한국   대만   중국   일본 
Morris Swadesh - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Morris Swadesh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMorris Swadesh
Biografia
Nacemento 22 de xaneiro de 1909 Editar o valor em Wikidata
Holyoke, Estados Unidos de America (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 20 de xullo de 1967 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Cidade de Mexico Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Estados Unidos de America Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade Yale
Universidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Linguas indixenas de America Editar o valor em Wikidata
Ocupacion linguista , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Empregador Office of Strategic Services (pt) Traducir
Instituto Politecnico Nacional
Universidade de Wisconsin-Madison Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Conxuxe Mary Haas (1931?1937)
Premios

BNE: XX1366825 WikiTree: Swadesh-1

Morris Swadesh , nado en Holyoke , Massachusetts , o 22 de xaneiro de 1909 e finado en Cidade de Mexico o 20 de xullo de 1967 , foi un linguista norteamericano, reputado, entre outras cousas, como creador da glotocronoloxia .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Naceu no seo dunha familia de orixe xudia e tivo como lingua materna o yiddish . Considerado discipulo de Edward Sapir , graduouse en linguistica en 1930 , ao completar os estudos na Universidade de Chicago . En 1933 doutorouse en Yale , cun traballo que se centraba na lingua dos nootka . Mais tarde estudou o chitimacha , do que descubriu que era unha lingua illada. Os seus traballos sobre este idioma son agora utilizados para estudala, porque hoxe figura como unha lingua morta.

En 1937 marchou para Mexico , onde foi director do Consello de Linguas Indixenas (Consejo de Lenguas Indigenas) , e director de linguistica no Departamento de Asuntos Indixenas. En 1941 regresou aos EUA para colaborar no exercito na elaboracion de dicionarios de chines , birmano , ruso e espanol . Mais en 1948 retirouselle o pasaporte, acusado de realizar actividades " esquerdistas ". En 1953 tornou a Mexico para exercer de profesor de antropoloxia e linguistica.

Estivo casado coa tamen linguista Mary Rosamund Haas .

Labor [ editar | editar a fonte ]

Morris Swadesh contribuiu profundamente ao estudo da fonoloxia , desenvolvendo unha serie de principios destinados a definir os fonemas dunha lingua a partir da distribucion dos sons. Por exemplo, en ingles o son /p/ e diferente nos vocabulos pit (≪buraco≫), upper (≪en alto≫) e spill (≪difundir≫). A pronunciacion dun depende da sua posicion na palabra. Swadesh sublinou que estas variantes de son, posicionais son ≪distribuidas de modo complementario≫, polo que deben ser consideradas como caso dentro dun mesmo tipo de son ou fonema. A analise distribucional tornouse un procedemento xeral no estudo dos elementos de base da estrutura das linguas, permanecendo ate o presente como parte integrante da metodoloxia linguistica.

Outra das suas obras mais duradeira e a denominada lista Swadesh de 100 "significantes" basicos que se utilizan, non sen controversia academica, para descubrir a xenealoxia das linguas. Esta tecnica conecese como glotocronoloxia , as veces tamen dita lexicoestatistica , ainda que existen certas diferenzas entre ambas as disciplinas.

Seleccion de publicacions [ editar | editar a fonte ]

  • Swadesh, Morris ( 1932 ), The Expression of the Ending-Point Relation in English, French, and German .
  • Swadesh, Morris ( 1934 ), The Phonemic Principle , en Language , 10.
  • Swadesh, Morris ( 1937 ), A Method for Phonetic Accuracy and Speed , en American Anthropologist , 39.
  • Swadesh, Morris ( 1950 ), Salish internal relationships , en International Journal of American Linguistics , 16, 157-167.
  • Swadesh, Morris ( 1952 ), Lexicostatistic dating of prehistoric ethnic contacts , en Proceedings American Philosophical Society , 96, 452-463.
  • Swadesh, Morris ( 1955 ), Towards greater accuracy in lexicostatistic dating , en International Journal of American Linguistics , 21, 121-137.
  • Swadesh, Morris ( 1959 ) Linguistics as an Instrument of Prehistory , en Southwestern Journal of Anthropology , 15.
  • Swadesh, Morris ( 1971 ) The Origin and Diversification of Language , Routledge & Kegan, Londres (inacabado).

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Newman, Stanley ( 1967 ), Morris Swadesh (1909-1967) , en rev. Language , 43.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]