O Irixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaO Irixo
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  42°30′43″N 8°07′06″O  /  42.511944444444, -8.1183333333333 Coordenadas : 42°30′43″N 8°07′06″O  /  42.511944444444, -8.1183333333333
Estado Espana
Comunidade autonoma Galicia
Provincia Provincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
Capital O Irixo Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 1.391 (2023) Editar o valor em Wikidata (11,5 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 121 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 546 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organizacion politica
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataSusana Iglesias Nogueira (2023?) Editar o valor em Wikidata
Eleccions municipais no Irixo Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 32035 Editar o valor em Wikidata

O Irixo e un concello da provincia de Ourense , pertencente a comarca do Carballino . Segundo o padron municipal, en 2015 tina 1.600 habitantes (2.092 en 2003 ) .

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O concello, de 120 km² de superficie, abrangue 12 parroquias, e situase ao noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte cos municipios pontevedreses de Lalin e Dozon , ao sur cos de Boboras e O Carballino , ao leste co de Pinor e ao oeste cos de Forcarei ( Pontevedra ), Beariz e Boboras.

Esta situado ao pe da serra do Testeiro . Os solos son de granitos e xistos do precambrico , nos que a forte erosion provocou morfoloxia aplanada. Destaca o monte do Parano (800 m). Os bosques , matos e pastos ocupan mais do 80 % da superficie municipal. A presenza de carballos e castineiros nas valgadas minguou pola reforestacion de pineiros e eucaliptos , se ben os incendios forestais fixeron desaparecer moitas das plantacions, deixando en ocasions a rocha a vista. Nas zonas humidas e fluviais hai numerosos ameneiros , e nos lugares proximos ao tendido ferroviario hai acacias e mimosas , usadas para fixar os desmontes ocasionados pola construcion das vias. Existen tamen numerosas praderias naturais de secano, e zonas de matagueira nas que destacan o toxo , a uz e a xesta . Os solos son bastante pobres e acidos, sendo necesarios os fertilizantes e correctores para a agricultura .

Hidrografia [ editar | editar a fonte ]

No concello hai tres rios principais: Vinao, Pedrina e Lobagueira. Este ultimo, xunto co seu afluente Redondo, escavaron pequenos vales profundos ao discorrer por terreos abundantes en lousa, mentres que os dous primeiros discorren por solos de granito e formaron os amplos vales de Cusanca e Loureiro.

O rio Vinao , citado como Minao no Catastro de Ensenada , nace na parroquia de San Cosmede de Cusanca , nas altas fontes do Conde, e atravesa o val de Cusanca. No lugar das Campinas recibe as augas de varios regatos procedentes da Cruz da Grade. Recibe os nomes de rio Bulgallo en Zacarade e da Ponte de Xoan Loro en Carballal. Desemboca no rio Avia .

O rio Pedrina ou das Fontes nace nas fontes dos lugares de Amieiros, Lousado e Valduide, todos da parroquia de Loureiro , na aba sur dos montes da Madanela. Desemboca no rio Arenteiro logo de atravesar as parroquias de Cangues e Corneda. No seu curso hai numerosos muinos .

O rio Lobagueira e afluente do Vinao, e nace no monte Testeiro, xunto cos seus afluentes o Redondo e o Froufe. Cruzan as parroquias de Espineira, Froufe e Parada de Labiote.

Historicamente houbo rateos das augas para o regadio, conservandose documentacion da reparticion das augas da parroquia de Loureiro de 1854.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

A poboacion do concello esta diseminada en pequenas comunidades rurais, abranguendo 108 aldeas, xeralmente nas zonas mais baixas e a caron dos rios e das principais vias de comunicacion. O Irixo e un dos concellos mais avellentados de Galicia :

Censo total 1.600 (2015)
Menores de 15 anos 74 (4.62 %)
Entre 15 e 64 anos 732 (45.75 %)
Maiores de 65 anos 794 (49.62 %)
Evolucion da poboacion do Irixo   Fontes: INE e IGE .
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.787 6.685 6.357 4.350 2.033
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Acadou a sua maior poboacion en 1927 con 6.826 habitantes, mantendose aproximadamente esa cifra ate as decadas de 1960-70. A partir de enton houbo un forte descenso de poboacion, comun ao resto de municipios rurais da comarca, por mor da emigracion . Entre 1900 e 1960 esta dirixiuse principalmente cara a America , tanto do sur (a Arxentina, o Brasil, Venezuela e o Uruguai) como en menor medida ao norte (Mexico e os Estados Unidos). Entre 1960 e 1980 a emigracion pasou a ser cara paises de Europa, principalmente Francia, Alemana e Suiza. Existiu tamen emigracion interior cara as cidades de Ourense e Vigo , e dentro de Espana ao Pais Vasco , Cataluna e Madrid .

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Patrimonio [ editar | editar a fonte ]

A casa do concello tivo a sua sede primeiro nos lugares de Ponte lrixo e As Campinas, os dous na parroquia de Campo. O edificio actual foi construido en 1937 e remodelado en 1996.

Simbolos [ editar | editar a fonte ]

O escudo municipal esta partido e surmontado por coroa. No campo esquerdo, leva unha arracada en ouro sobre fondo azul. O campo dereito esta partido horizontalmente en dous; no campo superior hai un bidueiro na sua cor, lucindo doce ramas -seis por lado- coas follas respectivas en sinople; no campo inferior hai dous torsos de teixugos enfrontados tocandose coas garras dunha das suas patas dianteiras, en sabre. A coroa e de ouro, lucindo diversos esmaltes en goles e sinopie.

A arracada e un pendente de ouro de 18 quilates atopado en 1905 en Grota, entre os lugares do Cardedo e Menaz (parroquia de Campo), conservado no Museo de Pontevedra . O bidueiro fai alusion a sua madeira, pola importancia da artesania local de zocos e eixos de carros . As doce ramas e as follas respectivas indican as doce parroquias do territorio. O teixugo e un animal representativo do territorio. A coroa alude a antiga xurisdicion exercida en parte do territorio polo Conde de Monterrei .


Sendeirismo [ editar | editar a fonte ]

O Irixo conta cunha ruta homologada de sendeirismo: o PR-G 189 "Ruta dos castros do Irixo".

E unha ruta sendeirista lineal duns 6 km, entre Irixo de Arriba e Valdesoiro . Discorre polos lugares de Irixo de Arriba , Muino de Valcobo, Campo da Cruz, Igrexa de Santa Marina da Cida , Paredes , Os Casares e Valdesoiro . Unha variante achegase ata o Coto do Castro.

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Galeria de imaxes do Irixo .

Parroquias [ editar | editar a fonte ]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Irixo

Campo (Santa Maria) | Cangues (Santo Estevo) | A Cida (Santa Marina) | Corneda (Santiago) | Dadin (San Pedro) | Espineira (San Pedro) | Froufe (San Xoan) | Loureiro (Santa Marina) | Parada de Labiote (San Xulian) | Readigos (Santa Baia) | O Regueiro (San Pedro) | San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)

Lugares do Irixo [ editar | editar a fonte ]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello do Irixo vexa: Lugares do Irixo .

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]