한국   대만   중국   일본 
O can na cultura popular galega - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

O can na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Can de palleiro .

A seguir recollese a pegada que deixou o can na cultura popular galega , na etnografia e na literatura de transmision oral.

Supersticions [ editar | editar a fonte ]

Cinamomo, arbore da rabia ou arbore de Santo Outel

Conta Eladio Rodriguez [ 1 ] que en Galicia tinan panico dos cans doentes (enfermos de rabia ), motivo polo que, cando aparecia un, xuntabanse axina os homes armados con paus, fouces e outros apeiros de labranza para darlle caza e matalo. Cando alguen resultaba mordido, levabano a unha fonte e se na auga do pio se reflectia a figura da cabeza dun can era sinal de que estaba infectado.

Santo Outelo ou Eutelo e o santo avogoso para protexer e curar as xentes que foron trabadas por un can doente ou sospeitoso de selo. De feito, o cinamomo ( Melia azedarach ) chamase tamen arbore da rabia e arbore de Santo Outel porque se considera que cura a enfermidade mediante unha infusion feita coa casca, as follas e as flores e o rezo de ensalmos coma estes [ 2 ] :

  • Can da rabia,/ tente en ti,/ que o San Alauterio/ esta no medio de min e de ti .
  • Detente, can doente,/ como Dios se tuvo en si./ San Outelino bendito/ no medio de min e de ti .

Ramon Cabanillas escribiu un poema sobre O can da rabea , que inclue estes versos:

Supeto, un can que babeando acora
prantase na cancela, a lengoa fora
y-o mirar abravado y-encendido
O vel-o erguese o mozo decontado
e collendo a rabela d'un arado
ponse a berrar: ¡Un can adoecido!

...

O brincar un valino d-un ruleiro
tiralle un mozo as pernas un fungueiro
y-o ferido animal cai dando rolos
Outro mozo, no istante, erguendo o sacho
tan ben lle acerta que o fenderlle o cacho
pol-o camino vertense os miolos .
Ramon Cabanillas [ 3 ]

Animais fantasticos [ editar | editar a fonte ]

Existen certas aparicions fantasticas protagonizadas por cans [ 1 ] :

  • Can branco : vision fantastica que se aparece de noite nos caminos e que mira tristemente a quen se atopa. Ainda asi, crese que e de bo agoiro.
  • Can negro : aparicion fantastica en forma de can de cor negra, que se aparece nos caminos. Considerase de mal agoiro.
  • Can do mar : ser fantastico con forma de can grande e negro, que sae do mar oubeando furiosamente.
  • Cadela das tetas longas : ser fantastico que aparecia durante a noite anunciando a morte. Tina a forma dunha cadela branca cunhas mamas que case lle arrastraban polo chan e botando lapas de lume pola boca. Por veces era tan grande coma un cabalo e podia partirse en duas metades. Tan pronto ladraba coma un can que beaba coma un carneiro, grallaba coma un corvo ou choraba coma unha carpideira nun enterro.

Lexico [ editar | editar a fonte ]

Tipos de cans
  • Can coenlleiro : o especializado na caza do coello.
  • Can danado : can doente.
  • Can de axuda : can de defensa do seu amo.
  • Can de busca : can de caza.
  • Can de caste : can de raza, non cruzado.
  • Can de caza : can que se dedica a cazar.
  • Can de gando : can de gran tamano, que vai co gando o monte para defendelo dos ataques do lobo.
  • Can de montana : ver can de gando'.
  • Can de palleiro : can do pais, que adoitaba dormir no palleiro, e de ai o seu nome.
  • Can do mar : peixe da familia das quenllas.
  • Can doente : can enfermo de rabia
  • Can faldreiro : can de pequeno tamano, que adoita estar nas faldas das mulleres.
  • Can grande : antiga moeda de dez centimos de peseta, tamen chamado patacon .
  • Can guicho : can perdigueiro.
  • Can ladrador : can que ladra moito e frecuentemente.
  • Can lebreiro : especializado na caza de lebres e coellos.
  • Can maior ( Canis Major ): constelacion que comprende a estrela Sirio, a mais brillante do ceo nocturno da Terra.
  • Can menor ( Canis Minor ): constelacion austral, formada so por duas estrelas.
  • Can ovelleiro : can especializado a pastorear ovellas.
  • Can pequeno : moeda de cinco centimos de peseta, tamen chamada cadela.
  • Can perdigueiro : raza de cans de grandes orellas, especializado na caza de perdices.
  • Can rabeno: can o que lle cortaron o rabo total ou parcialmente.
  • Can raposeiro : can especializado na caza do raposo.
  • Can sen dono : can vagabundo, que anda errante polos caminos.
  • Can ventador, can venteador : can de caza que segue a esta polo olfacto.
O can como metafora
Cadela de frade
  • Cadela : moeda de pouco valor;
  • Cadela : fig. muller de xenio vivo, que se alporiza por nada.
  • Cadela : pan pequeno feito coa masa sobrante.
  • Cadela : lorcho bravo.
  • Cadela, cadelucha : nome xenerico de diferentes moluscos.
  • Cadela da verdura : verme da col ( Helicoverpa armigera ).
  • Cadela das patacas : verme que ataca as patacas .
  • Cadela de cen patas : cempes .
  • Cadela de frade : forcadela, rapacarallas ( Forficula auricularia ). Crese que e quen de meterse polo oido da xente ata perforar o timpano e poner os ovos no fondo do conduto auditivo [ 4 ] .
    • Cadela de faldras, cadela dos frades, cadela faldrexa .
    • Cadela lareta, cadela lavada : ver cadela de frade .
    • Cadelina do demo : ver cadela de frade .

