한국   대만   중국   일본 
O doutor Slump e Arale - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O doutor Slump e Arale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O doutor Slump e Arale
Dr.スランプ
(Dokut? Suranpu)
Manga O doutor Slump e Arale
Creado por Akira Toriyama
Editor Shueisha
Publicado en Weekly Sh?nen Jump
Primeira edicion xaneiro de 1980
Ultima edicion agosto de 1984
Num. de volumes 18
Anime O doutor Slump e Arale
Dirixido por Tomomi Mochizuki
Tsutomu Shibayama
Estudio Studio Deen
Canle televisiva Fuji Tv
Primeira emision 15 de abril de 1989
Ultima emision 16 de setembro de 1989
Num. de capitulos 18
Anime O doutor Slump e Arale
Dirixido por Minoru Okazaki
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Fuji Tv
Primeira emision 8 de abril de 1981
Ultima emision 19 de febreiro de 1986
Num. de capitulos 243
Filmes
  • Dr. Slump and Arale-chan: Hello! Wonder Island
  • Dr. Slump: "Hoyoyo!" Space Adventure
  • Dr. Slump and Arale-chan: Hoyoyo, Great Across-the-World Race
  • Dr. Slump and Arale-chan: Hoyoyo! The Treasure of Nanaba Castle
  • Dr. Slump and Arale-chan: Hoyoyo! Dream Capital Mecha Police
  • Dr. Slump and Arale-chan: N-cha! Clear Skies Over Penguin Village
  • Dr. Slump and Arale-chan: N-cha! Love Comes from Penguin Village!
  • Dr. Slump and Arale-chan: Hoyoyo!! Follow the Rescued Shark...
  • Dr. Slump and Arale-chan: N-cha!! Excited Heart of Summer Vacation
Outros
  • Doctor Slump
  • Doctor Slump: Arale's Surprise
  • Dr. Mashirito - Abale-chan
  • Dr. Slump: Dr. Mashirito - Abale-chan

O doutor Slump (Dr.スランプ, Dokut? Suranpu) e un manga e anime xapones de Akira Toriyama , o creador de Dragon Ball . Cando apareceu o manga nas paxinas da revista Sh?nen Jump de Sh?eisha en xaneiro de 1980 , o seu autor era un desconecido para o grande publico. A aceptacion do manga foi tan masiva que o 8 de abril de 1981 se estreou o primeiro episodio da serie de animacion, facendo asi un novo tempo record entre a aparicion do manga e a realizacion do anime.

O manga rematou de publicarse en maio de 1985 , cun total de 18 volumes. A serie de television superou os 240 episodios, rematando o 19 de febreiro de 1986 . En 1993, foron retomados tanto o manga coma o anime. Esta vez o manga, agora a cor, foi escrito por Takao Koyama e debuxado por Katsuyoshi Nakatsuru e publicado na revista V-Jump de Sh?eisha, rematando este en setembro de 1996. O anime non alcanzou moita popularidade e so contou con 40 episodios exclusivos para o Xapon . Tamen houbo unha segunda temporada (terceira para Xapon), esta vez bastante mais popular, novamente escrita por Takao Koyama pero debuxada por Tadayoshi Yamamuro, saindo ao aire por primeira vez o 27 de novembro de 1996.

Sinopse [ editar | editar a fonte ]

O doutor Slump narra as aventuras do profesor Sembei Norimaki e da sua creacion, un robot humanoide con forma de nena de 13 anos chamada Arale Norimaki , quen carece de sentido comun e conta cunha forza extraordinaria. A maioria das historias transcorren en Vila Pinguin , onde ningun dos seus habitantes sabe que Arale e, en realidade, un robot. A serie esta chea de personaxes de todo tipo, desde un bebe prehistorico alado ata un porco que anuncia que a mana chegou a vila.

Personaxes [ editar | editar a fonte ]

Cosplay de Arale.

