한국   대만   중국   일본 
Mohamed Salah - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mohamed Salah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mohamed Salah
Informacion persoal
Nome Mohamed Salah Ghaly
Nacemento 15 de xuno de 1992 (32 anos)
Lugar de nacemento Nagrig
Altura 1,75 m
Posicion Dianteiro
Informacion de club
Club actual Liverpool
Numero 11
Carreira xuvenil
2004?2005 Ittihad Basyoun
2005?2006 Othmason Tanta
2006?2010 El Mokawloon SC
Carreira senior
Anos Equipos Aprs ( Gls )
2010?2012 El Mokawloon 38 (11)
2012?2014 Basel 47 (9)
2014?2016 Chelsea 13 (2)
2015 Fiorentina (cedido) 16 (6)
2015?2016 Roma (cedido) 34 (14)
2016?2017 Chelsea 31 (15)
2017? Liverpool 36 (32)
Seleccion nacional
2010?2011 Exipto sub-20 11 (3)
2011?2012 Exipto sub-23 11 (4)
2011? Exipto 57 (33)
Na rede
IMDB: nm7895524 Facebook: MomoSalah Twitter: MoSalah Instagram: mosalah FIFA: 344654 UEFA: 250052469 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles so en liga domestica.
Club: actualizado a 13 de maio de 2018.
Seleccion: actualizado a 23 de marzo de 2018. editar datos en Wikidata  ]

Mohamed Salah Ghaly (en arabe : ???? ????? ), nado en Basyoun, Gharbia o 15 de xuno de 1992 , e un futbolista exipcio , que xoga como dianteiro no Liverpool F.C. da Premier League de Inglaterra e na seleccion de Exipto .

Comezou a sua carreira en Al-Mokawloon Al-Arab . Logo trasladouse o FC Basel en 2012 e posteriormente xogou para Chelsea , Fiorentina (en prestamo) e Roma antes de ser transferido o Liverpool en 2017. Ademais de representar o equipo nacional exipcio dende 2011, ganou unha Medalla de bronce na Copa Africana de Nacions Sub-20 . Tamen participou na Copa Mundial Sub-20 da FIFA 2011 , nos Xogos Olimpicos de 2012 e a Copa Africana 2017 , onde Exipto foi subcampion e se clasificou no Mundial de Futbol Rusia 2018 . Salah converteuse no maximo goleador da Clasificacion mundial da FIFA na CAF . Ganou a Super Liga suiza na sua primeira tempada co Basilea e a Premier League 2014-15, a Football League Cup 2014-15 co Chelsea. Foi galardoado pola CAF como o talento africano mais prometedor do ano en 2012. En 2013, foi galardoado co premio SAFP Golden Player por ser o mellor xogador da Super Liga Suiza. En 2017, foi nomado Futbolista africano do ano e Futbolista Africano da BBC do ano. Tamen foi galardoado duas veces como o xogador do mes da Premier League, en novembro de 2017 e en febreiro de 2018.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Comezos e primeiros anos [ editar | editar a fonte ]

Salah formouse no Mokawloon Al-Arab e no Arab Contractors . Ademais de representar o equipo nacional do seu pais a unha idade tempera, tamen participou na Copa Mundial Sub-20 da FIFA e nos Xogos Olimpicos de Londres de 2012 .

En agosto de 2012, o Basel fixose cos seus servizos. [ 1 ] Salah ganou a Super Liga suiza na sua primeira tempada, sendo galardoado co premio o Futbolista africano do ano .

Chelsea [ editar | editar a fonte ]

Tempada 2013/14 [ editar | editar a fonte ]

O seu bo rendemento en Suiza permitiulle fichar polo Chelsea en xaneiro de 2014, [ 2 ] curiosamente o equipo o que lle marcara dous goles na Liga de Campions da UEFA 2013-14 . O 8 de febreiro de 2014 entra en troques de William no minuto 78 debutando no futbol ingles ante Newcastle . Marca o seu primeiro gol o 26 de marzo na vitoria por 6 a 0 fronte o Arsenal e o seu segundo o 5 de abril ante Stoke City no triunfo por 3-0. Remata a tempada con 800 minutos xogados e so xogou un partido completo e 7 de titular. O equipo non gana titulos e queda terceiro na Premier League .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Salah zaubert Basel gegen Lausanne zum Sieg" . Blick (en aleman) . 18 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuno de 2018 . Consultado o 15 de xuno de 2018 .  
  2. "El Chelsea ficha a Mohamed Salah" . Marca . 23 de xaneiro de 2014.