Locucions [ editar | editar a fonte ]

  • A paso de cadela : a paso lixeiro, rapido [ 5 ] .
  • Apupar a un como un can : perseguir a un con insultos e burlas [ 1 ] .
  • Atar os cas con longainzas : dise cando se promete algo imposible, para enganar a alguen [ 6 ] .
  • Botar os cans a un : recibir mal a unha persoa, con berros e malos xestos, botarlle fora [ 1 ] [ 4 ] .
  • Botarlle un can a un : ver botar os cans .
  • Cara de can : dise da persoa fea, que ten cara de poucos amigos, que pon mal xesto, que e antipatica [ 1 ] [ 4 ] .
  • Carinento coma un can : moi carinoso, docil, obediente.
  • Coma cas e gatos : ver levarse coma o can e o gato .
  • Comer coma o can dos gardas : comer moito [ 7 ] .
  • Como can con vincha o rabo : dise de quen marcha fuxindo, corrido e avergonzado.
  • Como ir a caza sin can : facer algo por perder o tempo.
  • Contarlle os pelos a un can : pretender algo que resulta imposible conseguir. Tamen se aplica a alguen que e moi espelido.
  • Correr a un coma un can : acosar a alguen, perseguilo.
  • Despertar o can que dorme : equivale a buscar tres pes o gato.
  • Facer como os cans grandes cos pequenos : ignorar os ataques ou criticas daqueles a quen se considera inferior ou mais debil.
  • Fame de can : fame grande
  • Ir os cans onde non os chaman : dise de quen se entromete onde ninguen o chama, nin lles importa nada [ 8 ] .
  • Levarse como o can e o gato : estar rifando permanentemente, levarse mal con outro [ 4 ] .
  • Meter os cas na bouza : sementar xoio entre uns e outros, levantar inimizades entre uns e outros, para que sexan os outros os que actuen e sen tomar partido por ninguen [ 1 ] [ 4 ] [ 8 ] .
  • Morrer adoecendo coma un can : morrer desesperado, entre fortes dolores.
  • Morrer como un can : morrer na miseria, no mais absoluto abandono, sen que ninguen o coide nin se compadeza [ 1 ] [ 4 ] .
  • Non hai can que o roa : aplicase a algo insoportable, incrible ou que ninguen pode entender.
  • Non parar nin os cans : dise cando vai un frio intenso.
  • Non quedar can tras palleiro que non cachease: dise tras escudrinar atenta e minuciosamente un lugar.
  • ¡Non teno nin cadela ! : dio quen non ten un pataco [ 1 ] .
  • Non valer o que o rabo dun can : non valer nada unha cousa, non ter en consideracion a alguen [ 1 ] [ 4 ] .
  • ¡O meu can pillou unha mosca! : dise cando ocorre algo pouco habitual ou cando alguen acerta algo por pura casualidade ou propon unha solucion que resulta obvia ou xa proposta por outro [ 1 ] [ 9 ] .
  • Parecer un can sin dono : dise da persoa que anda e vive soa, que carece de amigos [ 1 ] [ 4 ] .
  • Pasar vida de can : vivir con grandes traballos e privacions [ 1 ] .
  • Pelexar os cas pola carniza : dise das leas entre os politicos, entre os membros da curia, entre os herdeiros [ 8 ] .
  • Poner a un coma un can : insultar a alguen, ofendelo [ 1 ] .
  • Ponerse feito un can : alporizarse moito, enfadarse [ 1 ] .
  • Resultarlle un can calzado : dise de quen levou un chasco, ou que resultou burlado [ 1 ] .
  • Sairlle [a alguen] o can sen rabo : levar un chasco [ 8 ] .
  • Se fora un can mordiate : dise cando alguen esta buscando algo que ten diante e non o ve.
  • Ser un can ceboleiro : dise de quen nunca rexeita unha invitacion e come ali onde o inviten [ 10 ] .
  • Ser un can das merendas : ver Ser un can merendeiro [ 11 ] .
  • Ser un can merendeiro : dise de quen vai de casa en casa levando contos, e faino aproveitando as horas nas que resulta probable ser convidado a comer algo sen ter que pedilo [ 1 ] [ 4 ] .
  • Ser un can sin dono : dise de quen leva unha vida desordenada e sen que ninguen o controle [ 8 ] .
  • Ser un can vello : dise de quen, por idade e experiencia, portase con cautela e precaucion, sendo imposible enganalo [ 1 ] .
  • Ser can vello no lugar : aplicase a quen sabe todolos andares de todolos vecinos dun lugar.
  • Ter carne de can : ter unha persoa moito aguante ou resistencia.
  • Tratar a un coma un can : maltratar a alguen, tratalo con desprezo [ 1 ] .
  • Volver o pasado, como o can o trousado : reincidir nalgun vicio ou falta, como o can que volve a comer o que acaba de vomitar [ 1 ] .

