한국   대만   중국   일본 
Mosteiro de Santa Maria de Aciveiro - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mosteiro de Santa Maria de Aciveiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de Santa Maria de Aciveiro
Mosteiro de Santa Maria de Aciveiro
Pais Espana
Localizacion Aciveiro ( Forcarei )
Coordenadas 42°37′03″N 8°18′06″O  /  42.6175, -8.30166667 Coordenadas : 42°37′03″N 8°18′06″O  /  42.6175, -8.30166667
Estilo Arte romanica
editar datos en Wikidata  ]
Mosteiro de Santa Maria de Aciveiro

Santa Maria de Aciveiro e un mosteiro medieval beneditino que vertebrou a vida economica e social da Terra de Montes desde a sua fundacion no seculo XII ata a exclaustracion producida pola desamortizacion no seculo XIX , concretamente no ano 1842 , data da sua poxa.

Situacion [ editar | editar a fonte ]

O mosteiro situase na parroquia de Santa Maria de Aciveiro , concello de Forcarei , na comarca de Tabeiros - Terra de Montes , no montanoso interior da provincia de Pontevedra . Esta situado a caron do antigo camino de Vendas de Naron a Folgoso a unha altitude de case mil metros, preto do antigo camino que uniria Lucus Augusti coa costa pontevedresa atravesando a soidade da Serra do Candan na epoca romana .

E considerado Monumento Historico Artistico desde o ano 1931 e, na actualidade, considerado Ben de Interese Cultural . A superficie total do recinto e de 46.658 m², dos cales 5.896 m² corresponden propiamente ao edificio cenobial e a igrexa anexa, 2.125 m² ao adro do conxunto e 37.629 m² as tres leiras de labor agricola anexas.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Fundacion [ editar | editar a fonte ]

Claustro das procesions acaroado a igrexa

A data da sua fundacion posiblemente sexa a documentada no chamado Tombo Grande ( 1617 ) do mosteiro, que toma como referencia unha inscricion situada na parede sur da igrexa monacal que establece o 4 de febreiro do ano 1135 como o momento no que doce relixiosos beneditinos de Claraval , chamados polo rei Afonso VII , proceden a sua constitucion.

A mesma obra pon en relacion a fundacion do mosteiro co afan fundacional do emperador Afonso VII e resalta a importancia da fundacion facendo fincape no numero de monxes fundadores, doce, a diferenza doutras fundacions similares da epoca que se realizaban cun numero moi inferior de monxes e que logo chegarian a cifra de 106.

Na confirmacion de mosteiros que formaban parte da diocese de Santiago feita no ano 1154 polo papa Anastasio IV figura entre eles este de Aciveiro.

Doutra inscricion [ 1 ] da igrexa que sinala o ano 1170 parece deducirse a data de incorporacion da comunidade relixiosa a orde do Cister , pese a que a interpretacion desta inscricion e obxecto de distintas interpretacions por parte dos historiadores, polo que na actualidade a data que se valora como mais segura para sinalar a incorporacion ao Cister e a do ano 1225 . [ 2 ]

Abadengo [ editar | editar a fonte ]

Porta de acceso a sancristia

O seu primeiro abade e fundador foi Pedro, que faleceria cara ao ano 1160 sucedendoo no cargo Pedro Martinez, nobre galego, posiblemente natural da propia Terra de Montes, e que fixo importantes doazons ao mosteiro. Ambos foron persoas de gran prestixio no seu tempo.

Trala morte de Pedro Martinez sucedeuno no cargo o abade Xoan (cara ao ano 1200 ou 1201 ). Entre o ano 1250 e 1255 morreu Xoan e sucedeuno no cargo o abade Diego.

A figura mais destacada que deu este mosteiro foi a do abade conecido como san Gonzalo das Penas , que gobernou a comunidade desde o ano 1429 ata o seu falecemento cara ao ano 1475 . Trala sua morte o pobo deulle tratamento de santidade e teceu ao seu redor lendas como a recollida por Ramon Cabanillas na obra O oso de Oseira .

