한국   대만   중국   일본 
O numero 9 na cultura popular galega - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O numero 9 na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cultura popular galega , como tamen pode observarse noutros paises [ 1 ] , dalle unha especial significacion as realidades que se cumpren 9 veces. O nove resulta ser un numero privilexiado porque suma as propiedades que ten de seu as derivadas do feito de ser multiplo de tres, tamen numero maxico. Por iso, en Galicia crian que a eficacia de numerosos remedios terapeuticos tradicionais se multiplicaban cando se repetian en series de nove veces. A seguir relacionanse diversos exemplos:

Remedios para enfermidades comuns [ editar | editar a fonte ]

A terra de nove toupeiras usase para cura-lo fogo ardente (ergotismo).
  • A gangrena que produce a intoxicacion por cornizo ( ergotismo , lume ardente, lume de san Anton), curase colocando sobre a lesion terra procedente de nove toupeiras xunto cun pouco de unto, a vez que se rezan certos ensalmos:
Conoci a un nino que padecia ese fuego, en la parte anterior de un muslo, llegando ya a echar aguadilla o serosidad. Acuerdome que sus padres le mandaron a una vieja ensalmadora, quien pedia al paciente llevase tierra fresca de nove toupeiras, y me parece, un poco de unto. El muchacho mismo me dijo que le untaba por lo menos con la tierra y que hacia cruces o bendiciones sobre la llaga, pronunciando palabras que no entendia, y otros pormenores que no me acuerdo, pero renovare si tuviere ocasion de preguntarlo. Lo que se es que la escoriacion desaparecio sin que se reprodujese, que yo sepa. Yo atribuyo esta cura cierta a la virtud de la tierra, prescindiendo de todo lo demas que no era mas que un modus vivendi (Francisco Javier Rodriguez, 1863)

.

