard
Emilia Fox
Frank Finlay
Julia Rayner
Jessica Kate Meyer
Maureen Lipman
Musica Wojciech Kilar
Frederic Chopin
Fotografia Paweł Edelman
Montaxe Herve de Luze
Distribuidora Focus Features
Estrea 2002
Duracion 150 minutos
Orixe Francia
Polonia Polonia
Alemaña Alemana
Reino Unido Reino Unido
Xenero Historica, drama
Orzamento $35 000 000 (estimado)
Recadacion $120 072 577
Na rede
http://www.thepianistmovie.com/
IMDB: tt0253474 Filmaffinity: 112475 Allocine: 28359 Rottentomatoes: m/pianist Mojo: pianist Allmovie: v264212 TCM: 439857 Metacritic: movie/the-pianist TV.com: movies/the-pianist-2007 BNE: XX4129893 Netlix: 60025061Editar o valor em Wikidata

O pianista (en ingles : The Pianist ) e un filme do ano 2002 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Adrien Brody . O filme e unha adaptacion das memorias do musico polaco de orixe xudia Władysław Szpilman . Recibiu en 2002 a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes , e foi galardoada con tres Premios Oscar : mellor director, mellor actor protagonista e mellor guion adaptado.

Sinopse [ editar | editar a fonte ]

Władysław Szpilman e un musico polaco de orixe xudia que traballa na radio de Varsovia e que ve como todo o seu mundo se derruba coa chegada da segunda guerra mundial e a invasion de Polonia en setembro de 1939 . Despois de que a estacion de radio onde estaba traballando sexa bombardeada, Szpilman chega a sua casa, onde se decata de que Gran Bretana e Francia declararon a guerra a Alemana . Crendo que a guerra remataria pronto, el e a sua familia alegranse pola noticia e celebrana cunha gran cea.

Dous anos despois, as condicions de vida para os xudeus en Polonia foronse deteriorando rapidamente, quedando reducidos os seus dereitos: tenen limitada a cantidade de cartos por familia, han de levar brazaletes coa Estrela de David para ser identificados e, a finais de 1940 , son obrigados a trasladarse o Gueto de Varsovia . Ai enfrontanse a fame, as persecucions e humillacions que os nazis levan a cabo, ademais do medo a morte e as torturas que sempre estan presentes. Logo dun tempo, os xudeus son reunidos e deportados o campo de concentracion de Treblinka . No ultimo minuto, Szpilman e salvado dese horrible destino por un policia do gueto xudeu, antigo amigo da familia. Separado dos seus familiares e seres queridos, Szpilman sobrevive, primeiro no gueto como escravo obreiro de unidades de reconstrucion alemas e posteriormente agochado no exterior do gueto, confiando na axuda de amigos que non son xudeus e que ainda o recordaban.

Mentres se manten escondido, presencia os moitos horrores cometidos polos nazis, como as malleiras, incendios e matanzas indiscriminadas. Asi mesmo, presenza o levantamento dos xudeus do gueto en 1943 . En pouco tempo os alemans entran pola forza o gueto e eliminan a case todos os rebeldes que quedaban.

Pasado un ano, a vida en Varsovia deteriorouse mais ainda. A resistencia polaca organiza outro levantamento contra a ocupacion alema, que novamente falla. Como consecuencia, Varsovia queda virtualmente deshabitada e, en mais dunha ocasion, Szpilman esta o bordo da morte debido as enfermidades e a desnutricion .

Logo dunha frenetica procura de algo que comer polas ruinas das casas bombardeadas, Szpilman atopa unha lata de pepinillos en conserva, pero nada con que poder abrila. Logo de continuar buscando, atopa algunhas ferramentas e intenta abrila, pero enton dase conta de que un oficial aleman observao, o Capitan Wilm Hosenfeld , que o instante dase conta de que Szpilman e xudeu. O decatarse que anteriormente era pianista, Hosenfeld levalle ata un piano e pidelle que toque algo. Nese momento un decrepito Szpilman executa unha desesperada peza de Chopin ante un Hosenfeld que se compadece del, de maneira que non so non o delata senon que o esconde no atico do edificio, levandolle regularmente comida.