Encomendas [ editar | editar a fonte ]

Desde principios do seculo XV a poderosa casa de Ulloa (daquela, o cabeza de familia era Lope Sanchez de Ulloa ) converteuse en encomendeira deste e doutros mosteiros. Estas posesions pasaron a casa de Altamira como consecuencia do matrimonio entre Vasco Lope de Ulloa e Ines de Moscoso . Este feito contrariou a Sancho Sanchez de Ulloa , irman de Vasco, polo que, xunto co arcebispo Alonso II de Fonseca , apoderouse de todas as terras herdadas polo 1º conde de Altamira Lope Sanchez de Moscoso . Este pediulle auxilio a Diego de Andrade e obtiveron a restitucion de todo do que fora despoxado cando xa se dirixian a Santiago de Compostela co seu exercito para presentar batalla.

Unha figura semellante a encomenda e que proliferou nesas datas foron os abades comendatarios, abades que a maior parte das veces non residian no mosteiro e limitabanse a recibir as rendas sen prestar a cambio ningun beneficio ao mosteiro. Exemplo desta figura en Aciveiro foi o bispo de Catania no ano 1493 .

Incorporacion a Congregacion de Castela [ editar | editar a fonte ]

Vista xeral das estancias monasticas.

Coa incorporacion da comunidade no ano 1518 a Congregacion de Castela esta figura desapareceu.

Entre os anos 1571 e 1577 , rexendo a casa frei Ambrosio de Acuna, o mosteiro acadou o seu maximo esplendor economico e o maior numero de relixiosos chegando ao cento deles.

Outro presidente-abade foi frei Martin del Pueyo que rexeu a comunidade durante dous trienios ( 1581 a 1587 ) e actuou como subprior case vinte anos mais. Durante o seu mandato, ante a falta de espazo, estableceuse a obra de construcion do edificio monacal que chegou ata nos. Iniciaronse as obras pola fachada da igrexa, que tamen foi reformada, no ano 1586 e foi mestre de obras Xoan da Fonte, vecino de Aciveiro.

No ano 1589 os inquisidores de Compostela, ante o temor de que Drake (que cercaba A Coruna) atacase Santiago, trasladaron "os papeis e facenda" do Santo Oficio a este mosteiro.

Durante toda a sua historia o mosteiro mantivo unha gran cantidade de preitos relacionados coas suas propiedades e privilexios. Esta cantidade era tal que a comunidade mantina frades residindo case ininterrompidamente en Santiago , A Coruna e Valladolid para ocuparse da sua tramitacion e defensa dos intereses do mosteiro. Algun dos preitos de maior sona foron un no seculo XIII contra o mosteiro de Melon ou outro no seculo XVII contra o arcebispo de Santiago Xoan de San Clemente , entre os moitos tidos coa se compostela e o Xuiz da Terra de Montes. Sostivo un colexio de teoloxia moral xunto co mosteiro de Xunqueira de Espadanedo .

Nave central e capela maior do templo

Na noite do 7 de novembro do ano 1649 prendeuse un lume que queimou gran parte do mosteiro incluindo a totalidade da biblioteca. So o Tombo Grande dos documentos relativos ao mosteiro se conservou. Entre o ano 1797 e o 1800 pechou o colexio sendo trasladado a Salamanca e ao mosteiro de la Santa Espina de Valladolid .

O 30 de abril de 1809 , na escena da guerra da Independencia espanola , o exercito frances na procura do xefe de alarmas de Montes queima "todo e canto habia de util na casa e igrexa". Despois deste ataque volveronse emprender obras de reconstrucion que foron levadas a cabo polo mestre arquitecto Jose de Castro Vallejo, que entre 1801 e 1830 traballou neste e outros mosteiros galegos.

Un dos relixiosos mais prestixiosos do mosteiro foi frei Bernardo Carrasco, que rexeu a comunidade entre os anos 1823 e 1826 sendo ao tempo catedratico numerario de lingua grega da Universidade de Alcala de Henares xunto co doutor don frei Clemente Barbanejo, catedratico de vesperas na mesma universidade e tamen membro de Aciveiro.

