Ninive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesopotamia
Rio Eufrates Tigris
Cidades / Imperios
Sumeria : Uruk Ur Eridu
Kish Lagash Nippur
Imperio acadio : Agade
Babilonia Isin Larsa Susa
Asiria : Asur Ninive
Nuzi Nimrud
Imperio Babilonico Caldea
Elam Amorreos
Mitanni Casitas
Cronoloxia
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escrita cuneiforme
Lingua sumeria Acadio
Elamita
Mitoloxia
Gilgamesh Marduk
Para o libro de poesia de Chus Pato vexase: Ninive (1996) .

Ninive (en acadio : Ninu(w)a , en arameo : ????? ou ?????, N?nw? , A que supera as grandes cidades , como e chamada no Libro de Xonas .) era unha importante cidade asiria , proxima a actual Mosul en Iraq . Descrita no Libro de Xonas como "cidade grande excesivamente", atopase na beira oriental do Tigris , ao longo do cal se estende durante 50 quilometros, cun ancho medio de 20 quilometros ou mais desde o rio ata os outeiros do leste. Toda esta extensa area e agora unha inmensa zona de ruinas.

Situada na confluencia entre o rio Tigris e o Khosr , Ninive era un importante punto de paso das rutas comerciais que cruzaban o Tigris. Ocupaba unha posicion central nas rutas entre o Mediterraneo e o Indico , unindo asi o leste e o oeste, recibindo influencias e riqueza de moitos lugares. Chegou a se converter nunha das mais grandes cidades antigas da historia.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Plano simplificado da antiga Ninive onde se amosan as murallas e a localizacion das portas.

Ninive e mencionada por primeira vez ao redor do ano -1800 como un templo dedicado a Ishtar , en boa parte responsabel da tempera importancia que adquiriu a cidade. Non hai demasiadas evidencias para dicir que Ninive fose construida por completo polos reis asirios durante o segundo milenio a.C. Cando Senaquerib converteu a Ninua na capital do reino a finais do seculo -VIII (antes foino brevemente Dur Sharrukin ), esta xa era un antigo asentamento. Os nomes de monarcas posteriores como Shalmanasar I ou Tiglath-Pileser I apareceron na acropole ; ambos foron activos construtores de Assur e o primeiro deles fundou ademais Nimrud ( Calah ). Ninive tivo que esperar ata os neoasirios, particularmente a partir da epoca de Asurbanipal II en adiante, para acadar un desenvolvemento urbanistico moito maior. A partir de enton, sucesivos monarcas mantiveron e fundaron novos palacios, asi como templos dedicados a Sen , Nirgal , Inanna , Shamash , Ishtar , e Nabu de Borsippa .

Foi Senaquerib o que fixo de Ninive unha cidade realmente magnifica ( -700 ). Desenou amplas ruas e prazas e construiu dentro do famoso "palacio sen rival", cuxo plano foi recuperado en gran parte, duns 210 por 200 metros. Tina unhas 80 habitacions, moitas delas repletas de esculturas en suas paredes. Gran parte das taboinas de Ninive se atoparon aqui; algunhas das principais entradas estaban flanqueadas por touros con cabeza humana. Nese tempo a area total de Ninive ocupaba uns 7 km² e 15 grandes portas franqueaban o paso nas suas murallas. Un elaborado sistema de 18 canles levaba a auga desde os outeiros ata Ninive. Atoparonse tamen algunhas partes dun magnifico acueduto erixido polo mesmo rei en Jerwan , a uns 40 km de distancia.

O esplendor de Ninive durou pouco. Ao redor de -633 o Imperio Asirio empezou a dar mostras de debilidade e os medos atacaron Ninive. Estes volveron a atacar, esta vez xunto a Babilonia e Susa , en -625 .

Ninive e os principais xacementos asirios.

En -612 , novamente, babilonios e medos volveronse a reunir para o asalto da cidade. O asedio durou 3 meses, durante os cales se empregaron todo tipo de tacticas, como desviar o curso do rio Khosr ou atacar ao tempo por varios flancos para debilitar a defensa asiria. Finalmente, o ataque final produciuse polo leito xa seco do rio. Ninive caeu e foi arrasada ata os cimentos. O imperio asirio chegou ao seu final, e os babilonios e medos repartironse as suas provincias.

