Nosa Senora de Montserrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nosa Senora de Montserrat
Mare de Deu de Montserrat
Advocacion da Virxe Maria
Historia
Orixe da devocion c. 880 en Cataluna
Veneracion
Venerada en Igrexa Catolica
Festividade 27 de abril
Santuario principal Mosteiro de Santa Maria de Montserrat
Patroa de Cataluna

A Virxe de Montserrat (en catalan : Mare de Deu de Montserrat ), conecida popularmente como La Moreneta , e a patroa de Cataluna e unha das sete Patroas das comunidades autonomas de Espana . A imaxe venerase no Mosteiro de Montserrat , simbolo para Cataluna e un punto de peregrinacion para crentes e de visita obrigada para os turistas.

O 11 de setembro de 1881 , o papa Leon XIII declarou oficialmente a Virxe de Montserrat como patroa das dioceses de Cataluna. Concedeuselle tamen o privilexio de ter misa e oficios propios. A sua festividade celebrase o 27 de abril .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Segundo a lenda, a primeira imaxe da Virxe de Montserrat atoparona uns nenos pastores no ano 880 . Tras ver unha luz na montana, os nenos atoparon a imaxe da Virxe no interior dunha cova. Ao decatarse da noticia, o bispo de Manresa intentou trasladar a imaxe ata esta cidade, pero o traslado foi imposible xa que a estatua pesaba demasiado. O bispo interpretouno como o desexo da Virxe de permanecer no lugar no que se atopou e ordenou a construcion da ermida de Santa Maria, orixe do actual mosteiro.

Comentase que a cor negra da cara da Virxe e do neno debese as candeas ou cirios que se acendian na sua honra ao interior da cova na que ela se atopaba. Debido a calor que emitian as candeas as suas caras foron queimandose, tomando esta cor negra.

A talla [ editar | editar a fonte ]

A imaxe e unha talla romanica do seculo XII realizada en madeira de alamo . Representa a Virxe co neno Xesus sentado no seu colo e mide uns 95 centimetros de altura. Na sua man dereita sosten unha esfera que simboliza o universo; o Neno ten a man dereita levantada en sinal de bendicion mentres que na man esquerda sosten unha pina. O rostro e a cabeza do Neno Xesus foron retocados en epoca posterior e mostran un estilo naturalista alleo de todo as imaxes romanicas.

Con excepcion da cara e das mans de Maria e o Neno, a imaxe e dourada. As carnacions son de cor negra, o que lle deu o apelativo popular de La Moreneta . Pertence ao grupo das chamadas virxes negras que tanto se estendeu pola Europa romanica e cuxo significado deu lugar a multiples estudos. Ainda que neste caso a sua cor parece ser o resultado da transformacion do verniz da sua cara e das suas mans a causa do paso do tempo. [ 1 ]

A Virxe de Montserrat foi a primeira imaxe mariana de Espana en recibir a Coroacion Canonica xa en 1881 , seguida da Virxe da Merce de Barcelona ( 1886 ), a Virxe da Candeloria de Tenerife , Patroa das Canarias ( 1889 ); a Virxe dos Reis de Sevilla ( 1904 ) e a Virxe da Misericordia de Reus ( 1904 ).

En Espana existen outras virxes negras conecidas co nome de "morenas", como a Virxe de Guadalupe , a Virxe da Cabeza ( Xaen ), a Virxe de Lluc ( Mallorca ), a Virxe da Candeloria ( Tenerife ) ou a Virxe de Argeme ( Coria ) e a Virxe da Velia (Bimenes, Asturias ).

Replicas da Virxe [ editar | editar a fonte ]

Replica comercial da imaxe da Moreneta
Virxe de Montserrat de Sevilla

En Monforte de Lemos hai unha imaxe e as suas festas, celebradas o 15 de agosto , son na honra a Virxe de Montserrat.

Nun lateral da capela da Nosa Senora a Branca, da Catedral de Santiago de Compostela , hai tamen unha imaxe da Virxe de Montserrat.

En Sevilla hai unha confraria de Semana Santa que entre os seus santos titulares conta coa Virxe de Montserrat gloriosa e dolorosa. En Cataluna hai varias replicas e as mais importantes atopanse na Igrexa dos Santos Xusto e Pastor de Barcelona, no Santuario da Virxe de Montserrat en Montferri ( Tarragona ) e en Terrassa .

En America atopamos moitas replicas da Virxe. Na cidade de Lima ( Peru ) venerase unha delas; o antigo barrio extramuros leva o nome de Montserrat e as suas festas, no mes de setembro, celebran moitos milagres concedidos por esta Virxe. Na cidade de Bogota ( Colombia ) hai o monte Monserrate, que preside a cidade, cun santuario que ten unha capela coa Moreneta. En Santos ( Brasil ) venerase outra replica e a Virxe de Montserrat e a patroa da cidade.

Na cidade sarda de Alguer hai unha estatua da Moreneta que foi doada por un grupo de intelectuais catalans durante o franquismo e que actualmente esta na Catedral da cidade. En Roma atopamos a Igrexa Nacional Espanola de Santiago e Montserrat.

Padroadego [ editar | editar a fonte ]

En Galicia, a Virxe de Montserrat e patroa de Monforte de Lemos . [ 2 ] No resto de Espana e patroa do concello de San Andres y Sauces . [ 3 ] [ 4 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. http://www.abadiamontserrat.net/castellano/mdedeu.htm Arquivado 03 de abril de 2010 en Wayback Machine ., vexase tamen artigo [1] no xornal El Pais de 26/04/2001.
  2. Moure-Marino, Luis (1997). Apuntes para la historia de Monforte de Lemos (en castelan) . Xunta de Galicia. p. 19. ISBN   9788445319796 .  
  3. de Solano, Francisco; del Pino, Fermin, eds. (1982). America y la Espana del siglo XVI 2 . Editorial CSIC. p. 309. ISBN   9788400051532 .  
  4. "Fiestas en Honor a Nuestra Senora de Montserrat" . Concello de San Andres y Sauces (sanandresysauces.es) . Consultado o 28/04/2022 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]