  • En Agolada (Pontevedra) o remedio consiste en recoller terra de nove toupeiras onde non vaian as galinas [ 2 ] e xuntala nun trapo. Logo, na casa, meten na terra un pouco de unto de porco branco e coa mestura fan cruces na cara do enfermo a vez que recitan o ensalmo (Lis Quiben:277).
  • Na Arnoia (Ourense), curan a decipla ( erisipela [ 3 ] ) pasando pola cara do enfermo nove follas de loureiro , unha a unha, a vez que recitan un ensalmo (Lis Quiben:123). En Mourente (Pontevedra) rezan un ensalmo tres veces o dia durante nove dias seguidos, durante os que o enfermo non pode lava-la cara. Se a bendicion se bota un domingo antes da primeira misa vale polos nove dias (Lis Quiben:119).
  • En Tui , para curar a sarna , o enfermo ispese totalmente as doce da noite de San Xoan e pon toda a roupa nun carballo , contra o que logo se refrega totalmente nu. Despois, mergullase nove veces nas augas do Mino e vistese con roupa nova, deixando a vella abandonada no carballo (Lis Quiben:307).
  • No Barco de Valdeorras , a ictericia curase se o enfermo sae o amencer, sen que ninguen o vexa, e mexa sobre unha mata de marrubio , mentres reza unha oracion. Para que lle sexa eficaz ten que facelo durante nove manas seguidas (Lis Quiben:210; Rodriguez Lopez:126).
Para cura-la ictericia hai que mexar nesta planta durante 9 dias seguidos
  • No Concello de Cotobade (Pontevedra), tamen para curar a ictericia, danlle de beber o enfermo en xaxun e durante nove dias un vaso de vino con nove piollos que deixaron a macerar (Lis Quiben:211); en Verin danlle os nove piollos en leite ou chocolate (Lis Quiben:211; Terra de Melide :456-457). En Mourente (Pontevedra), co mesmo obxectivo, botan nun pucheiro novo follas de laranxeira collidas xusto despois do solpor, con raices de cana india , unha polina de ruda e unha presa de estrugas, dando a beber o enfermo unha cunca desta infusion, en xaxun, durante nove dias seguidos, descansan outros nove e repiten o tratamento outros nove dias, ata obte-la curacion. Pola sua banda, o enfermo ten que mexar cada mana sobre unha planta de mexacan , sempre a mesma, a vez que reza tres nosopais e tres avemarias: a medida que vai secando a herba, vai curando o enfermo (Lis Quiben:211). En Cruces (Padron), o enfermo ten que ir nove manas seguidas mexar sobre un cardo , cedendo a enfermidade segundo vai secando o tal cardo (Lis Quiben:211). Isto e o que se chama curacion por simpatia , o que tamen se recorre noutras practicas terapeuticas: o ir secando a planta sobre a que se mexa, tomando cor amarela, quere dicir que esta vai collendo e absorbendo a cor amarela do enfermo de ictericia. En Mos (Pontevedra) botan nove cocos do xamon (sens ou seses) en auga que obrigan a beber o enfermo, unha vez o dia e durante 9 dias seguidos (Lis Quiben:211).
  • Para cura-las belidas ( caratatas ) utilizan nove grans de trigo en Agolada , Vilaboa , Forcarei , Redondela e Cangas ; en Marin son 27 grans [ 4 ] . En Lalin e noutros tratamentos de Agolada e Forcarei, asi como en Santiago , utilizan dez grans, pero o empezaren o tratamento tiran un o chan, que e o que leva a belida . Os dias que repiten o tratamento adoitan ser sempre nove (Lis Quiben:187 e ss).
  • En Padrenda (Ourense), para cura-lo herpes empregan tres grupos de nove follas de loureiro , nove anacos de unto de porco negro e nove areas de sal (Lis Quiben:203).
  • Tamen en Mourente, para cura-la ulcera collen nove xuncos e atan tres cun fio branco, tres cun fio amarelo e tres cun fio verde; ponenos en cruz sobre a ferida e recitan o ensalmo, repetindo a oracion durante 18 dias seguidos (Lis Quiben:159). En Fonsagrada (Lugo), para cura-la ulcera, as vexigas e as lombrigas dos meninos botan nun prato de madeira de freixo nove cabezas de estrugas e nove areas de sal, fan sobre o corpo de cativo varias cruces e circulos e recitan unha oracion nove veces seguidas, a vez que se botan o lume o sal e as estrugas (Rodriguez Lopez:125, Lis Quiben:266). En San Xurxo de Sacos (Cotobade, Pontevedra), botan nunha cunca de freixo nove gotas de aceite , nove de vino , nove de auga e nove areas de sal, logo bendicen a parte enferma cun hisopo feito de nove agromos (tres de silva , tres de estruga e tres de fiuncho ) rezando un ensalmo; fan isto tres veces o dia durante nove dias seguidos (Lis Quiben:157).
  • Para cura-lo bocio , daselle a beber o enfermo auga de nove fontes recollida durante a noite de san Xoan, despois das doce da noite (Rodriguez Lopez:143, Lis Quiben:296).
  • En Forcarei (Pontevedra) curan o enganido ( raquitismo [ 5 ] ) facendo na cocina unha fogueira con follas de loureiro -tamen ventureiro- sobre a que pasan o menino enfermo (Lis Quiben:82). Outro remedio e coller auga de nove fontes e botar nela follas de xara ou xarro, que se deben traer a casa envoltas nun pano branco, lavando despois o neno nesta auga, todo o corpo, de pes a cabeza , e sen deixar nada e en direccion contraria o pelo; secase logo cunha toalla de lavanisco ou evanisco [ 6 ] que se pon a secar o sol e, unha vez seca, aparecen os pelos do animal causante do mal (Anton Fraguas:31). Fraguas tamen da a forma de diagnostica-lo enganido nun menino: ponse un vaso de auga na sua cabeza e botan nel nove pingas de cera do cirio do Xoves Santo; se as nove pingas se xuntan e que o menino ten o mal (Anton Fraguas:31).
  • Para cura-las tercianas ( paludismo ), o enfermo ten que recolle-la esmola que lle dean nove Marias (Lis Quiben:289).
  • No Concello de Cotobade , para os meninos que tardan en arrancar a falar, a madrina levao, cos pes metidos nun fol, a pedir esmola dicindo: " Unha limosna o bode,/ ven cos pes metidos nun fol,/ quere falar e non pode ". Tras recibir nove esmolas -que daquela se daban en especie-, e co millo que xunte ten que facer nove bolos e darllos a comer o afillado. Por Terra de Montes , san Bernabeu e o santo avogoso a quen levan os meninos para que sexan destros en falar (Anton Fraguas:29).
Recibir nove ondas seguidas na praia da Lanzada, na noite de San Xoan, garante a concepcion.
  • Favorece a concepcion banarse nuas na praia da Lanzada ( Sanxenxo ), onda a ermida do mesmo nome, durante a noite de San Xoan , xusto o dar as doce da noite -segundo uns- ou xusto antes de sai-lo sol -segundo outros. Noutras ocasions repitese este bano o ultimo domingo de agosto. O ritual, con algunhas variacions segundo as fontes, consiste en recibir nove ondas do mar, seguidas (Lis Quiben:292; Rodriguez Lopez:144).
  • Para que aproveiten ben os banos en augas mineromedicinais, han ser precisamente nove (Rodriguez Gonzalez).

