한국   대만   중국   일본 
O carballo na cultura popular galega - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O carballo na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O carballo e a arbore simbolo de Galicia, e tamen a mais sagrada de todas, o mesmo que ocorre noutras culturas atlanticas e celtas . Arredor de toda Europa occidental o carballo considerase arbore sagrada: e a arbore por excelencia de Inglaterra , de Alemana e do Pais Vasco . Ademais, as carballeiras tinan unha importante funcion social, nelas reuniase a xente, celebrabanse festas, feiras e magostos. (Ver artigo: carballo (simbolismo) .

Carballo en Sarria

Simbolo de forza e pureza, de sombra proveitosa, libran de doenzas contaxiosas (por exemplo ranandose contra del para sandar a sarna ou rana) a quen as padece e posuen numerosas propiedades salutiferas; tenen pois a capacidade de sandar os doentes, especialmente aos cativos, aos que se lles fai pasar a traves dunha fenda que as carballas vellas, despois de perder a cerna poden ter no tronco , xa que no seu interior agochan as "pedras do raio", xa que os carballos agochan o raio no seu seo. Outra opcion e que o doente pase por entre duas gallas que fagan forquita ou por duas partes dunha pola que se fende adrede e se ata despois para ver se liga ou non, que sera sinal de que cure ou non cure. Na Bretana , de xeito semellante a tradicion galega diciase que carballos e acineiras tinan a propiedade de sandar as persoas faltas de saude que deixaban as roupas penduradas das polas.

Os carballos, en xeral, curan ademais os meigallos e o arangano.

Locucions [ editar | editar a fonte ]

  • Ser mozo coma un carballo : robusto, vigoroso, fuerte. [ 1 ] .

Refraneiro [ editar | editar a fonte ]

  • A bo porco, boa landra [ 2 ] .
  • A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano [ 3 ] .
  • Ano de landras, ano de graxas [ 3 ] [ 4 ] .
  • Cando a carballeira zoa, sabe ben a broa .
  • En xaneiro, mellor carballo que castineiro .
  • O mais ruin porco topa unha boa landra [ 2 ] .
  • O pior porco come a millor landra [ 2 ] .
  • Santiago manda o pan, san Miguelino manda o vino, san Francisco manda a landre e san Andres o toucino .
  • Sempre un porco ruin atopou unha belota boa [ 5 ] .

Cantigueiro [ editar | editar a fonte ]