Refraneiro [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Refraneiro galego sobre o can .
  • Amigos, coma o can e o gato .
  • As veces ruin cadela roe boa correa .
  • Cando o can quer a cadela, ofrecelle farela .
  • De can, cadela; e de cadela, can .
  • De coxo e can rabelo, librenos Dios como do demo .
  • Dous lobos a un can, ben o comeran .

Cantigueiro [ editar | editar a fonte ]

  • A porta de cas te mordan,/ malos gatos te rabunen,/ que vena un boi que te escorne/ i a morte que te apatule [ 12 ] .
  • A sogra da mina irma/ ten un xenio de cadela;/ mina irmancina querida/ vas pasar a vida negra [ 13 ] .
  • Almendrinas nas orellas/ tamen as ten o meu can;/ cando vai atras das lebres/ xempre pensa que lle can [ 14 ] .
  • Andas abaixo i arriba,/ pensas que ninguen cho sabe;/ sabecho Dios, todo o mundo/ e tamen o can do abade [ 15 ] .
  • Andas de abaixo pra arriba,/ coidas que ninguen cho sabe;/ sabeo Dios e todo o mundo/ e a cadela do abade [ 16 ] .
  • Aquela vella/ porque era vella/ quer que lle fagan/ a cama de pedra/ i a cabeceira/ un can polo rabo/ pra cando esperte/ que bote un trago [ 17 ] .
  • Asubiasme de lonxe/ como a can que anda perdido;/ eu non son can de palleiro/ que entenda por asubio [ 18 ] .
  • Calate, vaite calando,/ cara de cinta marela,/ que te teno retratado/ no cu da mina cadela [ 19 ] .
  • Cando non hai que facer/ ¿que faran os catalans?/ Andaran pola ribeira/ tirando pedras aos cans [ 20 ] .
  • Cando non hai que pescar/ ¿que faran os catalans?/ Andaran pola ribeira/ tirando pedras os cans [ 21 ] .
  • Chamachesme cachorrino,/ mais eu non mordo a ninguen,/ que se ladro a tua porta/ e porque che quero ben [ 22 ] .
  • Como queres que te queira/ se me perdiche o amor?/ No monte o can vai chorando/ que perdeu ao seu senor [ 23 ] .
  • Dime, por Dios, Catelina,/ quen te meteu nistes tratos;/ o teu pai e carpinteiro,/ foxenlle os cas cos cabacos [ 24 ] .
  • Dime por Deus, Mariquina,/ ¿Quen te meteu neses tratos?/ Teu pai e mal carpinteiro,/ Foxenlle os cas cos cabacos [ 25 ] .
  • Ei vai Luisa de Guinio,/ corre coma unha cadela,/ busca-los dentes do burro/ pra faguer unha peineta [ 26 ] .
  • Este pandeiro que toco,/ este que teno na man,/ este pandeiro que toco/ e de pelexo de can .
  • Eu pedinlle o Maio/ a un capitan,/ non me tuvo que dar/ mais qu’a cabeza dun can .
  • Eu teno un can de palleiro/ que de noite anda ceibado,/ ten coidado, Maruxina,/ Maruxina ten coidado [ 27 ] .
  • Eu teno un cansino/ que baila abofe,/ que baila a muineira/ na punta dos pes,/ na punta dos pes,/ da un brinco pra tras/ e tocalle as cunchas/ no chascarraschas [ 28 ] .
  • Inda che hei de botar unha/ por riba dunha cancela,/ que tu non has de negar/ que es filla dunha cadela [ 29 ] .
  • Indo por ali abaixo/ troquei un can por un galgo;/ a sangre toda e bermella,/ quen ten dineiro e fidalgo [ 30 ] .
  • Iste pandeiro que toco/ e da pelica dun can/ que me morreu de morrina/ a porta dun sancristan [ 31 ] .
  • Ladran os cas na carreira,/ ladran os cas, alguen ven,/ os mozos desta outra noite/ quedaron vir polo pe [ 32 ] .
  • Ladran os cas na carreira,/ ladranlle non sei a quen,/ son os mozos de onte a noite/ quedaron de vir e ven [ 33 ] .
  • Meu sinor Santo Tome,/ sodes un santo moi bo,/ pois sodes can polo "to"/ e carneiro polo "me" .
