한국   대만   중국   일본 
Mentira - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mentira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pinocchio , figura literaria ligada culturalmente a mentira.

Unha mentira e unha declaracion realizada por alguen que sabe, cre ou sospeita que e falsa en todo ou en parte, esperando que os ointes o crean, de forma que se oculte a realidade en forma parcial ou total. Unha certa oracion pode ser unha mentira se o interlocutor pensa que e falsa ou que oculta parcialmente a verdade. En funcion da definicion, unha mentira pode ser unha falsidade xenuina ou unha verdade selectiva, esaxerar unha verdade, se a intencion e enganar ou causar unha accion en contra dos intereses do ointe. As ficcions , ainda que falsas, non se consideran mentiras. Mentir e dicir unha mentira . As persoas que din unha mentira, especialmente aquelas que as din frecuentemente, cualificanse de mentireiras . Mentir implica un engano intencionado e consciente. Ten como sinonimos parciais: alburgada, bouba, embuste, loia, loiada, trola, falacia ou farol. [ 1 ]

Concepto [ editar | editar a fonte ]

Tamen e mentira o acto da simulacion ou o finxir. Por exemplo, se alguen atropela unha persoa e foxe do lugar sen ser identificado e, despois dun tempo, regresa e mesturase cos curiosos e finxe indignacion polo ocorrido, esta a mentir a todos aqueles ante quen simula ou finxe inocencia . Noutras palabras, para mentir non se necesita dicir palabra algunha.

Outra forma de mentira non verbal constituea o feito de facerse pasar por discapacitado fisico co fin de obter algun "favor" en proveito propio (esmolas, por exemplo).

Moralidade de mentir [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Mentira piadosa .

Mentir esta en contra dos canons morais de moitas persoas e esta especificamente prohibido como pecado en moitas relixions . A tradicion etica e os filosofos estan divididos sobre se se pode permitir as veces unha mentira (pero xeralmente situanse en contra): Platon dicia que si, mentres que Aristoteles , santo Agostino e Kant dician que nunca se pode permitir.

En funcion das circunstancias, entendese que mentir para protexer persoas dun opresor inmoral adoita ser permisible. E o caso, por exemplo, das vitimas dunha guerra .

Mentir dunha forma que intensifica un conflito, no canto de atenualo, xeralmente considerase o peor pecado .

Un mentireiro e unha persoa que ten certa tendencia a dicir mentiras. A tolerancia da xente cos mentireiros habitualmente e moi pequena, e a miudo so se necesita que se sorprenda a alguen nunha mentira para que se lle asigne a etiqueta de mentireiro e se perda para sempre a confianza . Isto, por suposto, e moderado pola importancia do feito ao que se refira a mentira.

Unha mentira graciosa, e un engano con proposito humoristico, cando a falsidade se entende, non se considera inmoral e e unha practica utilizada amplamente por comediantes e humoristas .

O filosofo Leo Strauss acentuou a necesidade de mentir para ocultar unha posicion estratexica, ou para axudar a diplomacia . Asi o fixeron tamen os representantes da filosofia politica , desde Maquiavelo ate a "mentira nobre" de Platon.

Que as mentiras desaparezan completamente do ambito da politica , da xustiza , da diplomacia, do xornalismo e doutros moitos ambitos da vida social e algo virtualmente imposible, tal e como non poden ser excluidas das guerras que estas mesmas actividades, supostamente, deberian previr.

Santo Agostino distingue oito tipos de mentiras: as mentiras no ensino relixioso; as mentiras que fan dano e non axudan a ninguen; as que fan dano e si axudan a alguen; as mentiras que xorden polo mero pracer de mentir; as mentiras ditas para compracer os demais nun discurso; as mentiras que non fan dano e axudan a alguen; as mentiras que non fan dano e poden salvar a vida de alguen, e as mentiras que non fan dano e protexen a "pureza" de alguen. Por outra banda, santo Agostino aclara que as "pequenas mentiras" non son en realidade mentiras.

Tomas de Aquino , pola sua banda, distingue tres tipos de mentiras: a util, a humoristica e a maliciosa. Segundo Tomas de Aquino, os tres tipos de mentira son pecado. As mentiras utiles e humoristicas son pecados veniais, mentres que a mentira maliciosa e pecado mortal.