Carballeira en Lalin
  • A carballeira do Outeiro/ heina de mandar cortar,/ que cando vou pra ribeira/ quita a vista do lugar [ 6 ] .
  • A Carballeira do San Xusto,/ ten o lado unha xesteira/ onde hei de botar a noite/ cunha mocina solteira .
  • A Santa Virxe do Viso/ tan alta se foi a por,/ entre toxos e carqueixas,/ carballinos darredor [ 7 ] .
  • Adios, Outeiro querido,/ contento da mina vida;/ cantos paseios eu dei/ pola carballeira arriba [ 8 ] .
  • Antonino, se te fores,/ deixame unha relembranza:/ en cada carballo verde/ un ramino de esperanza [ 9 ] .
  • Boteiche unha, boteiche outra/ por riba dun carballino,/ que tu non has de negar/ que es filla dun paxarino [ 10 ] .
  • Bugallos nun castineiro/ foi cousa que nunca vin;/ gabacheste que te quixen/ i eu nunca te pretendin [ 11 ] .
  • Cando o rio for pra riba/ i os carballos deren uvas/ han de ser homes de ben/ os homes das barbas rubias [ 12 ] .
  • Cando o rio fose enriba/ e os carballos deren uvas/ han de ser homes de ben/ os homes de barbas rubias .
  • Carballeira de San Xusto,/ carballeira derramada,/ naquela carballeirina/ perdin a mina navalla [ 13 ] .
  • Carballeira de San Xusto,/ carballeira enramada,/ naquela carballeirina/ perdin a mina navalla [ 14 ]
  • Carballeira de San Xusto/ moitos arrodeos ten,/ se non fora polos Santos/ ala non iba ninguen .
  • Carballeira do San Xusto,/ Carballeira do San Xusto,/ naquela carballeirina/ hei de beilar o meu gusto .
  • Carballeira do San Xusto,/ carballeirina famosa,/ naquela carballeirina/ perdin eu a mina rosa .
  • Carballeira de San Xusto,/ naquela carballeirina/ hei de bailar o meu gusto .
  • Carballo verde na serra/ auga fria non consente;/ o que me ha po-la mau/ hama de por para xempre [ 15 ] .
  • Corre, Maruxina,/ corre Maruxeira,/ que ai ven teu pai/ pola carballeira [ 16 ] [ 17 ] .
  • Das bugallas fago contas/ e coelas rezo as escuras;/ oh, morte, que tanto tardas!/ oh, vida, que tanto duras! [ 18 ] .
  • Do outro lado do rio/ ten meu pai un castineiro;/ pensa que lle tira as rolas/ e tiralle aos carballeiros [ 19 ] .
  • Indo pra feira da Ponte/ atopei un carballino,/ atopei demos te leven/ metidos nun buratino [ 20 ] .
  • Manoel, ¿que estas facendo/ debaixo da carballeira?/ -Estoulle facendo o amor/ a unha rapaza solteira .
  • Maria berrou con Chuco/ na carballeira de abaixo,/ porque lle picaba un toxo/ que levaba no refaixo .
  • Menina, peina o cabelo,/ que peinado parez ben,/ se non hai tranzas na feira,/ os carballos vergas ten [ 21 ] .
  • Mina Virxe da Peneda/ que tan alta se foi por,/ entre toxos e penedos,/ carballinos darredor [ 22 ] .
  • Mina Virxe da Subreira/ e amiga da goteira;/ ponenlle o carballo a porta,/ heille planta-la videira [ 23 ] .
  • Nunca vin carballo torto/ bota-la rama direito;/ nunca vin home casado/ trague-la barba ben feita [ 24 ] .
  • O carballo caille a folla/ i o castineiro o ourizo;/ as mocinas, as de agora,/ todas andan ao castizo [ 25 ] .
  • O carballo caille a folla/ i o castineiro o ourizo;/ as mocinas de Gaias/ todas ten o tortorizo [ 26 ] .
  • O carballo caille a folla/ i o castineiro o ourizo;/ as mocinas que hai agora/ todas lles da o tortorizo [ 25 ] .
  • O carballo caille a folla/ i ourizo non a ten;/ as mocinas que hai agora/ moi pouca vergona ten [ 25 ] .
  • O carballo cando nace/ nas follas ten mil enredos;/ o galan pra namorar/ nunca ten os ollos quedos [ 27 ] .
  • O carballo da Chainza,/ ten tres carros de madeira:/ un e meu, o outro e teu/ o outro de quen o queira [ 28 ] .
  • O carballo da Chainza,/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha manan de xiada [ 29 ] .
  • O carballo da Portela/ ponselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella [ 30 ] .
  • O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mana de xiada [ 25 ] [ 31 ] .
  • O carballo da Portela,/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento,/ unha noite de xeada .
  • O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un e meu e outro e teu,/ outro e de quen o queira [ 32 ] .
  • O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha [ 25 ] .
  • O carballo ten a folla/ i a nogueira non a ten;/ agora xa eu conezo/ a muller de “Val quen ten” [ 25 ] .
  • O crego cando vai fora/ leva a Marica na mula,/ na primeira carballeira/ parecelle a albarda dura .
  • O crego de Escravitude/ leva a criada na burra,/ na primeira carballeira/ dalle unha sacudidura [ 33 ] .
