한국   대만   중국   일본 
O marabilloso mago de Oz - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O marabilloso mago de Oz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O mago de Oz
Capa do libro orixinal de 1900.
Titulo orixinal The Wonderful Wizard of Oz
Autor/a Lyman Frank Baum
Ilustrador/a W. W. Denslow .
Cuberta W. W. Denslow .
Orixe EUA
Lingua ingles
Coleccion The Oz books
Xenero(s) Fantasia, xuvenil.
Editorial George M. Hill Company
Galicia Edicions Xerais
Galicia Editorial Tris Tram
Data de pub. 1900
Galicia1994
Formato Capa branda
Paxinas 259
Galicia 200
ISBN 9788475078526
Seguido por The Marvelous Land of Oz e mais unha ducia de libros sobre a Terra de Oz
editar datos en Wikidata  ]

O marabilloso mago de Oz ( The Wonderful Wizard of Oz ) e un libro de literatura infantil escrito por Lyman Frank Baum e ilustrado por W. W. Denslow . Foi publicado inicialmente pola George M. Hill Company de Chicago en 1900 . O mago de Oz e un dos libros mais editados tanto en Estados Unidos como en Europa . En galego aparece en 1994, editado por Xerais .

Dorothy Gale e a protagonista dun dos libros infantis mais populares do seculo XX, un moderno conto de fadas cheo de accion e acontecementos extraordinarios, con personaxes tan entranabeis coma o Lenador de Folladelata, o Espantallo, o Leon Covarde e o can Toto. O libro, ilustrado cos excepcionais debuxos orixinais de W.W. Denslow, recrea cunha linguaxe sinxela e directa todolos topicos do xenero (bruxas, fadas, monstros e aventuras sen fin). Un dos grandes clasicos da literatura infantil que constitue unha das historias mais conecidas da cultura popular norteamericana e que foi traducida a moitos idiomas, incluindo o galego. Grazas ao grande exito d’ O marabilloso feiticeiro de Oz , L. Frank Baum escribiu trece libros mais sobre a Terra de Oz. O libro atopase en dominio publico nos Estados Unidos desde 1956 .

Historiadores, economistas e estudosos da literatura examinaron tratando de explicar os posibeis orixes e o significado do libro, poren, na sua maioria, nin lectores nin criticos cren que haxa realmente ningun significado politico na obra.

Foi o primeiro libro de contos infantis con personaxes e lugares tipicos dos Estados Unidos nunha epoca onde todos os contos de fadas describian paisaxes e personaxes europeos.

Argumento [ editar | editar a fonte ]

Dorothy e unha nena orfa que leva unha vida sinxela en Kansas coa sua titia Emma Clara Blandick, e o seu titio Henry. Un dia, o can de Dorothy, Toto, traba a unha vecina, a senora Gulch. O sheriff leva a Toto, mais este foxe e regresa con Dorothy, que decide levarse a Toto e fuxir na procura dunha vida mellor nalgures sobre o arco da vella.

Na sua viaxe, Dorothy atopa a diferentes personaxe que a levan ate a terra fantastica de Oz.

Personaxes [ editar | editar a fonte ]

  • Dorothy . Dorothy Gale e unha rapariga orfa de 14 anos que mora en Kansas coa sua titia Emma, o seu titio Henry e o seu can Toto .
  • Fada .Esta axuda a Dorothy e lle di por onde ir canda o Mago de Oz.
  • Espantallo . Conece a Dorothy e esta axudao a baixar do pau onde uns labregos o penduraran para asustar aos corvos. Vai na compana de Dorothy para lle pedir ao feiticeiro un miolo para poder pensar.
  • Lenador de Folladelata . Dorothy atopa o lenador axudandoo a engraxar os artellos, que o tiveron por un ano na mesma posicion. E un lenador forte que o unico que lle pedira ao mago e un corazon de verdade para poder ter sensibilidade, pois foi vitima dunha bruxa que converteu un home de carne e oso, nun home de lata.
  • Leon covarde . Pasa a vida a comer pequenos ratos e, por mor a que o seu principal defecto e ter medo anda na procura do mago para lle pedir valentia.
  • Mago de Oz . Feiticeiro que mora na Cidade Esmeralda , no centro do Pais de Oz . Ganou a reputacion de ser un ser superior, pois tense enfrontado as bruxas do Leste e as do Oeste, coas que estivo en guerra durante anos. O mesmo que Dorothy, chegou accidentalmente a Oz.
  • Bruxa mala do Leste . Unha bruxa perfida que mora na terra dos Munchkins. Cando Dorothy chega a Oz, a sua casa cae do ceo sobre a bruxa matandoa. O libro "Wicked: the Life and Times of the Wicked Witch of the West" chamaa Nessarose.
  • Bruxa mala do Oeste . Ataca a Dorothy e aos seus amigos animais e consegue atrapala coa axuda dos macacos voadores. No libro e despois no musical Wicked , a bruxa chamase 'Elphaba Thropp' e e o personaxe principal do libro.
  • Bruxa boa do Norte . Chamase Locasta e aparece en Munchkinland cando Dorothy chega. Dalle a Dorothy os zapatos de prata e mais un bico para a protexer. Esta meiga non aparece nos libro a seguir de Oz, e no filme de 1939 Glinda aparece no seu lugar.
  • Bruxa boa do Sur . E a meiga Glinda que lle ensina a Dorothy como usar os zapatos de prata para tornar a casa.
  • Toto . Cadelo que vai na compana de Dorothy todo o camino. Cando chega o tornado a Kansas, Toto perdese e Dorothy ten que ir na sua procura, polo que non acada o refuxio e ten que se agochar na sua casa, que despois e arrincada do chan pola forza do vento.
  • Winkies . Son os escravos da Bruxa do Oeste. Logo de que ela morra, eles viviran felices.
  • Munchkins . Eran os escravos da Bruxa do Leste. Agora viven felices.
  • Monos Voadores . Son os macacos da Bruxa do Oeste que capturan a Dorothy e a levan ao castelo.
Dorothy atopa ao Leon covarde, debuxo da primeira edicion.