Despois de mandar durante mais de seis seculos cunha tirania e violencia espantosa, desde o Caucaso e o Caspio ata o Golfo Persico , e mais ala do Tigris ata Asia Menor e Exipto , a cidade desapareceu como un sono.

Posteriormente as escavacions do seculo XIX, os conecementos sobre o grande imperio Asirio e a sua magnifica capital eran case nulos. Vagos indicios levannos a pensar no seu poder e grandiosidade, pero definitivamente sabemos moi pouco sobre Ninive. Outras cidades xa mortas, como Palmira , Persepole ou Tebas , deixaron tras de si ruinas para marcar as suas localizacions e mostrar o seu antigo poder; pero da imperial Ninive incluso a sua extension era unha mera conxectura.

Na epoca do historiador grego Herodoto ( -400 ), Ninive xa era parte do pasado. E cando o historiador Xenofonte pasou polo lugar na sua Anabasis , incluso o nome da cidade fora esquecido. Desaparecera de vista, e ninguen sabia da sua importancia. Nunca mais se ergueu das suas ruinas.

Arqueoloxia [ editar | editar a fonte ]

Gardas de Asurbanipal , baixorrelevo do seu palacio en Ninive, c. -645 , Museo do Louvre .

Na actualidade, a localizacion de Ninive atopase sinalada por dous grandes monticulos, chamados Kouyunjik e Nebi Yunus ("Profeta Xonas" ) asi como polos restos da sua muralla (unha circunferencia duns 12 km). O primeiro monticulo (Kouyunjik) foi explorado en profundidade. Non obstante, no outro monticulo non se fixeron demasiadas escavacions debido a presenza dun santuario musulman dedicado ao profeta Xonas nese lugar.

No seculo XIX , o consul frances en Mosul empezou a buscar nos grandes monticulos que habia na outra beira do rio. Os arabes que empregou neses escavacions, para a sua sorpresa, chegaron a unha edificacion no monticulo de Khorsabad . Investigacions posteriores do edificio demostraron que se trataba do palacio real de Sargon II , no cal se explorou en profundidade en busca de esculturas e outras reliquias.

En 1847, o mozo aventureiro britanico Sir Austen Henry Layard explorou as ruinas. No monticulo Kouyunjik redescubriu o palacio de Senaquerib, que tina 71 habitacions e colosais baixorrelevos. Tamen desenterrou o palacio e a famosa biblioteca de Assurbanipal que contina 22.000 taboinas. O estudo da arqueoloxia de Ninive revela o poder e a gloria da antiga Asiria durante os reinados de Esarhaddon ( -681 - -669 ) e Assurbanipal ( -669 ? -626 ).

Os traballos de exploracion seguironos Botta , George Smith e outros, nos monticulos de Nebi Yunus, Nimrud, Kouyunjik e Khorsabad , e numerosos obxectos asirios foron exhumados e trasladados a museos europeos. Descubrironse multitude de palacios, coas suas decoracions e lousas esculpidas, revelando a vida e costumes deste antigo pobo, as suas formas de guerra e paz, de relixion, o estilo da sua arquitectura e a grandeza dos seus monarcas. Exploraronse as ruas da cidade e descifraronse as inscricions nos ladrillos, taboinas e figuras esculpidas. Con iso, os segredos da sua historia puideron ser revelados.

O mais importante das recentes descubrimentos e a biblioteca de Assurbanipal . Contina unhas dez mil taboinas en cuneiforme nas que se describia a historia, leis e relixion de Asiria . Isto fai que sexa un dos maiores tesouros da literatura do mundo antigo. A biblioteca contina tamen antigos documentos acadios , que son os documentos existentes mais antigos xamais atopados, probabelmente da epoca de Sargon de Acad .

Nalgunhas das taboinas faciase mencion ao posibel uso de algo similar ao Parafuso de Arquimedes para elevar a auga, xunto a outras taboinas que falaban de xardins. Iso trae a hipotese de Ninive como unha posibel localizacion dos miticos Xardins colgantes de Babilonia .

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]