Najaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNajaf
????? (ar) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  32°01′44″N 44°20′23″L  /  32.028951, 44.339621 Coordenadas : 32°01′44″N 44°20′23″L  /  32.028951, 44.339621
Estado Iraq
Provincias An-Najaf (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboacion
Poboacion 724.700 (2015) Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Altitude 60 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Najaf [ 1 ] [ 2 ] (en arabe : ?????? ) e unha cidade de Iraq , capital da provincia de Najaf , e ademais unha das cidades mais santas para o xiismo . Ten unha poboacion de 585.600 habitantes ( 2003 ).

Significado relixioso [ editar | editar a fonte ]

En Najaf esta a tumba de Ali ibn Abi Talib (conecido como Iman Ali), que os xiitas consideran o primeiro iman. A cidade e agora un gran centro de peregrinacion para os musulmans xiitas. Tan so A Meca e Medina reciben mais peregrinos islamicos.

Sobre Meshed Ali (Mausoleo de Ali) construiuse unha gran mesquita. Preto da cidade esta Wadi-us-Salaam (Val da Paz), o mais grande cemiterio do mundo islamico (e posiblemente do mundo). Ao longo dos seculos numerosos hospicios, escolas, bibliotecas e conventos sufis construironse arredor do templo, o que converteu a cidade no centro teoloxico e academico do xiismo. Moitos deses edificios destruiunos o goberno de Saddam Hussein , ao construir unha autoestrada no medio do Wadi-us-Salaam.

Moitos dos grandes eruditos e teologos (como Allameh Tabatabaei , Aiatola Khomeini e Aiatola Sistani ) estudaron en Najaf. A cidade, xunto a Qom en Iran , considerase o centro teoloxico do xiismo.

Historia [ editar | editar a fonte ]

A area de Najaf estaba preto da cidade sasanida de Suristan , tradicionalmente considerase o 791 o ano da sua fundacion polo califa abasida Harun al-Rashid .

Baixo a soberania do Imperio Otoman , Najaf sufriu abondosas dificultades como resultado das expedicions de saqueo das tribos arabes do deserto e pola diminucion da subministracion de auga. A comezos do seculo XVI a cidade estaba case deshabitada. En 1803 resolveronse os problemas da auga coa construcion da canle de Hindiyya, a poboacion rapidamente pasou de 30.000 a 60.000 habitantes. Mesmo asi, Najaf perdeu a sua primacia relixiosa en favor de Qom no seculo XIX e non a volveria recuperar ata o seculo XX.

En 1915 a cidade caeu baixo o goberno do Imperio Britanico , en 1918 unha rebelion matou o gobernador britanico da cidade, os britanicos sitiaron a cidade, cortandolle a subministracion de auga ata que a rebelion acabou.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Diciopedia do seculo 21 , t. 2, p. 1438: Najaf C. do centro-S do Iraq. Centro de peregrinacion chiita...
  2. Ines Santa Maria Otero e Noe Masso Lago : Atlas xeografico e historico de Galicia e do Mundo (2009), Edicions do Cumio , ISBN 978-84-8289-328-0 . Najaf : paxinas 151 (D1) e 192 (C3).