  • Na mina vida tal vin/ nesa aldea de Serans:/ unha cadela con pitos,/ unha galina con cans [ 34 ] .
  • No nabal do meu sogro/ acitaronme os cas/ e saiu a mina sogra/ cunha chanca na mau;/ coa chanquina na mau/ i o zapato no pe;/ ela a min tenme rabia,/ eu ben sei por que e [ 35 ] .
  • No portal do meu sogro/ apurraronme os cans/ e saleu mina sogra/ cunha tranca na man [ 36 ] .
  • O can, o can,/e maila cadela,/roeulle as enaguas/a sena Manoela [ 37 ] .
  • O home de neno e rei/ e de mozo capitan,/ de casado pasa a burro/ e de vello queda en can [ 38 ] .
  • Ollos blancos, ollos negros,/ tenos a mina cadela/ para ir corre-los coellos/ nos montes de Paradela [ 39 ] .
  • Os mocinos de Gaias/ vedelos acola van:/ os pequenos antre os grandes/ levan o paso do can [ 40 ] .
  • Pasei pola tua porta,/ tropecei con mal camino,/ cun can morto que ladraba/ metido nun buratino./ Vaite de ai, feiticeiro,/ non me venas atentar/ que mentira me parece/ que un can morto ha de ladrar [ 41 ] .
  • Pensaches por ser moi rica/ que xa me tinas seguro;/ tes un xenio de cadela/ i eu non nacin pra burro [ 42 ] .
  • Pola porta do tio Pedro/pasou o can do tio Miguel/cunhas polaininas novas/remontadas de burel [ 43 ] .
  • Por berrar ¡Viva San Roque!/ prenderon a meu irman./ Agora que xa esta solto:/ ¡viva San Roque e o can! [ 44 ] .
  • Por berrar ¡Viva San Roque!/ prenderon a meu irmau;/ agora que xa o soltaron/ vivan San Roque e o can [ 45 ] .
  • Sai de ei, can narigudo,/ sai, penachos de carneiro,/ sai, que te quero ver ben,/ pois eu non che teno medo [ 46 ] .
  • San Roman que en Roma estas,/ gardame de can doente e por danar,/ son morto de mal do atopo,/ son vivo do mor perigro,/ san Roman sexa comigo .
  • Se queres que vaia e vena/ de noite polo lugar/ manda cala-la cadela/ que non fai senon ladrar./ A cadela non a prendo/ porque non teno outro can;/ se non podes vir a noite/ ven mana pola mana [ 47 ] .
  • Se queres que vaia e vena/ de noite polo lugar/ manda cerrar a cadela/ que non fai sinon ladrar .
  • Se queres que vaia e vena/ de noite por o lugar,/ manda prender a cadela/ que non fai senon ladrar [ 48 ] .
  • Si queres, mina menina,/ que che vaia visitar/ manda prender a cadela/ que non fai senon ladrar [ 49 ] .
  • Si queres que vaia e vena/ menina o teu lugar/ has de prender a cadela/ que non fai senon ladrar [ 50 ] .
  • Teno andado moito a caza,/ nunca vin unha carriza:/ non sei se era dos cas,/ se era da mina perguiza [ 51 ] .
  • Teno un can - que se chama Jose/ que baila o fandango - coa punta do pe./ Teno un can - que veu da Marola/que baila o fandango - cunha perna sola [ 52 ] .
  • Teno un cancino que toca/ i outro que bailla moi ben,/ temos con que adivertirnos/ mina muller e mais eu [ 53 ] .
  • Teno un cansino na horta/ preso con unha cadea,/ a min tamen me prendeu/ aquela linda morena [ 54 ] .
  • Unha vella tina un can/ por baixo da cama onde ela dormia;/ cando a ella espertaba/ o can ladraba i a vella decia:/ “Malos raios che parta o can,/ que mal agradeces/ o pan que che dan” [ 55 ] .
  • Vaite a merda, vaite a merda,/ por riba dunha cancela/ inde che hei facer comer/ as tripas dunha cadela [ 56 ] .
  • Vaite de ai, carpinteiro,/ non me venas a tentar,/ como pode ser un can/ despois de moito ladrar [ 57 ] .
