한국   대만   중국   일본 
Miguel VIII Paleologo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Miguel VIII Paleologo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel VIII Paleologo

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (el) Μιχα?λ Η? Παλαιολ?γο? Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 1224 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Imperio de Nicea Editar o valor em Wikidata
Morte 11 de decembro de 1282 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Tracia Editar o valor em Wikidata
Emperador bizantino
15 de agosto de 1261 ? 11 de decembro de 1282
←  Balduino II de Constantinopla ? Andronico II Paleologo  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Imperio Bizantino
Imperio de Nicea Editar o valor em Wikidata
Relixion Cristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion politico Editar o valor em Wikidata
Familia
Familia Dinastia Paleologo Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Teodora Ducaina Vatatzina
Parella Diplovatatzina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Fillos Manuel Palaiologos (en) Traducir
  ( ) Teodora Ducaina Vatatzina (pt) Traducir
Andronico II Paleologo
  ( ) Teodora Ducaina Vatatzina (pt) Traducir
Constantino Paleologo (pt) Traducir
  ( ) Teodora Ducaina Vatatzina (pt) Traducir
Irene Paleologa (pt) Traducir
  ( ) Teodora Ducaina Vatatzina (pt) Traducir
Anna Palaiologina (en) Traducir
  ( ) Teodora Ducaina Vatatzina (pt) Traducir
Eudoxia Paleologa (pt) Traducir
  ( ) Teodora Ducaina Vatatzina (pt) Traducir
Teodoro Paleologo (pt) Traducir
  ( ) Teodora Ducaina Vatatzina (pt) Traducir
Euphrosyne Palaiologina (en) Traducir, fillo ilexitimo
  ( ) Diplovatatzina (en) Traducir
Maria Paleologa (pt) Traducir, fillo ilexitimo
  ( ) Diplovatatzina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Andronico Ducas Comneno Paleologo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e  Theodora Angelina Palaiologina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Constantino Paleologo (pt) Traducir, Irene Palaiologina (en) Traducir, Joao Paleologo (pt) Traducir, Zacaria Paleologo e Maria-Martha Palaiologina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

BNE: XX5673059 WikiTree: Palaiologos-12

Miguel VIII Paleologo , nado en 1225 e finado o 11 de decembro de 1282 , foi o fundador da dinastia dos Paleologo que reinou no Imperio bizantino ata a caida de Constantinopla en 1453 . Restaurou o debilitado Imperio en 1261 e gobernouno ata a sua morte.

Ascenso ao trono [ editar | editar a fonte ]

Miguel VIII era o fillo do megas domestikos Andronico Ducas Comneno Paleologo e de Teodora Paleoloxina , neta de Aleixo III Anxo , o ultimo emperador bizantino lexitimo. Malia que os nosos conecementos sobre xenealoxia bizantina son bastante incompletos, podense atopar ata once emperadores entre os antepasados de Miguel VIII. Era un dos homes de mais nobre estirpe na Constantinopla da sua epoca, e seguramente naceria emperador se non fose pola conquista latina de Constantinopla en 1204 .

A idade moi tempera alcanzou moitas distincions e chegou a capitanear un corpo de mercenarios franceses contratados polo emperador de Nicea . Poucos dias logo da morte de Teodoro II Lascaris en 1259 , Miguel, grazas ao asasinato de Muzalon (que se supon que o alentou, ainda que non esta probado), converteuse en rexente, xunto co patriarca Arsenio , do novo emperador Xoan IV Ducas Lascaris , que enton era un neno de oito anos. Pouco despois seria investido co titulo de despota , para ser finalmente proclamado emperador conxunto co apoio dos xenoveses .

Reinado [ editar | editar a fonte ]

En 1261 , Miguel arrebatou Constantinopla ao emperador latino Balduino II de Constantinopla , e fixose coroar co seu fillo mais novo Andronico como co-emperador. A finais do mesmo ano, mandou cegar e deportar a Xoan Lascaris. Por mor disto, foi excomungado por Arsenio, condena que non foi levantada ata seis anos despois ( 1268 ) cando se nomeou un novo patriarca. Tras incapacitar deste xeito a Xoan Lascaris para o trono, Miguel casou as irmas de Xoan con principes estranxeiros, para evitar asi que os seus descendentes ameazasen os dereitos dos seus propios fillos ao titulo imperial.

