Modernismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa Batllo (1905) do catalan Antoni Gaudi , en Barcelona .
Fachada principal do edificio Simeon (1906) dos irmans galegos Gomez Roman , en Vigo .

Modernismo e o termo co que se designa a unha corrente de renovacion artistica e literaria desenvolvida a finais do seculo XIX e principios do XX . Segundo os distintos paises, recibiu diversas denominacions: Art Nouveau (en Belxica e Francia ), Sezession (en Austria ), Jugendstil ( Alemana ), Liberty ( Inglaterra ) e Floreale (en Italia ). En catalan, modernisme ou Estilo modernista .

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

As caracteristicas mais importantes de dita corrente literaria son o preciosismo, exotismo, a alusion os nobres, mundos desaparecidos (a idade media cabaleiresca, as cortes dos Luises en Francia, as monarquias chinesas e xaponesas). Mencion dos obxectos preciosos. Simbolo: cisne.

O modernismo opon o latino o anglosaxon. O modernismo e unha reaccion que vai en contra do positivismo, e interesase pola teosofia. Na narrativa oponse o realismo, optando pola novela historica ou a cronica de experiencias da alucinacion e a loucura ; a descricion de ambientes de refinada bohemia. Introduce o personaxe da muller fatal, que leva os homes o pracer e a morte

De acordo con Francisco Rico , a palabra modernismo, foi un calco dunha tendencia heterodoxa con respecto o catolicismo tradicional, condenada como modernismo por Pio X e Leon XII , e que foi debatido nas duas ultimas decadas. Posteriormente foi un calco despectivo do moderno. Ata que os modernistas a adaptaron como signo de identidade. (Rico, Francisco "O Modernismo como actitude" p. 46).

Unha arte nova [ editar | editar a fonte ]

Todas estas denominacions fan referencia a intencion de crear unha arte nova, levando a cabo unha rutura cos estilos dominantes na epoca, tales como o historicismo ou o eclecticismo. Tratase de crear unha estetica nova, en que predominen a inspiracion na natureza a vez que se incorporen novidades derivadas da revolucion industrial. E asi en arquitectura e frecuente o emprego do ferro e o cristal. Asi a todo, e igualmente unha reaccion a pobre estetica da arquitectura en ferro, tan en voga por eses anos.

En gran medida as suas aspiracions baseanse nas ideas de John Ruskin e William Morris , que podemos resumir en democratizar a beleza no sentido de que ata os obxectos mais cotians tenan valor estetico e sexan accesibles a toda a poboacion (socializacion da arte), grazas as tecnicas de producion masiva facilitadas pola revolucion industrial. Por iso o modernismo non so se da nas artes maiores, senon tamen no deseno de mobiliario e todo tipo de obxectos utiles na vida cotia. A miudo os artistas modernistas son artistas "integrais", pois non so desenan edificios, senon os mobles e outros aparellos de uso diario. Asi pois moitos arquitectos modernistas son tamen desenadores, pois as suas creacions non se limitan o edificio en si, dado que tamen elaboran a sua decoracion e os utensilios que ha de conter.

Consecuentemente, deuse en arquitectura, pintura, escultura e nas artes decorativas e menores (mobles, lampadas, xoias, carteis etc. ).

Unha das suas caracteristicas e o uso da lina curva e a disimetria, tanto na plantas e o alzado dos edificios como na decoracion. Nesta ultima e moi frecuente o uso da chamada "lina latego". Unha derivacion deste estilo na decada de 1920 e a denominada Art deco .

Artistas mais destacados [ editar | editar a fonte ]

Galegos [ editar | editar a fonte ]

Outros [ editar | editar a fonte ]

Arquitectura modernista en Galicia [ editar | editar a fonte ]

Torre dos Moreno , en Ribadeo .
Casa Rey , na Coruna .

O modernismo entra en Galicia no ano 1900 , ainda moi influenciado polo eclecticismo burgues, o modernismo puro chega a Galicia algo mais tarde ca no resto de Europa ( 1908 - 1914 ) seguindo o modernismo ou art nouveau europea. Salientan obras nas cidades da Coruna, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela. A partir de 1914, co estoupido da primeira guerra mundial a arquitectura volve ao eclecticismo para rematar no racionalismo contra o ano 1930 [ 1 ] O modernismo en Galicia ven da man de burgueses enriquecidos co comercio ultramarino e pola incipiente industria naval e conserveira, que amosaba a sua prosperidade economica e cultural a sociedade do seu tempo.

