한국   대만   중국   일본 
O lino na cultura popular galega - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O lino na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distintos trebellos para preparar o lino

O lino na cultura popular galega .

Refraneiro [ editar | editar a fonte ]

O lino no Museo Liste .
  • A linaza por San Marco nin nada, nin no saco [ 1 ] .
  • A muller de bo alino, cria, fia, devana e vende o lino [ 2 ] .
  • A que o lino alina, esa o fia .
  • Antes de pan vino, antes de vino toucino, e antes toucino que lino .
  • Antes pan que vino, antes vino que toucino, e antes toucino que lino [ 3 ] .
  • Botamo todo en vino e non en lino [ 4 ] .
  • Dixolle o millo a linaza: "Andate ti, espepitada, que os tres dias estas nada". E a linaza respondeulle: "Seica coma ti, borron, que tardas sete semanas en salires do torron" .
  • En saco de lino non levela farina o muino [ 5 ] .
  • En Santiago e agosto estroupelear, que e tempo do lino mazar .
  • "¡Erte, dorminon, que pasas un mes sen sair a ve-lo sol!", dixolle a linaza o millo. "¡Cala trigudilla: pola manan sementada e pola noite nascida!", dixolle o millo a linaza [ 6 ] .
  • Febreiro, frebas de frio, e non de lino [ 7 ] .
  • "¡Lavada, aos tres dias nada!", dixolle o millo a linaza. "¡Nugallan" ?dixolle ela-, "un mes baixo o torron e ainda se vou non vou!" [ 8 ] .
  • Lino bo, lino malo, todo frolece en maio .
  • Lino de Holanda, pesa e non anda .
  • Lino e la non queren ventan [ 9 ] .
  • O lino apurado da lenzo ben sobrado .
  • O lino e a estopa, a sombra .
  • Polo San Martino, fabons o lino .
  • Por San Francisco bota o lino mourisco, se o botas en San Simon nin da estopa nin estopon .
  • Por San Martino, nin faba, nin lino .
  • Por San Martino, non sementes fabas nin lino [ 10 ] .
  • Por Santa Erea, toma os bois e semea; por San Martino, nin fabas nin lino [ 11 ] .
  • Pro lino, sete voltas de rella e a caghalla da ovella .
  • Santa Vivian, mocinas no lino e vellas na lan [ 12 ] .

Cantigueiro [ editar | editar a fonte ]