Entre os personaxes mais conecidos estan:

  • Arale Norimaki , maxima protagonista de O doutor Slump , e un androide creado por Sembei Norimaki. Carece de sentido comun pero conta cunha forza extrema e unha personalidade moi enerxetica e inocente. Tamen ten extraordinarias habilidades en calculos matematicos e ninguen en Penguin Village sabe que se trata dun robot.
  • Sembei Norimaki (ou so profesor ), cientifico xenio (asi se declara el mesmo) e inventor. Creador de moitos artefactos enxenosos para poder axudarse nas suas tarefas diarias. Ten 28 anos e e solteiro. A Arale presentaa coma a sua irma pero facilmente pode pasar pola sua filla.
  • Gatchan Norimaki , un bebe con as, antenas, unha sorprendente voracidade polo metal e outros obxectos e superpoderes mais ala da comprension, que Sembei Norimaki trouxo do pasado coa sua 'maquina do tempo'. A criatura atopabase dentro dun ovo que despois eclosionou na sua casa. Non se sabe se e neno ou nena xa que non ten ningun organo reprodutor, pero Arale di que e unha nena xa que pensa que as nenas non tenen nada. Cando non anda xogando por ai con Arale, esta con Bazara, Gamera, Axira e outros monstros famosos do cine do Xapon, que aqui aparecen da altura de Arale ou mais pequenos. En realidade Gatchan e un querubin enviado por Deus a Terra, o que explicaria os seus superpoderes, quizais o de comer metal e simplemente outra das bromas do senor Akira Toriyama.
  • Midori Yamabuki , a belisima profesora de Arale e os seus amigos, quen ensina e ama a todos os seus alumnos sen distincion. Malia que en momentos sexa unha muller de caracter, a maioria do tempo deslumbra a todos os homes. Sembei non e un caso a parte. Midori e a muller dos seus sonos e durante a serie el fara todo o posible por conquistala ou simplemente pasar tempo con ela. Mais adiante na serie esta relacion remata en matrimonio, do cal resulta un neno chamado Turbo que ten superpoderes e tamen pode voar e a pesar de que e basicamente un infante e un xenio (Aparece en Dragon Ball co resto do elenco).
  • Akane Kimidori e a mellor amiga de Arale, ten severos cambios de actitude, e a clasica bromista empedernida e rebelde, argalla plans disparatados que combinan perfectamete co caracter erratico de Arale, ainda que moitas veces remata excedendose coas suas trasnadas e perverte o bo actuar da nena robot e ambas pagan o prezo. Ten unha irma mais vella, Aoi Kimidori, que ten unha cafetaria chamada Pot con forma de cafeteira.
  • Taro e Peasuke Soramame son dous irmans fillos dun peiteador de Vila Pinguin, Kurikinton, que aparece constantemente. Taro e algo asi como o mozo de Akane pero como e de esperarse e unha relacion irremediablemente bizarra e mais que nada unha estrana amizade; o xove, aparenta ser o clasico rapaz rudo e "cool" con lentes de sol e todo, pero en realidade non e mais ca un pelele e un bo suxeito vitima do comportamento das duas rapazas. Peasuke e o irman mais novo de Taro, sempre usa un sombreiro de mapache e deixa algo ben claro: polo unico motivo polo que non se asusta da sua sombra e porque naceu con ela.
  • Kinoko Sarada , unha nena malcriada de lentes de sol que e sumamente rebelde, ama o seu triciclo de Masked Rider, detesta o anticuado e afirma ser a nena mais moderna de toda Vila Pinguin.
  • Chibil Pipi e un neno diano amigo de Arale, que sempre fai maldades e anda montado no seu fiel dragon . Dedicase a causar infinidade de desastres por desfrute, pero e sempre cativado pola bondade de Arale. Moita xente opina que a distintiva de Toriyama de incluir parodias esta tamen presente aqui, baixo a forma deste pequeno diano, xa que toda a trama e moi similar a do diano Mefisto e a sua filla Heckett do anime Ribbon no Kishi creado por Ozamu Tezuka.
  • Donbe e unha trasna raposa amiga de Arale que ten a capacidade de converterse en toda clase de cousas, animais e persoas, e xeralmente metese en problemas por iso.
  • Caramel Man Nº 4 ou Obokaman * Robot que ao principio era inimigo de Arale Norimaki porque o seu creador, Dr. Mashirito, quere conquistar o mundo e Senbei, Gatchan e Arale (consciente ou inconscientemente) non lle deixan. Enton el fixo un robot mozo co mesmo mecanismo de Arale e ao final Mashrito enfadase con el porque Caramel Man Nº 4 se namorou de Arale. Despediuno e puxose Obokaman de Nome, para ser amigo de Arale, Gatchan, Midori e Sembei. Aos 2 dias de ser amigos Obokaman namorouse de Arale, pero non se atreve a dicirllo. Unha vez que llo dixo, Arale quedou sen robovitamina A e non o escoitou. Logo de recuperarse, Obokaman nunca se sentiu capaz de dicilo pero quere dicirllo dalgun xeito. Ten un rival, Petisco, que se namorou de Arale a primeira vista.
  • Familia Gorila : Unha familia de gorilas amigos de Arale e os demais. Unha vez confundiron a Sembei co seu pai, que crian que morrera, pero estaba pechado nun sitio e Arale salvouno. A gorila mama ten 38 fillos pequenos e 1 grande.
  • Caca : Caca que e boa amiga de Arale. Esta sempre lle fai "Txun, Txun"
  • Tsururin Tsun : Unha moza chinesa con poderes sobrenaturais. Taro esta namorado dela, pero se a toca o mozo ou ela tocao perde os poderes. Ela mide case o mesmo que Arale.
  • Tsukutsun Tsun : Irman mais novo de Tsururin (pero moito mais alto que ela) e noivo de Akane. Se lle toca unha moza de verdade se tranforma nun tigre, e so volve ser humano cando lle toca un mozo de verdade.
  • Senores Tsun : Pais de Tsururin e Tsukutsun. O pai conxenia ben con Sembei xa que son caracteres parecidos (ambolos dous son pervertidos), e tamen e inventor, ainda que non tan orixinal como Sembei. A sua muller ten nome de coche, e non soporta as porcalladas do seu marido.

