한국   대만   중국   일본 
Museo de Moedas e Medallas de Xoan Paulo II - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Museo de Moedas e Medallas de Xoan Paulo II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo de Moedas e Medallas
de Xoan Paulo II
? Muzeum monet i medali Jana Pawla II ?
Vitrinas expositivas no
Museo de Moedas e Medallas
de Xoan Paulo II


Coordenadas 50°47′03.8400″N 19°07′32.9520″L  /  50.784400000, -19.125820000
Pais Polonia Polonia
Cidade Cz?stochowa
Director Krzysztof Witkowski
Inauguracion 11 de agosto de 2011
Na rede
http://jp2muzeum.pl/
editar datos en Wikidata  ]

O Museo de Moedas e Medallas de Xoan Paulo II (en polaco : Muzeum monet i medali Jana Pawla II ) e un museo numismatico de titularidade privada situado na localidade polaca de Cz?stochowa , especializado nas moedas e medallas emitidas en calquera pais do mundo coa figura de Xoan Paulo II como tema principal.

Creouse en 2011 por iniciativa do empresario e filantropo local Krzysztof Witkowski, presidente da compania President Electronics Poland . [ 1 ] [ 2 ]

Historia [ editar | editar a fonte ]

O creador do museo leva anos colleitando artigos e recordos relacionados co papa Xoan Paulo II. En 2010 contactou con Wojciech Grabowski, un cidadan polaco asentado en Londres , daquela propietario da coleccion numismatica , que xa fora presentada temporalmente en 2006 , a modo de exposicion mobil no Castelo Real de Varsovia , entre outros lugares. [ 2 ] [ 3 ]

A partir dese contacto inicial, Krzysztof Witkowski adquiriu a coleccion, composta aproximadamente por 3.500 exemplares, e durante ese mesmo 2010 chegou a completarse con outros 2.000. [ 2 ]

A medida que a coleccion ia incrementando os seus fondos, foise construindo un edificio para a sua exposicion, que finalmente foi inaugurado o dia 11 de agosto de 2011, coa beizon do cardeal Stanislaw Dziwisz . No acto inaugural estivo tamen presente Arturo Mari, fotografo persoal de Xoan Paulo II. [ 2 ] [ 4 ]

A exposicion [ editar | editar a fonte ]

Moeda lituana de 10 litas de 1993 , conmemorativa da visita de Xoan Paulo II a Lituania.

O Museo de Moedas e Medallas de Xoan Paulo II en Czestochowa e unico no mundo na sua especie. [ 4 ] A maioria das pezas que componen a coleccion son moedas e medallas que amosan a imaxe de Xoan Paulo II. A estas engadenselles outros obxectos relacionados, como selos postais , fotografias , documentos e replicas de elementos liturxicos papais, como o anel do pescador , a estola ou a casula, entre outros. O numero de obxectos que componen a coleccion estimase en 11.000. [ 1 ]

Entre as moedas mais salientables esta un exemplar de ouro dunha emision conmemorativa polaca de 1987 con valor facial de 200.000 zloty , da que a Casa da Moeda de Polonia so cunou cinco exemplares. [ 5 ] Entre as medallas destacan 49 "medallas de peregrinacion", que o papa entrega persoalmente durante as suas viaxes apostolicas, asi como outras medallas de gran modulo, de ata 14 centimetros de diametro e un quilogramo de peso . [ 1 ] [ 2 ]

O pavillon que alberga a exposicion situase no numero 67/71 da rua Jagiellonska, dentro das instalacions da compania President Electronics Poland . Esta aberto a visitas tanto individuais como de grupo. [ 6 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]