  • A Santa Virxe do Viso/ ten un tendel de meados;/ vente conmigo, menina,/ o rio ver de lavalos [ 13 ] .
  • Arrigadeiras do lino,/ arrigai o lino ben,/ non mirendes pro portairo/ que a merenda vela ei ven [ 14 ] .
  • Arrigai, arrigadeiras,/ daille lino os ripadores;/ a moza que ben responde/ nunca lle faltan amores [ 15 ] .
  • Arrigai, arrigadeiras,/ daille lino os ripadores;/ que xa veu a primaveira/ i hei de tomar dos amores [ 16 ] .
Restrelo para asedar o lino
  • As mocinas da espadela/ son poucas, pero son boas,/ cando ven por eli os mozos/ todas parecen cotorras [ 17 ] .
  • Calate, porca, cochina,/ non me volvas a falar,/ que tinas sete camisas/ de tomentos a raiar [ 18 ] .
  • Donde ves, Carmina?/ Veno da montana,/ de ver o meu lino/ se ten a bagana./ Se ten a bagana/ deixalla criare/ que o estar madura/ imola arrigare [ 19 ] .
  • Ei, senores ripadores,/ chegados a ramallosa,/ polas trazas que vou vendo/ non vai hoxe o lino a poza [ 20 ] .
  • Esta noite hai unha fia,/ tamen hai unha espadela,/ mina nai, saqueme o caldo/ que eu tamen hei de ir a ela [ 21 ] .
  • Este ano hai moito lino,/ este ano hai moita aresta;/ os mocinos que hai agora/ cheiran a mexo que apestan [ 22 ] .
  • Fia, mina roca, fia,/ fia mina fiandeira,/ toda a noite fia, fia,/ o lino que veu da feira [ 23 ] .
  • Fun ao mar e vin do mar/ i o teu lino sen fiar;/ que figueches, calaceiro,/ cada ano seu regueiro [ 24 ] .
  • Hei ir a fia esta noite,/ e hei de matar o candil,/ e heille mazar a cotena/ a un majo que campa ali .
  • Hoxe arriguei o meu lino,/ hoxe o dei a fiare,/ que pasei onte por il,/ non sei se e lino se e herba [ 25 ] .
  • Iste e o tempo do troupele, troupele,/ iste e o tempo do troupelear,/ iste e o tempo de maza-lo lino,/ iste e o tempo do lino mazar [ 26 ] .
  • Maruxa, monda o teu lino,/ non te vaias a taberna:/ pasei onte por ali,/ non sei si e lino si e herba [ 27 ] .
  • Meu chalequino de lino,/ feito detras das paredes:/ o que espreita xempre ouve/ falar de si moitas veces [ 28 ] .
  • Meu chalequino de lino,/ vamonos servir ao rei,/ que os ricos loitan e quedan/ i eu, como son probe, irei [ 29 ] .
  • Mina roquina de cana,/ meu fusino de oliveira,/ tendes que fia-lo lino/ que me ven mana da feira [ 30 ] .
  • Mozos que estas no ripanzo,/ ponanse na ramallosa,/ que co que ei estan faguendo/ o lino non vai a poza [ 31 ] .
  • Na corte de Xan Manoel/ hai moitas mozas cantando:/ unhas tascan, outras fian/ i outras estan asedando [ 32 ] .
  • O lino queda na poza/ i a bagana no palleiro;/ agora, mina menina,/ tocaremo-lo pandeiro [ 33 ] .
  • Que estriga teno na roca!/ Que mazaroca farei!/ Que lindos mozos eu teno/ no lugar de Recarei [ 34 ] .
  • Teno unha manta de estopa,/ hei faguer unha de lino,/ hei ter todo perparado/ para me casar contigo [ 35 ] .
  • Teno unha roca en Gontan,/ un fuso no Chao da Veiga;/ i o lino por sementar/ cando me has vir, costureira? [ 36 ] .
  • Vale mais unha da Laxe/ cunha chaqueta de lino/ que todalas de Cornazo/ vestidas de pano fino [ 37 ] .
  • Veno de ver o meu lino/ que me da pol-a cintura:/ non sei se e lino se e herba, / bagana non ten ningunha [ 38 ] .

Adivinas [ editar | editar a fonte ]

