Noitevella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aspecto da Puerta del Sol de Madrid o dia de Noitevella do ano 2006.

A Noitevella e a derradeira noite do ano , entre o 31 de decembro e o 1 de xaneiro (dia de Aninovo ).

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

A Noitevella en Espana [ editar | editar a fonte ]

Son innumerables as tradicions e as supersticions que se manifestan por todo o mundo en relacion a esa noite. En Espana , a mais conecida e a das doce uvas [ 1 ] , que consiste en tomar unha uva por cada unha das doce badaladas que marcan a fin de ano. Moito mais recente e a moda de levar roupa interior vermella : bragas , calzons , unha liga etc.

A Noitevella en Galicia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal: O Nadal na cultura popular galega

Tradicionalmente, celebrabase "a queima do facho" ou prender o "lume novo", costume no que os vecinos queimaban trala cea un ou varios fachos de palla. En Vilardevos (Ourense) prendese o lume novo: fogueiras sobre as que saltan os vecinos, do mesmo modo que se fai nas de San Xoan . Estes costumes explicanse pola especial importancia que se lle daba o lume novo, pois durante esa noite, como na de defuntos, as animas dos devanceiros devalaban polas aldeas e se aquecian ao seu caron. O mesmo Noiteboa, era comun deixar comida na mesa (mesmo os restos da cea, sen recoller) para que os finados da casa participasen da cea dos vivos.

Naturalmente, o moderno costume de comer doce uvas o son das doce badaladas que marcan a medianoite tamen e comun en Galicia. Pero en Vilagarcia fano as 12 da mana do dia 31, costume xurdido en 1998 , cando un corte de luz impediu facelo as doce da noite [ 2 ] .

Este ultimo dia do ano celebrase o San Silvestre , dia no que se repiten as burlas do dia dos Inocentes . Conta Taboada Chivite que en tal data os vellos do lugar aconsellaban os novos gandeiros que lles cortasen o rabo as vacas se querian que non moscasen durante o ano.

A noite de San Silvestre era unha das que escollian as bruxas para celebrar os aquelarres , de ai a expresion popular de San Silvestre, meigas fora! a modo de ensalmo para afastar os malos augurios.

A Noitevella noutros paises [ editar | editar a fonte ]

En Colombia tamen se adoptou a tradicion das doce uvas, especialmente na rexion andina do pais. A diferenza de Espana, a roupa interior a levar debe ser de cor amarela .

En Chile a tradicion consiste en comer lentellas no momento que dan as doce da noite, e en certos lugares, cando comezan os fogos artificiais .

Na maioria dos paises, con todo, o costume mais estendido e brindar con champana a medianoite .

Os primeiros en entrar no novo ano son os habitantes das illas da Lina , en Kiribati .

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]