Adaptacions [ editar | editar a fonte ]

Teatralmente tenense montado innumerabeis adaptacions en todo o mundo, xeralmente dirixidas aos nenos e de caracter musical, que son o obxectivo principal do libro. Cinematograficamente en 1939 estrease The Wizard of Oz , a version mais sonada da novela. Quizais sexa este musical mais conecido que o propio libro. Actuou no rol de Dorothy a memorabel Judy Garland . A adaptacion cinematografica non e totalmente exacta a novela, mais consegue rescatar o espirito que o seu autor orixinal imprimiu as paxinas do libro. Moitos anos despois a Disney fixo unha secuela do filme, ‘’ Return to Oz ’’.

No ano 1975 aparece en Broadway o musical ‘’ The Wizz ’’, posteriormente Motown adquiriu os dereitos da obra para a levar a gran pantalla nun ambiente urbanizado e con soamente actores afroamericanos como Diana Ross , quen interpretou o rol de Dorothy, e compartiu escena con Lena Horne , Richard Pryor , Nipsey Russell , Ted Ross e Michael Jackson . O filme ten a sua estrea en outubro de 1978 , recibindo malas criticas e fracasando en vendas. Poren, a banda sonora da mesma, producida por Quincy Jones, vendeu mais de 850,000 copias. Esta seria a ultima producion cinematografica de Motown.

En 1982 realizouse no Xapon un filme anime sobre O mago de Oz , dirixida por Fumihiko Takayama , con musica de Joe Hisaishi . Esta version esta considerada como a mais achegada ao libro.

En 1986 realizouse no Xapon un filme anime sobre O mago de Oz baseada en 4 dos libros de Oz, e que se difundiu en diversos paises obtendo grande exito. En 1992 , faise de novo unha serie de anime, neste caso unha adaptacion futurista conecida como ‘A marabillosa galaxia de OZ’’, que consta de 26 episodios, e na que se nos amosa unha trama de ciencia ficcion con grandes doses de Cyberpunk ; tratase dunha adaptacion dirixida a un publico mais adulto, pertencente polo tanto ao xenero Sh?nen . Esta serie foi dobrada ao Ingles nos Estados Unidos , e ao espanol en America Latina . Tamen tivo un exito considerabel.

O creador de Spawn , Todd McFarlane , desenador de xoguetes, creou unha serie de bonecos baseados nunha version sinistra d’O Mago de Oz, que inclue unha version de Dorothy Gale sendo torturada e abusada sexualmente por dous ananos deformes chamados Munchkis, que a flaxelan mentres se encontra atada nunha pose sadomasoquista , asi coma un Leon que, lonxe de ser covarde parece ser feroz, un Espantallo sendo mancado por corvos que lle tiran os ollos, un Lenador de Folladelata con forma de robot asasino, e un Mago de Oz a usar un casco insectoide, entre varios outros. En 1995 Gregory Macguire escribiu a novela para adultos, ‘’ Wicked: The Life and Times of the Wicked Witch of the West ’’, que narra a vida de Elphaba Thropp (a Malvada Bruxa do Oeste); no ano 2003 esta novela foi levada ao teatro co nome de ‘’Wicked’’.

En maio de 1989 unha banda de Heavy Metal chamada ’’Transilvania’’, cambia o seu nome a " Mago de Oz ". Segundo Txus Di Fellatio (bateria, letrista e fundador de la banda) puxo ese nome a banda xa que como na historia, a vida e un camino de lousas amarelas nas que xunto a outros procuramos os nosos sonos. Hoxe en dia Mago de Oz e a banda de folk/heavy metal mais conecida en Espana, [ Compre referencia ] e moi vencellada a cultura galega.

En 2013 estrease Oz: The Great and Powerful , un filme da Disney , baseado no libro e que seria unha precuela ao filme de 1939. O mago de Oz esta interpretado por James Franco . O filme tera polo menos unha secuela.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]