Diagnostico, tratamento e prevencion do mal de aire e outros aires [ editar | editar a fonte ]

Hai un conxunto de formas maxicas capaces de enferma-la xente ou o gando, que poden englobarse baixo o concepto de mal de ollo , mal de aire ou aires especificos. A medicina tradicional foi descubrindo e utilizando diferentes procedementos para loitar contra eles e mesmo para identificar exactamente o animal -pezonoso ou non- causante do mal, e asi permitir remedios mais especificos.

  • En Baiona , para cura-lo mal de aire , ou en Redondela para cura-lo aire de lua ou de sol , rezan un ensalmo nove veces o dia durante nove dias, lavando a parte afectada cun cocemento de vino de romeu , loureiro e cinco flores de toxo virxe (Lis Quiben:68). En Outes (A Coruna) dan nove voltas o redor dun pexegueiro (" Arredor deste pexegueiro/ nove voltas vou dar,/ mal de ollo que me ven,/ envexa que me entraches,/ dunha patada vas marchar " (Marino Ferro:26).
  • Para cura-lo mal da cobra hai diversos procedementos que se repiten durante nove dias seguidos unha vez o dia (en Forcarei ), tres veces ( Ponte Sampaio ) ou nove veces ( Vigo ) (Lis Quiben:47).
A pintega comun, uns dos animais considerados mais pezonosos
  • En Beariz (Ourense), para cura-los aires de animais pezonosos ( lagarta , pintega , lagarto , arana , cobra etc.) mollan a parte enferma cun hisopo feito con fiuncho e herba de anis mollado en vino, bendicindo a zona enferma e recitando un ensalmo, unha vez o dia durante nove dias seguidos, antes da hora da misa (Lis Quiben:51). En Crespos (Ourense), fan cruces sobre a cabeza do enfermo cun coitelo de aceiro o tempo que recitan outro ensalmo, nove veces o dia durante tres dias seguidos (Lis Quiben:85).
  • En Laza (Ourense), para cura-lo aire de gata , colocan un caldeiro de cobre enriba do lume e duas mulleres chamadas Maria pasan o menino entre a asa e o caldeiro mentres unha terceira Maria conta as veces que se fai esta operacion; isto hai que repetilo durante nove dias seguidos (Lis Quiben:49).
  • En Ponteareas (Pontevedra), para cura-lo aire de envidia ou o de excomungado parten un dente de allo en dous, envolven unha parte con sal e fan cruces na fronte do enfermo, recitando o ensalmo, unha vez o dia e durante nove dias seguidos (Lis Quiben:64). En Salcedo (Pontevedra), para cura-lo aire de condenado queiman nove agromos de loureiro que non fora plantado (Lis Quiben:65).
  • Para identifica-la persoa ou animal que botou o aire (aire de gata, de galina, de muller etc), en Verin (Ourense) botan no forno nove bicas [ 7 ] , unha a unha, dicindo con cada unha un Pai noso e unha Avemaria . Despois se pon o menino diante dun cacharro de pez, onde se reflectira a figura do animal causante do mal (Lis Quiben:40). En Boiro (A Coruna) ponen a cocer borras de mel en nove litros de auga e durante nove dias lavan diariamente o menino nesta auga, de pes a cabeza: a auga que se emprega vaise recollendo e o final dos nove dias botase na encrucillada dun camino sacramental, e no chan apareceran os pelos ou plumas do animal causante do mal (Lis Quiben:38).
  • Tamen as gatas paridas e os seus gatinos, ou o gato ou gata que andan de xaneira poden bota-lo aire de gato . En Ponte Caldelas (Pontevedra), para reconece-lo causante do mal, lavan o rapaz nunha ola de barro nova, a estrear, con tanta auga como caiba na ola. Unha vez lavado o menino e vestido con roupa limpa, amarrano a unha pa do forno e un home forte e habil meteo durante nove veces seguidas no forno quente, como se estivese a coce-lo pan. A seguir, escachan o pucheiro coa auga sucia contra un lado do forno e no seu fondo e paredes ha quedar reflectido o animal que causou o aire (Lis Quiben:39). En Cotobade cocen en auga nove follas anchas dunha herba chamada do enganido , que medra a caron das fontes e regueiros, e lavan o rapaz nove veces con esta auga, sendo preciso que sexa un home quen o faga; na auga apareceran os pelos do animal causante da enfermidade (Lis Quiben:39).