Ao acceder ao trono, Miguel aboliu todos os costumes latinos e restaurou moitas das cerimonias e institucions bizantinas que existiran antes da conquista latina . A sua maior ambicion era reconstruir o Imperio grego como un forza a ter en conta na politica internacional. Pero era consciente do perigo que suponia o Occidente latino, en especial que os seus vecinos de Italia ( Carlos de Anjou , o Papa Martino IV e os venecianos ) se aliasen na sua contra; por iso procurou evitar os erros de Manuel I Comneno .

En 1263 e 1264 respectivamente, Miguel, co apoio do Papa Urbano IV , asinou as paces con Guillerme II Villehardouin , principe de Acaia , e con Miguel, despota de Epiro , que foran incitados polo Papa a atacalo, pero que foron derrotados na batalla de Pelagonia en Tesalia (1259). Villehardouin viuse obrigado a ceder Mistra , Monemvasia e Maina, en Morea . Posteriormente, Miguel tamen loitou contra os xenoveses e venecianos, cuxa influencia en Constantinopla queria reducir, mantendo o equilibrio de forzas entre ambos grupos de italianos.

Co fin de aproximarse ao Papado, e separalo dos seus outros inimigos, Miguel decidiu unificar a Igrexa bizantina coa catolica : para iso, asinouse unha debil union entre ambas igrexas no Segundo Concilio de Lion en 1274 . Tomou esta decision con grandes prexuizos no seu Imperio, pois as suas prisions encheronse con moitas persoas fieis a fe ortodoxa. Durante certo tempo pareceu que a medida funcionara, pero finalmente, o Papa Martino IV (que en parte seguia as ordes de Carlos de Anjou) o excomungou . Agora necesitaba unha nova tactica e fixo uso da diplomacia bizantina para conseguir que os catalans de Pedro III de Aragon atacasen Sicilia , nas famosas Vesperas sicilianas , partindo asi en dous o reino de Carlos de Anjou.

Ao reconstruir o Imperio bizantino, Miguel recuperou a antiga administracion sen preocuparse de corrixir os seus abusos. Asi, reduciu a lei das moedas, o que conduciu a decadencia do comercio bizantino. Morreu en Tracia en decembro de 1282 , pero a sua dinastia se prolongou durante case dous seculos, un periodo mais longo co de calquera outra da historia romana.

Familia [ editar | editar a fonte ]

En 1253 , Miguel VIII casou con Teodora Ducas Vatatzaina , sobrina-neta de Xoan III Ducas Vatatzes , emperador de Nicea . Orfa na sua nenez, foi educada polo seu tio Xoan III, de quen se dicia que a amaba como a sua propia filla , e que dispuxo o seu matrimonio con Miguel. Os seus fillos foron:

  1. Manuel (c. 1254 - 1259).
  2. Andronico II Paleologo ( 1259 - 1332 ).
  3. Constantino ( 1261 - 1306 ).
  4. Irene Paleoloxina , casada co tsar Ivan Asen III de Bulgaria .
  5. Ana Paleoloxina , casada con Demetrio Anxo .
  6. Eudoxia Paleoloxina , casada co emperador Xoan II de Trebisonda .
  7. Teodora Paleoloxina , casada co rei David VI Narin de Xeorxia e Imereti .

Coa sua amante, unha Diplobatatzaina, tivo duas fillas ilexitimas:

  1. Eufrosina Paleoloxina , casada con Nogai Khan .
  2. Maria Paleoloxina , casada con Abaga Khan .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Biibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Nicol, Donald. The Last Centuries of Byzantium, 1261-1453 , 1993
  • Vannier, J-F. Les premiers Paleologues (Etudes prosopographiques), 1989
Imperio Bizantino

Segue a:
Xoan IV Ducas Lascaris
Miguel VIII Paleologo
Precede a:
Andronico II Paleologo
Dinastia Paleologo