  • O rio cando vai cheo/ leva carballos e follas,/ tamen debia levar/ as lingoas mormuradoras [ 34 ] .
  • O rio cando vai cheo/ leva carballos e follas;/ tamen podia levar/ as lengoas marmuradoras [ 35 ] .
  • O rio cando vai louro/ leva cascas de carballo/ pra lle lava-la camisa/ ao meu amante Cesareo [ 35 ] .
  • Os mocinos, os de agora,/ todos son escopeteiros;/ pensan que tiran aos coellos/ e tiranlle aos carballeiros [ 36 ] .
  • Se ti viras o que eu vin,/ indo pola carballeira,/ vinte e cinco xastres xuntos/ cosendo nunha monteira .
  • Sei que casou Xan de Fiz/ con unha boa rapaza,/ as veces un porco ruin/ atopa unha boa landra [ 37 ] .
  • Senor San Benito novo,/ amigo da goteirina,/ ten os carballos a porta,/ mandou por a videirina [ 38 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. mozo .
  2. 2,0 2,1 2,2 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. porco .
  3. 3,0 3,1 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. landra .
  4. Real Academia Galega 1913, s. v. ano .
  5. Porque a peor xente e a que mais sorte ten. Elixio Rivas Quintas (1978).
  6. Xaquin Lorenzo Fernandez, 29. Outeiro e un toponimo moi frecuente, imposible de identificar.
  7. Xaquin Lorenzo Fernandez, 46. Ademais da Virxe do Viso, en Redondela, hai moitos outros lugares con este nome. As cantigas que recolle Xaquin Lorenzo na Limia Baixa refirense a ermida de Nosa Senora do Viso, na parroquia de San Vicente de Lobeira .
  8. Xaquin Lorenzo Fernandez, 31.
  9. Xaquin Lorenzo Fernandez, 42.
  10. Xaquin Lorenzo Fernandez, 54. No orixinal: boteiche, de un, es .
  11. Xaquin Lorenzo Fernandez, 54.
  12. Xaquin Lorenzo Fernandez, 56. O refraneiro recolle moitos exemplos da consideracion negativa dos "homes de barbas rubias", como tal: " Librate Deus de home de bigote loiro, de can rabeno e de home pequeno ", ou " Home de barba rubia, unha che di, outra che cuida ".
  13. A carballeira de San Xusto atopase na parroquia de San Xurxo de Sacos ( Cerdedo-Cotobade ).
  14. Xaquin Lorenzo Fernandez, 257.
  15. Xaquin Lorenzo Fernandez, 59. No orixinal: pola .
  16. Fermin Bouza Brey 1929, 174. No orixinal: ahi ven, pol-a .
  17. Xaquin Lorenzo Fernandez, 66. No orixinal: curre, ala ven .
  18. Xaquin Lorenzo Fernandez, 66.
  19. Rolas ou rulas. Xaquin Lorenzo Fernandez, 72.
  20. A feira da Ponte celebrabase o 22 de cada mes no lugar da Ponte Linares (tamen chamada A Feira Nova), na parroquia de Santiago de Guin, no concello de Bande . Xaquin Lorenzo Fernandez, 90.
  21. Xaquin Lorenzo Fernandez, 96. Xanquin Lorenzo explica que as tranzas son as fitas e cordons que se vendian nas feiras para atar o pelo.
  22. Xaquin Lorenzo Fernandez, 103. Refirese o Santuario portugues de Nosa Senora da Peneda, en Arcos de Valdevez, moi proximo a fronteira con Espana.
  23. Nosa Senora da Sobreira e padroeira de Ferreiros , lugar da parroquia e concello de Entrimo . Xaquin Lorenzo Fernandez, 103. No orixinal: plantala .
  24. Xaquin Lorenzo Fernandez, 114. No orixinal: botala, traguela .
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 25,4 25,5 Xaquin Lorenzo Fernandez, 116.
  26. Xaquin Lorenzo Fernandez, 116. Tortorizo e mareo por andar dando voltas, pero pode facer alusion a unha enfermidade das ovellas, chamada teo , caracterizada por movementos circulares continuos.
  27. Xaquin Lorenzo Fernandez, 118.
  28. A Chainza e lugar da parroquia do Obre , do concello de Noia . Alvaro das Casas, Nos 95, 15.11.1931, 216. No orixinal: Chainza , ten , e teu .
  29. Alvaro das Casas, Nos 94, 15.10.1931, 192. No orixinal: Chainza , manan .
  30. Xaquin Lorenzo Fernandez, 116. No orixinal: de il, de unha . Non e posible saber a que Portela se refire, pero hai un carballo excepcional chamado "Carballo do Campo", no lugar da Portela , parroquia de Sabaxans, no concello de Mondariz , incluido dentro do Catalogo de Arbores Senlleiras de Galiza desde 2011. A arbore ten unha altura de 35,80 m e un diametro do fuste de 3,75 m (a 1.30 m de altura [1] .
  31. Fermin Bouza Brey 1929, 162. No texto: manan .
  32. Fermin Bouza Brey 1929, 162. Recollida en Vilagarcia, onde o Nomenclator non recolle ningun lugar con ese nome.
  33. Fermin Bouza-Brey 1929, 195. No orixinal: Esclavitude .
  34. Fermin Bouza-Brey 1929, 192. No orixinal: lingoas .
  35. 35,0 35,1 Xaquin Lorenzo Fernandez, 123.
  36. Xaquin Lorenzo Fernandez, 125.
  37. Xaquin Lorenzo Fernandez, 143.
  38. Xaquin Lorenzo Fernandez, 145.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]