한국   대만   중국   일본 
Mozilla Firefox - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mozilla Firefox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mozilla Firefox
Firefox 89 en Arch Linux .
Desenvolvedor(es) Mozilla Foundation
Publicacion inicial 23/09/2002
Ultima version 57.0 [ 1 ]
( 14 de novembro de 2017 )
Repositorio dxr.mozilla.org
Escrito en C++ , JavaScript , HTML , C , Rust [ 2 ]
Sistema operativo Linux , macOS , Windows , Android , iOS [ 3 ]
Lingua/s +90 [ 4 ]
Galego:   OK
Tipo Navegador web
Licenza MPL 2.0 [ 5 ]
Sitio web www.mozilla.org

Mozilla Firefox (ou so Firefox ) e unha aplicacion para a navegacion web , libre e de codigo aberto [ 6 ] e que desenvolve o proxecto o grupo Mozilla Corporation da organizacion aberta Fundacion Mozilla . E multiplataforma e esta disponibel para os sistemas operativos Linux , macOS e Windows , asi como en Android (como Firefox para Android ) e iOS . Emprega o motor de rendemento web Quantum (que substituiu a Gecko ), e executa os modelos web actuais e os proximos a ser aprobados. [ 7 ] En 2015 liberouse Firefox para iOS , que emprega WebKit no canto de Gecko por restricions de Apple no desenvolvemento do seu sistema operativo mobil. [ 8 ] O codigo fonte de Firefox esta disponibel baixo os termos MPL . [ 9 ]

Firefox foi creado pola comunidade Mozilla en 2002 co nome de Phoenix [ 10 ] coa intencion de ter un navegador web independente, e non ancorado a un paquete completo como era a Mozilla Application Suite . Xa na sua fase beta Firefox ganou popularidade grazas a que, segundo dician, era mais veloz, seguro e incorporaba melloras engadidas en comparanza co Internet Explorer 6 de Microsoft , que naquela hora era o navegador dominante. O primeiro lanzamento de Firefox, a version 1.0, foi en novembro de 2004, [ 11 ] e popularizouse ata acadar os 60 millons de descargas en nove meses, ponendo por primeira vez en cuestion o dominio de Internet Explorer. [ 12 ] Considerase que Firefox e o sucesor da filosofia de Netscape Navigator xa que Mozilla creou en 1998 ese proxecto, ainda que despois foi comprado por AOL. [ 13 ]

O uso de Firefox chegou ata o 32% de usuarios en 2009 , [ 14 ] na sua version 3.5 e convertendose no navegador mais popular. [ 15 ] [ 16 ] A saida ao mercado de Google Chrome fixo que a sua cota de uso baixara. [ 14 ] En 2017 o seu uso estivo entre o 5.96 e o 13.6% no mundo en uso de escritorio e foi o segundo navegador mais empregado. [ 17 ] [ 18 ] [ 19 ] [ 20 ] Segundo Mozilla, en 2014 Firefox chegou aos mil millons de usuarios no mundo. [ 21 ]





Cota de uso de navegadores web (novembro de 2014 ? novembro de 2015 [ 22 ] )        Google Chrome (50,13%) (50.13%)        Internet Explorer (18.07%) (18.07%)       Mozilla Firefox (16.23%) (16.23%)        Safari (10.03%) (10.03%)        Opera (1,65%) (1.65%)       Outros (3.89%) (3.89%)


Localizacion [ editar | editar a fonte ]

Firefox esta amplamente localizado e traducido a multiples linguas e culturas, entre elas o galego . A sua primeira version de novembro de 2004 estivo disponible en 24 linguas e 28 configuracions locais (como ingles britanico ou americano) [ 23 ] En 2017 contaba na sua version 57.0 con 89 configuracions locais e 79 linguas. [ 24 ]

Galeria [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Firefox-notas- (57.0) -Mozilla" (en ingles ) . Consultado o 15 de novembro de 2017 .  
  2. Yegulalp, Serdar (3/2/2017). "Mozilla binds Firefox's fate to the Rust language" . InfoWorld .  
  3. "Firefox 57.0 System Requirements" .  
  4. molliza, ed. (17 de febreiro de 2023). "Numeros de linguas" .  
  5. "Mozilla" . Mozilla .  
  6. "Debian and Mozilla ? a study in trademarks" . LWN.net .  
  7. download-firefox.org, ed. (17/07/2008). "Gecko Layout Engine" . Arquivado dende o orixinal o 15/06/2010 . Consultado o 27/11/2017 .  
  8. Sebastian Anthony (11/12/2015). Arstechnica, eds. "Firefox finally comes to iOS - But, as expected, it uses WebKit rather than Gecko." .  
  9. The Mozilla Foundation (eds.). "Licensing & Trademarks" .  
  10. Mozilla Foundation (eds.). "Phoenix 0.1 (Pescadero) Release Notes and FAQ" .  
  11. "Firefox browser takes on Microsoft" . BBC.  
  12. "Business ? The assault on software giant Microsoft" . BBC.  
  13. Jay, Paul (6/08/2010). CBC News, eds. "Curtains for Netscape ? Tech Bytes" .  
  14. 14,0 14,1 StatCounter. "StatCounter Global Stats ? Browser, OS, Search Engine including Mobile Usage Share" . gs.statcounter.com . Consultado o 16/09/2016 .  
  15. Nick Eaton. seattlepi blogs, eds. (21/12/2009). "Firefox 3.5 is world's most popular browser, StatCounter says" . Arquivado dende o orixinal o 26/01/2011 . Consultado o 27/11/2017 .  
  16. "StatCounter global stats ? Top 12 browser versions" . StatCounter.  
  17. "Desktop Browser Market Share Worldwide: Apr 2016 - Sept 2017" . StatCounter Global Stats . StatCounter.  
  18. "Web Browser Market Share Trends" . W3Counter . Awio Web Services LLC.  
  19. "Desktop Browser Market Share" . Net Applications.  
  20. "Web browsers (Global marketshare)" . Clicky . Roxr Software Ltd.  
  21. Mozilla Press Center, Mozilla (eds.). "At a Glance" .  
  22. StatCounter
  23. "Index of /pub/firefox/releases/1.0/win32/" . Consultado o August 22, 2011 .  
  24. "Mozilla Firefox release files" . Mozilla. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2015 . Consultado o 27 de novembro de 2017 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]