  • Vale mais quererlle a un can/ que a un home terlle amor;/ o can xempre garda a porta/ i o home xempre e treidor [ 55 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. can .
  2. Xesus Ferro Ruibal, 259.
  3. Cabanillas, Ramon: "O can da rabea", en Suevia nº 3, 5 de febreiro de 1916.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Real Academia Galega: Diccionario (1913-1928).
  5. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. cadela .
  6. Jose Maria Pereda Alvarez. No orixinal: langoizas .
  7. O colector engade que, coma os gardas civis ganaban pouco, o can que levaban estaba morto de fame e comia vorazmente cando conseguia algo.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Jose Maria Pereda Alvarez.
  9. Victoria Cervino Ferrin 2013.
  10. Anibal Otero Alvarez: Piquin .
  11. Elixio Rivas Quintas (1978).
  12. Xaquin Lorenzo Fernandez, 43.
  13. Xaquin Lorenzo Fernandez, 49.
  14. Xaquin Lorenzo Fernandez, 36. No orixinal: tamenas, o meu can . As almendrinas ou almendrillas son os pendentes e tamen os apendices carnosos que penduran do pescozo e orellas do porco e da cabra.
  15. Xaquin Lorenzo Fernandez, 39. No orixinal: can .
  16. Saudade nº 4, xullo 1943, 29. No texto: d’abaixo’ pr’arriba, ch’o .
  17. Xaquin Lorenzo Fernandez, 44.
  18. Xaquin Lorenzo Fernandez, 50. Paralela a can de palleiro e a denominacion de fillo de palleiro (ou fillo de tras do palleiro ) aplicada os fillos de solteira, sen pai reconecido.
  19. Xaquin Lorenzo Fernandez, 55. No orixinal: cu .
  20. Alvaro das Casas, 192. No texto: pol-a , cans .
  21. Lino Lema Bouzas, 14.
  22. Xaquin Lorenzo Fernandez, 62.
  23. Xaquin Lorenzo Fernandez, 64. No orixinal: perdeu .
  24. Xaquin Lorenzo Fernandez, 70. No orixinal: quen, cas . Cabacos son trozos de madeira.
  25. Real Academia Galega (1913-1928), s. v. cabaco . No orixinal: meteo, n-estes, Fogenlle os cas c' os cabacos .
  26. Xaquin Lorenzo Fernandez, 73. No orixinal: ehi, buscalos .
  27. Alvaro das Casas, 215.
  28. Fermin Bouza Brey 1929, 186.
  29. Xaquin Lorenzo Fernandez, 89. No orixinal: es, de unha .
  30. Real Academia Galega 1913, s. v. bermello .
  31. Xaquin Lorenzo Fernandez, 90. No orixinal: de un, sacritan .
  32. Xaquin Lorenzo Fernandez, 90. No orixinal: ven, de esta .
  33. Xaquin Lorenzo Fernandez, 90. No orixinal: quen, ven .
  34. Fermin Bouza-Brey : "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsimile II], 188. No texto: vin , n-esa , cans . Serans e lugar de San Pedro de Muro pero a cantiga esta recollida en Palmeira (Ribeira).
  35. Xaquin Lorenzo Fernandez, 109. No orixinal: cas .
  36. Fermin Bouza Brey 1929, 192. No texto: cans, c-unha, man .
  37. No orixinal: O can, o can,/e mail-a cadela,/roeull'as enagoas/a sena Manoela .
  38. Xaquin Lorenzo Fernandez, 117.
  39. Xaquin Lorenzo Fernandez, 118. No orixinal: correlos . Refirese a San Xoan de Paradela de Abeleda , parroquia do concello de Porqueira , na comarca da Limia.
  40. Xaquin Lorenzo Fernandez, 125.
  41. Fermin Bouza Brey 1929, 200. No texto: pol-a, tua, c-un, n-un, ahi .
  42. Xaquin Lorenzo Fernandez, 131.
  43. Jose Perez Ballesteros I:43,50. No orixinal: Pol-a, d'o tio, pasou, c'unhas .
  44. Fermin Bouza Brey 1929, 188. No texto: can .
