N?g?rjuna

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaN?g?rjuna

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento c.   150 Editar o valor em Wikidata
India do Sul (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte c.   250 Editar o valor em Wikidata (99/100 anos)
India Editar o valor em Wikidata
Zen Patriarch (en) Traducir

←  Kapimala (en) Traducir ? Aryadeva (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Relixion Budismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Nalanda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Budismo Editar o valor em Wikidata
Ocupacion filosofo , bhikkhu , escritor , compiler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade ( Con vida en : seculo II Editar o valor em Wikidata)
Profesores The great brahmin (en) Traducir, Sangwe Dakpo (en) Traducir, Gyalrik Tamche Khyenpa (en) Traducir e Changsem Lodro Rinchen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Alumnos Aryadeva (en) Traducir, Lobpon Yonten Shenyen (en) Traducir, Dzo Gi Ka Marupa (en) Traducir, Cho Dze Chokyi Dorje (en) Traducir, Q106788210 Traducir, Ma Tam Gipa (en) Traducir, Lobpon Sangye Yeshe Shyab (en) Traducir, Bhavyaviveka (en) Traducir, Balimta (en) Traducir, Shakya Shenyen (en) Traducir, Lu Changchub (en) Traducir, Q28410784 Traducir, Candrak?rti (en) Traducir e Shavaripa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua sanscrita Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1648339

N?g?rjuna , nado no Reino de Andhra arredor do 150 e finado arredor do 250 , foi un filosofo indio , fundador da escola madhyamaka ( camino medio ) do budismo mahayana .

Probablemente e o pensador budista mahayana mais influente, tralo propio Siddhartha Gautama .

Nome sanscrito [ editar | editar a fonte ]

  • N?g?rjuna, no sistema AITS (alfabeto internacional para a transliteracion do sanscrito ). [ 1 ]
  • ?????????, en escritura devanagari do sanscrito. [ 1 ]
  • Pronuncia:
  • Etimoloxia : [ 1 ]
    • naga : raza que vivia nas abas dos Himalaias; segundo os budistas eran persoas normais; segundo os hinduistas tinan corpo de serpe; Aryuna recibiu o epiteto "Naga" polas suas amizades desa etnia;
    • aryuna : branco, da cor do leite, claro, da cor do dia, prateado, da cor do lostrego, da cor da prata; nome dun tipo de arbore (o Terminalia arjuna ): a nai de Nagarjuna puxolle ese nome porque o seu parto ocorreu debaixo dunha arbore arshuna.

Outras escritas [ editar | editar a fonte ]

Noutras linguas o seu nome escribese da seguinte maneira:

Estatua de N?g?rjuna nun monasterio tibetano proxima a Kullu (India).

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Sabese moi pouco acerca da vida real do N?g?rjuna historico. Non existe consenso sobre a data nin o lugar de nacemento exactos de N?g?rjuna. Mesmo o seculo en que viviu son dubidosos. As duas biografias mais extensas, unha en chines e a outra en tibetano, escribironse moitos seculos despois da sua morte, e incorporan moito material mitico. Propuxeronse datas tan temperas para o seu nacemento como o ano 100 a.C. e tan tardias como o 300 d.C. [ 2 ] [ 3 ] A tradicion budista atribuiu a Nagarjuna unha relacion coa dinastia Satavahana , que floreceu entre os seculos I a.C. e II d.C. Esta relacion aparece testemunada na carta Suh?llekha , atribuida a N?g?rjuna e dirixida ≪ao rei Jantaka do sur da India, conecido como Satavahana≫. [ 4 ] Adicionalmente, os modernos estudos do texto do Ratn?vali , outra carta atribuida a N?g?rjuna, estableceron como data mais probable da sua escritura contra o ultimo terzo do seculo II d.C. durante o reinado de Yajna ?r? S?takarni, o que estableceria o seu tempo de creacion entre o 175 e o 204 d.C. [ 5 ] [ 6 ] Isto indicaria o periodo mais probable en que viviu N?g?rjuna, o seculo comprendido entre os anos 150 e 250.

Con respecto ao seu lugar de nacemento tampouco existe certeza. No capitulo Sag?thakam do Lankavatara Sutra (nunha interpolacion tardia datada entre os anos 443 e 513) existe unha profecia apocrifa do Buda Gautama, que indica como lugar de nacemento de Nagarjuna unha rexion denominada Vedal?. [ 7 ] Outras tradicions, entre elas a tibetana, sinalar como lugar de nacemento de N?g?rjuna a rexion de Vidarbha ou Vedahi. A analise toponimica e a relacion xeografica con outros puntos mencionados en textos antigos, ainda que non determinaron o lugar exacto, permitiron establecer con certo consenso que ese lugar estaria na rexion de Andhra (no sur da India). [ 8 ] [ 9 ]

N?g?rjuna naceu como hinduista (que nesa epoca significaba o seguimento estrito dos Vedas ), probablemente nunha familia de caste superior brahman . Foi o fundador dunha das tradicions de pensamento mais influentes das doutrinas da India, a denominada escola da via media ou madhyamaka . A sua doutrina do baleiro foi debatida durante mais dun milenio na China, o Tibet, Corea e o Xapon . O budismo zen considerao un dos seus precursores e as suas ideas ainda espertan intensos debates academicos.

A sua doutrina do baleiro ( sunyata ) sosten que todas as cousas son condicionadas, de modo que non e posible atopar nada no mundo que tena unha natureza propia (en sanscrito, suabhava ). Esa falta de natureza propia e o que as converte en baleiras. Pero o mais sobresainte desta doutrina e que as palabras que a pon de manifesto consideranse a sua vez baleiras. Asi, o discurso da vacuidade e tan baleiro como as cousas mesmas. O mundo non e diferente da linguaxe.