Semanas despois, os alemans son forzados a retirarse de Varsovia debido o avance das unidades rusas. Antes de abandonar a zona, Hosenfeld acode a despedirse de Szpilman e dalle o seu abrigo, prometendo que lle escoitara na radio polaca. O abrigo case resulta ser fatal para Szpilman cando aparecen as tropas sovieticas xa que lle confunden cun oficial aleman e disparan. So consegue que deixen de disparar tras convencerlles de que e polaco e que so leva o abrigo porque ten frio.

O ser liberado un campo de concentracion proximo, o capitan Hosenfeld e outros alemans son capturados. Estando retido, Hosenfeld pide a un prisioneiro xudeu que pasaba por ali que contacte con Szpilman para liberarlle. Szpilman, que retomou a sua vida normal tocando na radio de Varsovia, chega o lugar demasiado tarde xa que todos os prisioneiros foron recolocados en destinos desconecidos.

Na escena final da pelicula, Szpilman interpreta triunfalmente unha peza de Chopin fronte a unha grande audiencia en Varsovia . Antes dos creditos finais, revelase que Szpilman faleceu no ano 2000 e Hosenfeld en 1952 nun Campo de prisioneiros de guerra sovietico.

Rodaxe [ editar | editar a fonte ]

A rodaxe do pianista empezou o 9 de febreiro de 2001 , nos Estudos Babelsberg en Alemana . A rodaxe da pelicula requiriu a recreacion do Gueto de Varsovia e a cidade circundante. Ainda que a guerra deixou a cidade en ruinas, a maior parte da mesma foi reconstruida co aspecto que se supon tivo durante a guerra. Vellos barracons sovieticos foron usados para recrear a cidade en ruinas, pois ian ser destruidos igualmente

As primeiras escenas da pelicula foron gravadas nos antigos barracons, trasladandose o equipo de rodaxe posteriormente a unha casa en Potsdam , Alemana que serviu como a casa onde Szpilman conece a Hosenfeld. O 2 de marzo de 2001 , a rodaxe trasladouse a un hospital abandonado do exercito sovietico en Belitz , Alemana . Aqui rodaronse as escenas onde os alemans destruen o hospital con lanzachamas.

O 15 de marzo a rodaxe trasladar os estudos Babelsberg. A primeira escena que se rodou no estudo foi aquela na que Szpilman e testemuna da resistencia dos xudeus do gueto, que e sufocada polos nazis. Esta foi unha escena tecnicamente complexa utilizando varios dobres e explosivos.

A rodaxe nos estudos acabou o 26 de marzo e moveuse a Varsovia o dia 29. Foi elixido un barrio de Praga para a rodaxe pola sua abundancia de edificios orixinais da epoca. O departamento de arte construiu sobre estes edificios, recreando a Polonia da segunda guerra mundial con simbolos e carteis da epoca. Escenas adicionais rodaronse nos arredores de Varsovia . A escena da Umschlagplatz onde Szpilman, a sua familia e centos de xudeus esperan a ser levados os campos de concentracion foi filmada na Academia militar local.

A rodaxe principal acabou en xullo de 2001 , e foi seguida de meses de post producion, que se realizou no lugar de residencia de Roman Polanski, en Paris ( Francia ).

Premios [ editar | editar a fonte ]

75ª edicion dos Oscar [ editar | editar a fonte ]

Categoria Acode Resultado
Oscar o mellor filme Candidata
Mellor director Roman Polanski Ganador
Mellor actor Adrien Brody Ganador
Mellor guion adaptado Ronald Harwood Ganador
Mellor fotografia Pawel Edelman Nomeado
Mellor deseno de vestiario Anna B. Sheppard Nomeada
Mellor montaxe Herve de Luze Nomeado

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]