Os superheroes [ editar | editar a fonte ]

  • Ultraman e unha parodia do superheroe xapones, que en realidade e un neno estrano e con superpoderes, que vai a escola con Arale e por un ou outro motivo sempre esta a hora en que amanece en Vila Pinguin, pouco antes de que o sol bocexe e que dous corvos tolos digan algo.
  • Suppaman e unha parodia do Home de Aceiro de DC Comics , que voa pero prefire trasladarse en patineta . Ainda que moitos superheroes non necesitan de ningun tipo de transformacion antes de actuar, el si a require. E un home baixo con lentes que viste un supertraxe debaixo da sua roupa ao igual que Clark Kent , pero en vez de ter un cartafol cheo de notas de reporteiro, carga as costas unha mochilina de coiro onde leva un frasco de osos de pexego e cartuchos de dinamita. Arale admirao xa que sempre esta disposto a castigar o mal, a loitar pola xustiza e a voar a todo aquel que se burle del.
  • Ao igual que Suppaman, Panzan e o axente secreto foron construidos en base a un sistema de parodia. Un e o "insuperable e poderoso Rei da Selva ", ainda que en realidade non e insuperable, xa que Arale sempre o vence. E o outro e o superaxente secreto que en realidade e un "super-recolector" e un axente de salubridade.

Vila Pinguin [ editar | editar a fonte ]

Vila Pinguin e a vila ficticia onde transcorren a maioria das historias do Doutor Slump.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Situado nunha illa ficticia, chamada Gengoro ( ゲンゴロウ島 Gengor? T? ? ) , de terreo montanoso. Leva unha mestura de riscos xaponeses e tropicais. Conta cunha estacion de policia, un banco, unha escola (onde non se estuda, so se asiste), un hospital, un zooloxico, unha cafeteria, unha barberia (onde traballa a familia Soramame ) e outras tendas comerciais; ademais das vivendas.