Durante o Trienio liberal ( 1821 a 1823 ) disolveuse a comunidade, que en parte se reunificou coa volta do absolutismo . O fin da comunidade chegou a mediados do ano 1835 coa desamortizacion de Mendizabal . No lugar quedaron 3 relixiosos co obxecto de conservaren os seus bens e mantelo en pe. Finalmente no ano 1842 realizouse a liquidacion e poxa do patrimonio do mosteiro.

Doazons [ editar | editar a fonte ]

Cruceiro de Aciveiro

Desde as suas orixes foi obxecto de importantes doazons reais e da nobreza galega. O escrito mais antigo conservado no ano 1617 era un privilexio datado no ano 1193 outorgado polo rei Afonso IX , polo que se lle concedia ao mosteiro a actual vila de San Tome de Pineiro no concello de Marin .

Novos privilexios reais recibiu o mosteiro nos primeiros anos do seculo XIII . Deste xeito, nestes primeiros tempos do mosteiro os seus bens estendianse polas actuais provincias de Pontevedra , Ourense , Lugo e Leon .

O rei san Fernando tamen fixo novas doazons ao mosteiro. De novo cara ao ano 1275 houbo unha doazon real de mans de Afonso X o Sabio , ultima doazon real conecida. A partir desta data desconecense novas doazons rexias, feito motivado pola falta de documentos, perdidos no incendio sofrido polo mosteiro no seculo XVII e o saqueo do mosteiro por parte do exercito napoleonico no ano 1809 .

Ao mesmo tempo tamen foi obxecto de importantes doazons particulares de nobres. Algunhas das mais importantes son a feita por Urraca Fernandez, filla do conde Fernando Perez de Traba , o 3 de agosto do 1237 [ 3 ] ; a feita por Teresa Yanez de Deza , muller de Alonso Suarez de Deza , o 10 de marzo de 1262 , que ademais encomenda ser sepultada no mosteiro; a de Bernardo, bispo de Badaxoz e que fora coengo de Santiago , o 29 de abril de 1306 , que doa bens que tina en Arzua ; ou as feitas pola familia dos Churruchaos, como a de Aldonza Fernandez Churruchao , nai de Afonso Perez Gallinato (o asasino de Sueiro Gomes de Soutomaior ), que manda ser sepultada no mosteiro ao tempo que lle doa bens, doazon a que a seguiron varias dos seus fillos.

Poder economico e xurisdicional [ editar | editar a fonte ]

O mosteiro era considerado entre o grupo de mosteiros economicamente modestos, xunto co de san Clodio , Xunqueira de Espadanedo ou Penamor. As extensas posesions do mosteiro incluian cotos, terras aforadas, encomendas, beneficios parroquiais, granxas, neveiras (establecendose obrigas para xuntar a neve e carrexala ata as neveiras), gando etc.

Fachada de entrada ao mosteiro.

Sobre as encomendas o mosteiro tina poderes plenos no ambito civil, criminal, eclesiastico e economico. O feito de que a maioria das posesions se atopaban na Terra de Montes, e de que estas se atopaban na xurisdicion da Mitra Compostela, propiciou que estes dereitos foran obxecto de moitos preitos cos arcebispos de Santiago. Esta loita rematou no seculo XVII cando os tribunais fallaron a favor da mitra compostela, despoxando o mosteiro de todos os poderes agas do economico.

O gando era un dos piares economicos da comunidade. Por medio de concertos coas freguesias e comarcas limitrofes controlaban tanto o gando domestico como o bravo que vivia en liberdade, asi como o uso dos pastos, xa que do privilexio do seu uso so contaban os vecinos de Aciveiro, Pereira e Duas Igrexas.

Acurrando o gando no claustro de entrada do mosteiro, coa colaboracion dos vecinos das encomendas, realizaban un control efectivo sobre os animais que se atopaban nos seus montes e encomendas. A importancia destes actos fixo que o arquiveiro do Tombo Grande de 1617 deixara por escrito instrucions para facer destes curros un feito menos violento que o que acontecia habitualmente.

Complementaba a explotacion das fragas e devesas, estando prohibida a corta de lena sen licenza do mosteiro.