  • De verde nace/e de verde se cria/e acaba bailando/coa senora Maria [ 39 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. San Marcos, 25 de abril.
  2. ERG, Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. muller .
  3. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. pan .
  4. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. vino .
  5. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. farina .
  6. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: vel-o, o millo, a linanza (sic).
  7. Falase mais normalmente das frebas de marzo , nome que se da os primeiros dias deste mes que adoitan ser tan crus como os do mes de febreiro anterior. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. febreiro .
  8. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No texto: ela, ainda .
  9. Xose Ramon Marino Ferro.
  10. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. San Martino .
  11. Santa Irea ou Erea, 18 de setembro; San Martino, 11 de novembro.
  12. Santa Vivian, 2 de decembro.
  13. Xaquin Lorenzo Fernandez, 46. Os meados son as madeixas de lino fiado que, unha vez lavadas, disponense o sol nun tendel de meados .
  14. Xaquin Lorenzo Fernandez, 45. No orixinal: ehi . Arrigar e apanar o lino ou outras plantas.
  15. Xaquin Lorenzo Fernandez, 45.
  16. Xaquin Lorenzo Fernandez, 45. Ripar o lino e quitarlle a baga pasandoo polos dentes do ripo. A arriga faise polo abril.
  17. Xaquin Lorenzo Fernandez, 48.
  18. Xaquin Lorenzo Fernandez, 55. Tomentos son os restos da limpeza do lino, de ruin calidade; poner a raiar e ponelos o sol para que branquexen.
  19. Xaquin Lorenzo Fernandez, 71. A bagana e a capsula, pequena e esferica, que con ten as sementes do lino.
  20. Xaquin Lorenzo Fernandez, 73. No orixinal: Eih . Despois de arrigar o lino, ponse en feixes e levase a unha poza onde se mete en auga durante un tempo.
  21. Fermin Bouza Brey 1929, 174.
  22. Xaquin Lorenzo Fernandez, 78.
  23. Xaquin Lorenzo Fernandez, 85.
  24. Xaquin Lorenzo Fernandez, 85. No orixinal: fun do mar . Engade Xaquin Lorenzo que, segundo Bouza Brey, se trata dunha fala de animais na que o paxaro chamado lavandeira dille o labrego que ten que fiar o lino durante o inverno, mentres el migra o mar; ademais debe facer que cada suco sexa un regeiro para asegurar que a planta estea sempre mollada.
  25. Xaquin Lorenzo Fernandez, 89. No orixinal: arriguei, pasei, erba . Entre a arraiga do lino e o momento de fiar ten que pasar un tempo e distintas operacions para o poner en condicions de ser fiado.
  26. Xaquin Lorenzo Fernandez, 90. No orixinal: mazalo .
  27. Xaquin Lorenzo Fernandez, 235. No orixinal: pasei, erba . Xaquin Lorenzo localizara en Reigosa, pero non identifica este lugar.
  28. Xaquin Lorenzo Fernandez, 97.
  29. Xaquin Lorenzo Fernandez, 97. Daquela era posible a redencion do servizo militar mediante o pago dunha cantidade de dineiro.
  30. Xaquin Lorenzo Fernandez, 101. No orixinal: fialo, ven .
  31. Xaquin Lorenzo Fernandez, 106. O ripanzo e o aparato en forma de peite co que se quita a bagana do lino; ramallosa e un monte de ramas cortadas das arbores.
  32. Xaquin Lorenzo Fernandez, 106). Tascar, fiar e asedar son operacions relacionbadas coa preparacion do lino.
  33. Xaquin Lorenzo Fernandez, 118. No orixinal: tocaremolo .
  34. Xaquin Lorenzo Fernandez, 137. Unha estriga e un pequeno feixe de lino que se pon na roca para fiar. Recarei e lugar da parroquia e concello de Bande .
  35. Xaquin Lorenzo Fernandez, 152.
  36. Xaquin Lorenzo Fernandez, 252. Xaquin Lorenzo non localiza estes lugares, alleos a Limia Baixa.
  37. A Laxe e lugar de Arealonga, parroquia de Vilagarcia ; Cornazo e outra parroquia de Vilagarcia. Fonte: Bouza Brey, 179. No texto: mais, c-unha, todal-as .
  38. Real Academia Galega 1913, s. v. bagana .
  39. O lino na devanadoira. Garfer e Fernandez, 268; no orixinal: beilando, ca .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • ANONIMO: Saudade. Verba Galega nas Americas . Mexico 1942-1953. Ed. facsimile do Centro Ramon Pineiro 2008.
  • BOUZA BREY, Fermin : "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsimile II].
  • GARFER, J.L. e FERNANDEZ, C.: Adivinancero popular gallego . Taurus Ed., Madrid 1984.
  • LORENZO FERNANDEZ, Xaquin : Cantigueiro popular da Limia Baixa , Galaxia, Vigo 1973.
  • MARINO FERRO, Xose Ramon : La medicina popular interpretada I. Xerais, Vigo 1985.
  • Real Academia Galega : Diccionario gallego-castellano 1913-1928.
  • RODRIGUEZ GONZALEZ, Eladio : Diccionario enciclopedico gallego-castellano , Galaxia, Vigo 1958-1961.

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]