한국   대만   중국   일본 
Museo Thyssen-Bornemisza - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Museo Thyssen-Bornemisza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Thyssen-Bornemisza
Pais España Espana
Cidade Comunidade de Madrid Madrid
Director Guillermo Solana
Inauguracion 1992
Visitantes 944.827 ( 2013 )
Na rede
https://www.museothyssen.org/
Facebook: museothyssen Twitter: museothyssen Instagram: museothyssen LinkedIn: museo-thyssen-bornemisza Youtube: UCMLT6nlbTA1_FJQRJwHnOaw BNE: XX100576 Dialnet: 1331982 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

O Museo Thyssen-Bornemisza e unha pinacoteca de mestres antigos e modernos situada en Madrid ( Espana ). A sua existencia debese ao acordo de arrendamento ( 1988 ) e a posterior adquisicion, por parte do Goberno espanol ( 1993 ), do nucleo mais valioso da coleccion privada reunida ao longo de sete decadas pola familia Thyssen-Bornemisza . Este fondo artistico achegou numerosos exemplos de pintores estranxeiros ausentes dos museos espanois, desde o gotico dos seculos XIV e XV ( Duccio , Jan van Eyck ) ata o pop art e os anos 1980 ( Roy Lichtenstein , Lucian Freud ), polo que veu a complementar o repertorio exposto nos dous principais centros estatais, o Museo do Prado e o Raina Sofia . A apertura do Museo Thyssen-Bornemisza en 1992 deu lugar, ao unirse a estes dous museos, ao chamado Triangulo da Arte do paseo del Prado , area museistica de Madrid que concentra o acervo pictorico mais importante de Espana.

A institucion, xestionada por unha fundacion baixo control publico, ten a sua sede nun edificio historico, o Palacio de Villahermosa , onde exhibe o groso da sua coleccion: mais de 700 obras (outras sesenta exponense en deposito no MNAC de Barcelona ). Grazas a un anexo sumado en 2004 ampliou a sua exhibicion cunhas 240 pezas mais, prestadas por Carmen Cervera , viuva do baron Thyssen . Paralelamente, o museo alberga multiples exposicions temporais.

Segundo The Art Newspaper , baseandose en datos facilitados polos propios museos, en 2013 o Thyssen foi o quinto museo mais visitado en Espana , con 944.827 visitantes, situandose no posto numero 61 do seu ranking dos 100 museos de arte mais visitados do mundo. [ 1 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

Coordenadas : 40°24′58″N 3°41′42″O  /  40.41611, -3.69500