Un dos servizos mais necesarios para o mosteiro, e polo tanto do que se conservan maiores referencias, era o transporte de vino desde as vinas que posuia no ribeiro do Avia . Para satisfacer esta necesidade tinan establecidas unha serie de obrigas para transportarlle o prezado liquido aos moradores das encomendas, que se vian obrigados a elas por diversas causas: por razon de senorio, antiga vasalaxe, dereitos de foro ou en compensacion polo desfrute dos bens do mosteiro, principalmente o dereito a que o gando puidese pacer nos montes propiedade do mosteiro.

As neveiras propiedade do mosteiro nos montes do Candan tamen foron unha fonte importante de ingresos, a diferenza dos outros mosteiros do cister galegos que non comerciaban co produto das suas neveiras. Comerciaban coa neve surtindo as cidades galegas e levandoa a outras cidades do interior da meseta. Durante o seculo XVII o mosteiro perdeu a exclusividade celosamente protexida e comezaron a proliferar neveiras pertencentes a particulares e a outras institucions, como o cabido de Santiago ou a Audiencia da Coruna, polo que as neveiras do mosteiro perderon moito do seu valor.

Descricion [ editar | editar a fonte ]

A igrexa [ editar | editar a fonte ]

Cabeceira romanica da igrexa.

E unha igrexa de tres naves e tres absidas e configurase como unha mostra exemplar da arquitectura do romanico galego. Conserva a sua fabrica orixinal dun romanico serodio e caracterizado pola escaseza ornamental. Ten como fonte de inspiracion a catedral de Santiago . Desconecese a data de inicio das obras (que comezarian como era costume pola cabeceira ). Foi obxecto de importantes restauracions entre as que se atopan as dos anos 1606 , 1759 e 1911 .

Exterior [ editar | editar a fonte ]

No muro norte conservase a unica porta da antiga fabrica romanica que chegou aos nosos dias. Componse de duas series de arcos e columnas , unha delas estriada, e capiteis historiados. As arquivoltas adornanse con cadeas, estrelas caladas, flores e axadrezado.

Absidas [ editar | editar a fonte ]

As absidas laterais son semicirculares cara ao exterior e en pentagono irregular ao interior, a central e pentagonal. As laterais son de menor dimension que a central tamen mais alta, e tenen menos decoracion. A absida meridional describe tres cuartos de circulo, carecendo de tramo recto. A absida central componse dun tramo recto limitado ao oriente por un contraforte e a parte pentagonal.

A absida central posue semellanzas coa igrexa bernalda de Penamor. Dividese en cinco tramos separados por columnas entregas [ 4 ] . de bases aticas con garras, fustes de quince semitambores e capiteis vexetais entre duas pilastras cuadrangulares. En cada un deles abrese unha venta de arco semicircular con arquivolta sostido por un par de columnas, unhas de capiteis e bases entregas e outras so acaroadas. A cornixa sostense por canzorros de diversa tipoloxia xunto con estrelas e circulos calados e unha franxa axadrezada que arrodea pola metade todo o conxunto. Os capiteis son distintos vexetais, de arquivolta en aresta.

A fachada [ editar | editar a fonte ]
Virxe situada na portada do templo.

A fachada do templo foi totalmente modificada, non conservando nada da sua fabrica romanica. Caracterizase pola sua sobriedade. A sua construcion foi rematada no ano 1792 e sobre o timpano destaca unha antiga imaxe da Virxe co neno no regazo. Sobre ela abrese un van cuadrangular abucinado. A fachada rematase cunha cruz sobre un pedestal e a esquerda do conxunto situase o campanario cunha espadana composta de dous corpos, que foi restaurada no ano 1911 ao ter sufrido graves danos por un raio en xaneiro do ano 1900 .

Fronte a fachada, na explanada atopase un cruceiro , obra do natural de Quireza Francisco Ferreiro no ano 1893 , no que se representa a figura do Redentor, unha Veronica e no reverso a Inmaculada Concepcion sostida por anxos.

O interior [ editar | editar a fonte ]

Detalle do falso triforio da nave central.