O modernismo galego caracterizase polo uso de fabrica de pedra de granito e de galerias por mor da necesidade de luz no interior dos edificios, onde salienta a cidade da Coruna, coas suas belas galerias de fermosos enfeites na decoracion das fachadas. Estas galerias construense en madeira e sempre van pintandas en cor branca e apoian en canzorros de pedra. Tamen salientan os balcons de ferro forxado. [ 2 ] .

A Coruna [ editar | editar a fonte ]

Entra da man do arquitecto asturiano Julio Galan Carvajal , diferentes casas. Con Ricardo Boan fai a casa da rua de Juana de Vega; e segue co Pazo de Xustiza e coa Casa Rey . Tamen salientaron os galegos Antonio Lopez Hernandez e Andres Reboredo

Pontevedra [ editar | editar a fonte ]

Edificios modernistas na praza da Ferreria en Pontevedra .

Salientou Antonio Lopez Hernandez coa sua casa da Praza da Estrela ou a casa de Prudencio Landin .

Ferrol [ editar | editar a fonte ]

Salientou Rodolfo Ucha Pineiro , foi arquitecto municipal en 1908 despois de volver licenciado de Madrid.

Vigo [ editar | editar a fonte ]

Edificio Banco de Vigo , eclectico con toques modernistas.

O modernismo vigues caracterizase pola sinxeleza e o uso do granito , que lle proporciona caracteristicas de seu. O seu representante mais salientabel foi Benito Gomez Roman , que xa no seu edificio de Garcia Barbon de 1901 inclue elementos premodernistas. En 1906 crea o espectacular Edificio Simeon , moi influenciado pola obra viguesa de Michel Pacewicz . A morte prematura de Benito fai que a sua obra sexa rematada polo seu irman Manuel Gomez Roman . Tamen salientan Luis Vidal e especialmente o vigues Jose Franco Montes , consciente do seu modernismo.

Santiago de Compostela [ editar | editar a fonte ]

O vigues Jose Franco Montes realiza unha casa na zona vella, para despois abandonar o modernismo polo eclecticismo . En Compostela o modernismo sofre a presion da Igrexa. Jesus Lopez de Rego impuxo o seu modernismo de grande elegancia influenciado pola escola de Glasgow entre 1906 e 1912 . Antonio Palacios viuse premido pola Igrexa na construcion do Pavillon de Recreo Artistico e Industrial de 1909 .

Ourense [ editar | editar a fonte ]

O modernismo chega mais tarde. Salienta Daniel Vazquez-Gulias Martinez , arquitecto municipal entre 1909 e 1914 , cando usou elementos do modernismo internacional nalguns dos seus edificios eclecticos, influenciado polo modernismo corunes e pola obra de Otto Wagner .

  • Casa para Ricardo Sampayo, (1909), de Daniel Vazquez-Gulias Martinez.
  • Casa na Praza Maior (1909), de Daniel Vazquez-Gulias Martinez, clara influencia da obra de Julio Galan Carvajal na Coruna.
  • Casa Alfonso Junquera (1913), de Daniel Vazquez-Gulias Martinez.

Sada [ editar | editar a fonte ]

Os arquitectos do grupo corunes: Julio Galan Carvajal , Ricardo Boan e Antonio Lopez Hernandez , desenvolveron obras modernistas na vila de Sada .

Ribadeo [ editar | editar a fonte ]

Obras importantes fora de Galicia [ editar | editar a fonte ]

  • Azul (de Dario, en Nicaragua )
  • Casa Batllo (de Gaudi, en Barcelona )
  • Bocas do Metro (de Guimard, en Paris )
  • Casa Tassel (de Horta, en Bruxelas )
  • Friso Beethoven (de Klimt, en Viena )
  • Escola de Arte (de Mackintosh, en Glasgow )
  • Edificio Sezession (de Olbrich, en Viena)
  • Edificio da Caixa Postal (de Wagner, en Viena)

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Henriquez Urena, Mac. Breve historia do modernismo. Mexico: Fondo de cultura Economica, 1978.
  • Rico, Francisco. Historia y critica de la Literatura espanola: Modernismo y 98 . Barcelona: Editorial Critica, 1980.
  • Schmutzler, Robert. El modernismo . Madrid: Alianza Forma, 1985.
  • Ward, Thomas. "Los posibles caminos de Nietzsche en el modernismo". Nueva Revista de Filologia Hispanica 50.2 (2002): 489-515

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]