O tipo mais grave de mentira e a calumnia , xa que con isto se imputa sempre a algun inocente unha falta non cometida en proveito malicioso.

Paradoxos relacionados coa mentira [ editar | editar a fonte ]

Dentro de calquera situacion na que se dan sempre respostas duais (por exemplo, si/non, branco/negro), unha persoa da que sabemos que esta a mentir consistentemente seria, de forma paradoxal , unha fonte de verdade. Hai moitos paradoxos desta clase, sendo o mais famoso o que se conece como o paradoxo do mentireiro, comunmente expresado como ≪esta proposicion e mentira≫ ou ≪esta proposicion e falsa≫. O denominado paradoxo de Epimenides ?≪todos os cretenses menten≫, declara Epimenides o cretense- foi un precursor do paradoxo do mentireiro, ainda que o feito de que sexa ou non un paradoxo tamen esta en discusion. Hai unha clase de adivinas loxicas relacionadas con este asunto que, en ingles, se conecen co nome de ≪knights and knaves≫ (usualmente "cabaleiros e escudeiros", "cabaleiros e vilans" ou "cabaleiros e serventes", en galego), nos que o obxectivo e determinar, dun grupo de persoas, quen mente e quen di a verdade.

Deteccion das mentiras e a sua abordaxe psicoloxica [ editar | editar a fonte ]

A deteccion de mentiras e un campo de estudo de distintas ramas da psicoloxia , e mais concretamente, a psicoloxia xuridica , con especialidades como a psicoloxia forense e a psicoloxia criminalistica, entre outras.

Ainda que tradicionalmente, tanto popular como cientificamente, a deteccion de mentiras se baseaba en criterios de conduta , as metaanalises realizadas a principios do seculo XXI constatan as limitacions desa formulacion, xa que leva moitos erros. Por tanto, investiganse sobre todo dous aspectos: o de desenvolver estratexias activas a hora de realizar entrevistas e prestarlle mais importancia aos indicios contextuais da mentira.

En xeral tardase mais en contestar cunha mentira que dicindo a verdade.

O poligrafo [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Detector de mentiras .

Farmacos da verdade [ editar | editar a fonte ]

Un exemplo e o tiopentato de sodio ( pentotal sodico ). Tendo en conta que como axente hipnotico , cunha dose controlada, a sua actuacion no cerebro humano produce depresion das funcions corticais superiores, pensouse que poderia resultar de utilidade en interrogatorios. [ Compre referencia ] Considerase que a mentira e unha elaboracion complexa, consciente, moito mais complicada que a verdade, asi que, se se deteriora a actividade superior cortical, ao suxeito resultaralle moito mais complicado manter a sua vontade e a “verdade” fluiria na sua conversacion con maior facilidade. [ Compre referencia ] Iso e, polo menos, a teoria, posta en practica durante decenios polos servizos de espionaxe de moitos paises. [ Compre referencia ] Ate certo punto, a idea e correcta, pero non garante, nin moito menos, que o suxeito vaia contar o que se espera, posto que hai moitos factores que poden modificar o experimento, desde un adestramento especial ate condicions ambientais ou, simplemente, unha asuncion da mentira como verdade por parte do suxeito. [ Compre referencia ]

Cultura popular [ editar | editar a fonte ]

  • En Pinocchio , de Carlo Collodi , o personaxe principal, cuxo nome da titulo a obra, e un boneco de madeira cuxa nariz crece cada vez que di unha mentira.
  • Na pelicula Liar Liar , dirixida por Tom Sadyak e protagonizada por Jim Carrey , o avogado Fletcher Reede (Carrey) non pode mentir durante 24 horas, debido a un desexo de aniversario do seu fillo que, maxicamente, se fai realidade.
  • Na serie de television Lie to me , o Dr. Cal Lightman e o seu equipo traballan descubrindo as mentiras e enganos na xente a traves das expresions faciais, ton de voz e actitude.
  • Mark Bellison en The invention of Lying e a primeira persoa en desenvolver a capacidade de mentir nun mundo ideal onde todos sempre din a verdade.

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]