De planta basilical , dividese en tres longas naves , coa central mais ancha que as laterais, e que se alzan a grande altura soportadas por piares cadrados cunha columna acaroada e coroadas por capiteis de sinxela ornamentacion vexetal, a imaxe dos piares da se compostela . Destaca a existencia dun triforio , elemento arquitectonico nada usual no romanico galego da orde.

A nave central ten 36 metros de lonxitude e aproximadamente 12 de altura. As naves cobrense cun tellado con armazon de madeira. As ventas configuranse con arcos de medio punto sostidos por duas columnas con capiteis con diversas representacions: touros, patos, cabalos e monstros alados con cabeza de leon etc.

As columnas decoranse con capiteis de moi variada tematica. Neles representanse figuras antropomorfas, motivos vexetais e seres monstruosos e mitoloxicos como leons alados.

O falso triforio que conforma o alto da nave central componse de columnas xemelgas conformando unha galeria de dupla arcada.

O templo abrese cara ao exterior por medio de oito vans non pertencentes a fabrica orixinal romanica, senon a reformas posteriores.

A porta da sancristia e de arco apuntado e destaca pola sua ornamentacion vexetal, xeometrica e con representacions de animais e figuras humanas, entre as que destaca un demo con orellas de asno .

O testeiro componse de tres absidas , sendo a central pentagonal e circulares as laterais.

Capela e retablo maior [ editar | editar a fonte ]
Representacion da Ultima Cea nun posible altar romanico.

A capela maior cobrese cunha boveda estrelada de estilo gotico datada no seculo XVI . Un arco formeiro moldurado da acceso a esta capela. Danlle luz cinco ventas romanicas. Componse por duas arcadas de tres arcos. Os capiteis presentan sinxelos motivos vexetais e xeometricos. A boveda presenta nas suas claves florons e escudos de diversa tipoloxia. Na clave central destaca o escudo do mosteiro: brazo con manga de cogulla co baculo abacial na man e flanqueado por duas flores de lis e baixo eles unha mitra e dados.

No seu interior esta o altar maior. O retablo e de feitura barroca e e obra de Miguel de Romay . Componse de tres corpos. No primeiro atopamos a imaxe da Virxe e san Pedro e san Paulo. No segundo, no centro, un calvario e a ambolos lados san Bernaldo e san Bieito vestidos con atributos abaciais, atribuidos a Ferreiro. No terceiro corpo, o superior, a imaxe de san Tome, segundo patron da casa, e no centro un grande escudo do mosteiro.

Tamen conserva o altar romanico. Na mesa do altar conservase un altorrelevo que se lle engadiu de frontal. Probablemente a sua orixe estea no seculo XVI . Representa a Ultima Cea e na actualidade atopase fragmentada. Semella ser os restos dun antigo retablo ou baldaquino e presenta varias similitudes cunha peza de Ribas de Sil .

As capelas laterais [ editar | editar a fonte ]

Son capelas circulares cubertas con boveda de canon . A do evanxeo esta dedicada a san Bieito e a da epistola a san Bernaldo, a primeira co arco adornado con estrelas caladas, flores cruciformes e diversa ornamentacion xeometrica. Adornanse con retablos de identica feitura. Tres grandes ventas dan luz as capelas.

No seculo XVII a obra ameazaba ruina, motivo polo que se reforzou con contrafortes . Xa no ano 1911 fixeronse obras de consolidacion do muro sur do templo. A principios da decada de 1970 o templo foi restaurado por Patrimonio Artistico Nacional.

Enterramentos [ editar | editar a fonte ]
Lapida sepulcral situada na nave esquerda
Sepulcro con labras heraldicas dos Bermudez de Castro

O templo, xunto co do mosteiro de Carboeiro , serviu de panteon da nobreza das Terras de Montes, Deza e Trasdeza.

Entre esas familias a casa dos Camba dos Turrichao ou Churruchaos tinan nel capela propia, a chamada de Don Alvaro .