A sua poboacion fixa e de 50 habitantes e outros tantos ocasionais. Poboado por humanos e animais humanoides . Tamen se poden encontrar animais con caracteristicas prehistoricas e outros tipos de humanoides (inclusive o Sol, a Lua e a Terra chegan a aparecer como humanoides).

A musica [ editar | editar a fonte ]

Ainda que se emitiron as cancions orixinais en galego que aqui se indican durante a estrea da serie, na sua reemision nos noventa estas foron obviadas.

Inicio [ editar | editar a fonte ]

  • Inicio 1 (Son Arale!)

"Son Arale o meu segredo e ser robot.
Con bitbitbitbitbit chea estou de chips.
E cos meus circuitos que son tan bos.
Vinde a Vila Pinguin a vivir con nos.
O sol limpa os dentes e o porco e falador.
O Doutor Slump aqui esta, e un home xenial.
..."

Final [ editar | editar a fonte ]

  • Final 1 (Are Are Arale)

"Nenos adeus, ata mana!
Durmide ben, ben, bin, ban, bun, bun .
Prometovos, que hei voltar.
Co Doutor Slump.
Aqui esta Taro, mais Akane e o Doutor tamen.
Eu pinteinos porque estan no meu corazon.
..."

Dobraxe [ editar | editar a fonte ]

  • Estudio:
  • Elenco da dobraxe:
Personaxe Dobraxe o galego Voz orixinal xaponesa
Doutor Slump Anton Rubal (eps. 1-25) / Gustavo Pernas / Andres Bellas Kenji Utsumi
Arale Marica Figueiras Mami Koyama
Sopaman Fermin Encinar / Xose Manuel Rodriguez Tesho Genda
Taro Soramame Cesar Cambeiro / Sergio Rodriguez Toshio Furukawa
Akane Kimidori Teresa Santamaria Naomi Jinbo
Midori Yamabuki Luisa Merelas Mariko Mukai
Director da Escola Joaquin Lens Tetsuo Mizotori
Pesuke Soramame Carolina Vazquez Naomi Jinbo
Tsukutsun Tsun ? Shigeru Chiba
Tsururin Tsun ? ?
Tsuruten Tsun Tuto Vazquez ?

Transmisions [ editar | editar a fonte ]

En Cataluna , a television autonomica catala TV3 foi a primeira en emitir esta serie en catalan , a mediados da decada de 1980. Tamen a emitiu a television autonomica valenciana Canal 9 , a television publica vasca ETB 1 en euscaro e en Galicia a Television de Galicia en galego emitiuna por vez primeira sobre o ano 1986, e entre finais de 1995 e principios de 1999 foi reemitida asiduamente.

En America do Sur, a canle arxentina Magic Kids pasou varios capitulos desde finais do 2001 a mediados 2005 , e retransmitiu uns cantos antes da sua bancarrota en 2006 . En Chile , a serie foi emitida por Mega , logo Chilevision durante o seu programa Tigritos , UCV TV no seu programa Pipiripao (ultima etapa) e a canle de cable etc...TV . En Mexico , o Canal *5 deu unha repeticion dos seus capitulos no 2005, a cal non durou moito e foi substituida por outra animacion.

En Hong Kong , a serie de anime emitiuse por primeira vez na canle de television de Hong Kong, TVB, na decada de 1980. A serie de anime volveuse a emitir en TVB J2 entre finais da decada de 2000 e principios da decada de 2010. Alguns dos episodios non foron traducidos e emitidos durante a primeira emision do programa, ata que en 2011 eses episodios finalmente foron traducidos e emitidos en TVB J2, pero nunha franxa horaria nocturna. [ 1 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "「曳曳」 博士" . Singtao Daily (en chines) . 2011-05-03.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]