Obra [ editar | editar a fonte ]

Representacion de N?g?rjuna.

Existe unha certa cantidade de textos atribuidos a N?g?rjuna ainda que, como hai moita pseudoepigrafia que se lle atribue, existe tamen moita controversia sobre os seus traballos autenticos.

M?lamadhyamakak?rik? [ editar | editar a fonte ]

A obra mais celebre de N?g?rjuna e M?lamadhyamakak?rik? . E "non so un gran comentario sobre o discurso de Buda a Kaccayana, [ 10 ] unico discurso citado polo nome, senon tamen unha analise detallada e coidadosa de moitos dos importantes discursos incluidos nos Nikayas e nos agamas, especialmente aqueles da Atthakavagga da Sutta-nipata . [ 11 ]

Utilizando a teoria de Buda da prat?tyasamutp?da , N?g?rjuna demostrou a futilidade das [...] especulacions metafisicas. O seu metodo para tratar con esa metafisica denominase "via media" ( madhyama pratipad ). E o camino medio que evitaba o substancialismo das sarvastivadas e o nominalismo das sautr?ntikas . [ 12 ]

En M?lamadhyamakak?rik? , "todos os fenomenos experimentados son baleiros ( sunya ) . Isto non significaba que non fosen experimentados e, polo tanto, non-existentes; so aqueles que estan desprovistos dunha substancia permanente e eterna ( svabhava ) porque, como un sono, son simples proxeccions da conciencia humana. Posto que estas ficcions imaxinarias son experimentadas, non hai simples nomes ( prajnapti ) ." [ 12 ]

Pintura do seculo XVIII que representa a N?g?rjuna con trinta dos oitenta e catro Mahasiddhas .

Outras obras atribuidas [ editar | editar a fonte ]

Segundo a vision de Christian Lindtner, [ 13 ] as obras escritas por N?g?rjuna son:

  • M?lamadhyamaka-k?rik? ("Versos fundamentais da via media")
  • ??nyat?saptati ("Setenta estrofas da vacuidade")
  • Vigrahavy?vartan? ("Abandono da discusion")
  • Vaidalyaprakara?a }} ("Pulverizando as categorias")
  • Vyavah?rasiddhi ("Proba de costume")
  • | Yukti????ika ("Sesenta razoamentos")
  • Catu?stava ("Himno a realidade absoluta")
  • Ratn?val? ("Grilanda de xoias")
  • Prat?tyasamutp?dah?dayak?rika ("Componentes da ascension dependente")
  • S?trasamuccaya
  • Bodhicittavivara?a ("Exposicion da mente iluminada")
  • Suh?llekha ("Carta a un bo amigo")
  • Bodhisa?bh?ra ("Requisitos da iluminacion")

Buston considera que os seis primeiros constituen os principais tratados de N?g?rjuna, mentres que segundo Taaranaatha so os cinco primeiros son obra de N?g?rjuna. TRV Murti considera que Ratnaavali , Pratitya Samutpaada Hridaya e Sutra Samuccaya son obra de N?g?rjuna porque os dous primeiros estan citados profusamente por Chandrakirti e o terceiro por Shantideva. [ 14 ]

Ademais das obras mencionadas, atribuenselle outras, ainda que existe gran controversia sobre cales delas son autenticas. A investigacion contemporanea suxire que estas obras pertencen a un periodo moi posterior, finais do seculo VIII ou principios do seculo IX, e polo tanto non son obras autenticas de N?g?rjuna.

Entre os seus abondosos comentaristas destacan Ariadeva , Bhava Viveka , Chandrakirti e Shantideva .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Vexase a entrada N?garjuna , na pax. 533 Arquivado 23 de novembro de 2011 en Wayback Machine . no Sanskrit-English Dictionary do sanscritologo britanico Monier Monier-Williams (1819-1899).
  2. Mabbett, Ian (Xullo-setembro, 1998). "The Problem of the Historical Nagarjuna Revisited". Journal of the American Oriental Society (American Oriental Society). Vol. 118 (3). doi : 10.2307/606062 .  
  3. Walser 2005 , p. 61-65
  4. Lamotte 1988 , p. 345, 379.
  5. Walser 2005 , p. 86
  6. Westerhoff 2009 , p. 5
  7. Suzuki, Daisetz Teitaro (1932). The Lankavatara sutra. A Mahayana text . George Routledge and Sons. p. 239. (165) In Vedal?, in the southern part, a Bhikshu most illustrious and distinguished [will be born]; his name is N?g?hvaya, he is the destroyer of the one-sided views based on being and non-being. (166) He will declare my Vehicle, the unsurpassed Mah?y?na, to the world; attaining the stage of Joy he will go to the Land of Bliss.  
  8. Sastri 1955 , p. 202
  9. Mabbett, 1998, p. 335
  10. Vexase SN 12.15 Kaccayanagotta Sutta: To Kaccayana Gotta (on Right View) Arquivado 29 de marzo de 2013 en Wayback Machine .
  11. Kalupahana 1994 , p. 161.
  12. 12,0 12,1 Kalupahana 1992 , p. 120.
  13. Lindtner, C. (1982). Nagarjuniana: studies in the writings and philosophy of N?g?rjuna, Copenhague: Akademisk forlag, paxina 11
  14. TRV Murti, Central philosophy of Buddhism, paxinas 89-91

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]