O numero 9 na literatura popular [ editar | editar a fonte ]

Refraneiro
  • A lua de octubre a sete cubre, e se chove, nove .
  • As nove deitate e durme; que as dez xa durmiras .
  • As nove deitate, home; as dez, muller, ¿ti ves?
  • As nove non e cristiano o que non dorme .
  • Se polo san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove [ 8 ] .
  • Val mais pouco pan duro, que fame de nove dias [ 9 ]
Cantigueiro
  • San Simon, san Simoncino,/ bendiceme este cordon/ que da nove voltas/ o redor do corazon .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. So a modo de exemplo, recollemos de Marino Ferro varios casos. En Asturias , para cura-la ictericia, hai que mirar durante nove dias a auga que discorre por un rio ou regato. O mesmo fan en Valencia , onde, ademais, para curar a un menino que chora e esta triste, levao o pai ou a nai o rio durante nove dias seguidos, collendo nove pedrinas de cada vez; da as pedras o rapaz de unha en unha e este vai botandoas o rio, e cada vez que o fai, o pai ou a nai din: " Auga do rio, auga corriente, cura o meu fillo da anoranza ". En Cataluna , para que os cativos que se atrasan no crecemento se recuperen, collense nove pedrinas redondas, levan o menino a un regato e a nai faino pasar dun lado o outro nove veces, botando cada vez unha pedra na auga (Marino Ferro (1985):55). Mais lonxe, en Lancashire (Inglaterra), curan a febre ensartando nove ou once caracois nun fio dicindo, de cada un, que " Aqui deixo a mina febre "; para rematar, unha vez todolos caracois no fio, botanse o lume (Marino Ferro (1985):35).
  2. Con esta expresion querese indicar un lugar deshabitado; mais adiante veremos outra referencia o loureiro que non fuches plantado , que ten o mesmo significado. Na terapeutica maxica recorrese moitas veces a expulsa-la causa do mal fora do corpo do enfermo e, deste xeito, o mal ira ali onde non vive ninguen que poida resultar prexudicado.
  3. Inflamacion da pel, que adopta un aspecto irritado, rubicundo, brillante e edematoso.
  4. 27 grans ou, mais adiante, 18 dias, son todos multiplos de 9. O recurso a maxia deste numero permanece e multiplicase.
  5. Ainda que normalmente pode identificarse o enganido , tanganido , asombramento ou tangarano co raquitismo, enfermidade producida por carencia de vitamina D e desmineralizacion osea, consta que tamen se aplica o termo de enganido e outras denominacions populares a outros estados patoloxicos moito mais difusos, mesmo a simple desnutricion que debilita e consume os meninos, en casos ata a morte. Adoita atribuirse a un mal de ollo ou a unha sombra maligna que acaba con eles, e de ai o nome de asombramento . O mesmo efecto pode producir unha meiga chuchona .
  6. Tea apreciada que imita o damasco.
  7. Bolos de millo sen fermentar.
  8. San Xurxo celebrase o 14 de abril.
  9. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. pan .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]