한국   대만   중국   일본 
Merchandising - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Merchandising

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Merchandising ( literalmente do ingles "mercancia"), ou Micromercadotecnia e a parte da mercadotecnia que ten por obxecto aumentar a rendibilidade no punto de venda.

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Son actividades que estimulan a adquisicion no punto de venda. Obxectivos do merchandising: chamar a atencion, levar ao cliente ao produto, facilitar a accion de compra. E o conxunto de estudos e tecnicas comerciais que permiten presentar o produto ou servizo nas mellores condicions ao consumidor final . En contraposicion a presentacion pasiva, realizase unha presentacion activa do produto ou servizo utilizando unha ampla variedade de mecanismos que o fan mais atractivo: colocacion, presentacion etc.

Podemos definir merchandising como toda actividade desenvolta nun punto de venda, que tende a reafirmar ou trocar a conduta de compra.

Seculo XX [ editar | editar a fonte ]

A partir do seculo XX coa aparicion dos grandes almacens, produciuse un importante cambio nas condicions de venda:

  • O produto ponse ao alcance do consumidor eliminando o mostrador e o dependente.
  • O vendedor actua de mero consultor polo que a sua participacion non e imprescindible.
  • Xeneralizanse a libre circulacion de mercancias e as grandes superficies.

En 1934 tivo lugar o nacemento en Francia dos almacens populares que se caracterizaron pola venda dun menor numero de referencias de produtos basicos a prezos reducidos. Ao ter que escoller o cliente o produto directamente do andel, faise necesario incrementar o seu atractivo a traves do seu deseno grafico e estrutural. En 1958 naceu o primeiro supermercado e en 1963 creouse o primeiro hipermercado .

Elementos [ editar | editar a fonte ]

A continuacion enumeranse alguns dos elementos utilizados no Merchandising:

  • Situacion preferente de produto. Tratase de situar o produto en lugares onde aumentan as posibilidades de ser adquirido polo consumidor. En supermercados e superficies de libre servizo son as cabeceiras de gondola , os estantes a altura dos ollos e as zonas preto das caixas.
  • Pilas e exposicions masivas de produto. Dan sensacion de abundancia e adoitan provocar un positivo efecto nos compradores.
  • Cubetas. Contedores expositores descubertos. Se os produtos estan desordenados dan sensacion de ganga.
  • Extensions de lineal. Disposicions extensibles dos andeis destinados a facer sobresair un produto dos mais.
  • Mastros. Carteis rixidos sostidos por unha hasta nos que se anuncian ofertas ou produtos.
  • Carteis . Mensaxes anunciadoras que se colgan nas paredes, o mobiliario ou o teito do establecemento.
  • Sinalizadores. Indicadores tales como frechas ou linas no chan que serven para dirixir o trafico e a atencion dos consumidores.
  • Publicidade en punto de venda . Expositores ou presentadores de produto de caracter permanente ou temporal.
  • Displays .
  • Demostracions e degustacions . Adoitan ter moita aceptacion nos establecementos e provocar importantes incrementos de venda. As demostracions realizanse para produtos de uso como electrodomesticos e as degustacions para alimentos e bebidas.
  • Animacion en punto de venda . Conxunto de accions promocionais que se celebran nun establecemento durante un tempo determinado con motivo dun acontecemento particular. Por exemplo: Semana fantastica, Dia de San Valentin etc.

Obxectos promocionais [ editar | editar a fonte ]

Outra acepcion do merchandising e a de obxectos promocionais . Co fin de promocionar o lanzamento dun produto ou dun evento cultural (pelicula, simposio, feira etc.) os fabricantes ou produtores ponen a venda pequenos obxectos relacionados co mesmo: bonecos , camisetas , chaveiros, xoguetes etc. Esta tecnica ten especial gancho co publico infantil e xuvenil.