Dos moitos enterramentos que acolleria este templo so dous se conservan:

  • Un primeiro situado na nave da esquerda, que e de tipo estola e que na sua tampa ten gravado un estilizado baculo . A tradicion sinalao como o pertencente ao abade Gonzalo das Penas ( sec. XV ), dato non compartido por Antonio Rodriguez Fraiz que o vincula ao primeiro abade do mosteiro, o abade Pedro.
  • O segundo sepulcro tamen carece de inscricions e decorase con labras heraldicas con axadrezados propios da familia Bermudez de Castro e pode datarse no comezo do seculo XVII .

O mosteiro [ editar | editar a fonte ]

Das primitivas edificacions apenas quedan mostras, xa que as reformas realizadas desde a metade do seculo XVI ata o ano 1813 fixeronas desaparecer.

A actual residencia parroquial conservase en bo estado, facendo angulo recto coa fachada da igrexa. Esta residencia posue un portico de acceso de estilo clasico e unha balconada de ferro fundido apoiado sobre mensulas. Dous claustros forman parte do conxunto: entrando polo portico, atopamos o claustro do curro.

Os claustros [ editar | editar a fonte ]

O claustro do curro e rectangular e de grandes dimensions. Servia como lugar de recepcion dos froitos, eira de mallar e como lugar para acurrar os gandos que pastaban nos montes das encomendas do mosteiro. Nel atopase unha fonte datada no ano 1802 . A sua dereita observase o acceso as cortes, galineiros e vivendas dos pastores e persoas ao servizo do mosteiro. A esquerda podese ver un paso (tramo abovedado con boveda de medio canon) que leva as dependencias monacais e ao claustro baixo, e chega a unha dependencia que comunica coa escaleira de acceso a planta alta e outras duas portas que levan ao claustro baixo e a outros departamentos.

O claustro procesional e unha obra realizada na segunda metade do seculo XVIII . E o mellor conservado. De traza clasica, pechase con muros de canteria de pedra labrada adornados con pilastras cuadrangulares e unha imposta que marca a planta, e rematase cunha cornixa con gargolas nos esquinais. Nel os canteiros deixaron as datas de remate das obras (a sur no 1760 e a oeste no 1769 ).

Outros departamentos [ editar | editar a fonte ]

Restos do claustro das procesions.

A cocina e unha das pezas mellor conservadas. De planta rectangular, abrese ao exterior por medio de duas ventas e cobrese cunha boveda. Destaca nela a cheminea. Contaba con auga corrente, despensa e torno co que comunicaba co refectorio. Rematouse no ano 1801 .

O refectorio data do ano 1802 e ao seu caron atopanse as cortes cubertas con boveda de medio canon e que conserva o piso empedrado coas canalizacions de evacuacion do zudre e oito comedeiros de pedra.

Outro dos departamentos a salientar e o gran salon, posible sala capitular . Tratase dunha obra do seculo XVI e que presenta tres portas de acceso e a que da luz sete ventanais.

No corredor do claustro baixo atopase unha porta romanica de finais do seculo XIII deteriorada por modificacions posteriores e que da acceso ao capitulo, unha das estancias mais grandes do mosteiro e que nos seus muros conserva restos romanicos das primeiras edificacions do mosteiro.

Estado de conservacion [ editar | editar a fonte ]

O templo atopase en bo estado de conservacion e permanece aberto ao culto, podendo ser visitado. As estancias monacais foron restauradas no ano 2005 e convertidas nun Hostal-Monumento a "Hospederia San Gonzalo das Penas" con tres estrelas de categoria sendo a sua visita moi dificultosa.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Que di "≪Deiparae Virginis Mariae≫ ou como di A. Manrique ≪propter amorem Dei matris≫ e ≪ordo cistercius≫ , na sua obra Anales Cistercienses . Vol. II, pax. 506.
  2. Data aceptada por varios autores, entre outros Cocherill que na sua obra Les cisterciens dans la Peninsule iberique acepta a data como a de afiliacion a Clairvaux.
  3. Cunha dobre interpretacion xa que alguns autores consideran que e o de Aciveiro o receptor e outros que e o vecino Mosteiro de Carboeiro
  4. Aquelas que aparentan estar parcialmente incrustada no muro ou outro corpo da construcion

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]