  45. Xaquin Lorenzo Fernandez, 134.
  46. Xaquin Lorenzo Fernandez, 140.
  47. Xaquin Lorenzo Fernandez, 146. No orixinal: calala, senon, nona, can, ven .
  48. Real Academia Galega (1913-1928), s. v. cadela .
  49. Fermin Bouza Brey 1929, 200.
  50. Fermin Bouza Brey 1929, 200. No texto: o teu lugar, a cadela .
  51. Xaquin Lorenzo Fernandez, 149. No orixinal: cas .
  52. Jose Perez Ballesteros I:140,16. No orixinal: co'a punta d'o pe. d'a Marola, c'unha .
  53. Xaquin Lorenzo Fernandez, 151. No orixinal: e mais .
  54. Fermin Bouza Brey 1929, 160.
  55. 55,0 55,1 Xaquin Lorenzo Fernandez, 160. No orixinal: can .
  56. Fermin Bouza Brey 1929, 182. No texto: a m... (por eufemismo), de unha .
  57. Fermin Bouza Brey 1929, 179. No texto: ahi .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • ANONIMO: Saudade. Verba Galega nas Americas , Mexico 1942-1953. Ed. facsimile do Centro do Ramon Pineiro 2008.
  • BOUZA BREY, Fermin : "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsimile II].
  • CASAS, Alvaro das (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filoloxico e Etnografico de Galiza", en Nos 95, 15.11.1931.* ANONIMO: Saudade. Verba Galega nas Americas , Mexico 1942-1953. Ed. facsimile do Centro do Ramon Pineiro 2008
  • CERVINO FERRIN, Mª Victoria : "Fraseoloxia e paremioloxia de Sebil, 2", en Cadernos de Fraseoloxia Galega 15, 2013, 441-462.
  • FERRO RUIBAL, Xesus (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos . Ir Indo, Vigo 1992.
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas marineiras . I Encontro de embarcacions tradicionais, Galicia 1993.
  • LORENZO FERNANDEZ, Xaquin : Cantigueiro popular da Limia Baixa , Galaxia, Vigo 1973.
  • OTERO ALVAREZ, Anibal : Vocabulario de San Jorge de Piquin , Verba anexo 7, Universidade de Santiago, 1977.
  • PEREDA ALVAREZ, Jose Maria : "Aportaciones lexicas y folkloricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª serie, VII-VIII, pp. 19?52.
  • PEREZ BALLESTEROS, Jose : Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruna 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.
  • REAL ACADEMIA GALEGA : Diccionario gallego-castellano , 1913-1928.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio : Frampas II, contribucion al diccionario gallego , Alvarellos, Lugo 1988.
  • Elixio Rivas Quintas: Frampas, contribucion al diccionario gallego , CEME, Salamanca 1978.
  • RODRIGUEZ GONZALEZ, Eladio : Diccionario enciclopedico gallego-castellano , Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • RUBINOS CONDE, Miguel : "Da roda para a piola: refrans e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxia Galega 15, 2013, 487-502.
  • SOBREIRA, Juan : Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tome, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
  • Juan Sobreira Salgado: "Vegetables de Galicia" seguido dunhas " Retractaciones" e duns "Documentos justificativos de la nomenclatura botanica gallega" (1790), ed. de J. L. Pensado Tome en Opusculos linguisticos del siglo XVIII , Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241?267.
  • SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refrans haxiocronoloxicos", en Cadernos de Fraseoloxia Galega 15, 2013, 347-370.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]