한국   대만   중국   일본 
Mente - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mente

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A mente observa e interpreta a realidade.

A mente [ 1 ] e a construcion psicoloxica que aglutina os actos de percepcion , cognicion ou emocion , e dicir, o conxunto das funcions psiquicas, [ 2 ] unha caracteristica dos humanos , pero que tamen pode ser valida para outras formas de vida [ 3 ] [ 4 ] e intelectuais. [ 5 ]

E a que da consistencia as impresions e pensamentos do suxeito, o que lle permite ter consciencia e personalidade diferenciada dos demais. O termo tamen se emprega como un posible sinonimo do que consideramos intelixencia . [ 2 ] Segundo o punto de vista adoptado, a mente pode ser un componente do cerebro ou unha entidade separada, pertencendo a outro plano explicativo. Existen tres vias principais de abordaxe:

  • A unidade de todo o corpo (a mente non e mais que o cerebro), como pensan os seguidores do materialismo .
  • Aqueles que defenden un dualismo estrito.
  • Os partidarios do emerxentismo , que cren que a mente pode xurdir do fisico e esta ligada indisolublemente pero que o transcende.

A mente e o obxecto fundamental de estudo da psicoloxia , ainda que como concepto e parte distintiva do individuo, afecta a outras disciplinas como a filosofia (no seculo XX xurdiu unha pola especifica, a filosofia da mente , que se define como a pola que estuda a natureza dos fenomenos e procesos mentais, e a relacion que estes tenen cos diversos comportamentos que atopamos no ser humano, a traves das conexions que se poden estabelecer co sistema nervioso central .). [ 6 ] Para a relixion , e semellante a natureza da alma , e o que permite falar dun "eu" racional e unico e asimilase o principio vital. Antigamente recibia o nome de espirito. As teorias precientificas baseadas na teoloxia concentrabanse na presunta relacion entre a mente e a alma , a esencia sobrenatural, divina ou outorgada polos deuses os homes.

Houbo moitas teorias sobre a mente e o seu funcionamento. As primeiras especulacions documentadas son de pensadores como Zoroastro , Buda , Platon , Aristoteles , Adi Shankara e outros antigos filosofos gregos , indios e, posteriormente, musulmans . Malia que moitos destes filosofos a miudo afirmaban a existencia dunha mente cosmica, comun a todos os seres humanos ou a todo o universo, esta idea caeu en desuso ou foi adoptada para outros conceptos, asi que modernamente entendemos a mente como algo sobre todo individual (ainda que influida polos outros).

Xeneralidades [ editar | editar a fonte ]

Ilustracion de Rene Descartes do dualismo mente-corpo . Descartes cria que as entradas son transmitidas polos organos sensoriais a epifise do cerebro e de ali ao espirito inmaterial. [ 7 ]

En psicoloxia e comun distinguir entre mente e cerebro , ainda que a mente emerxe do cerebro. Poren, esta mais vinculada a disciplina chamada filosofia da mente . Alguns cientificos e filosofos sostiveron que o cerebro e condicion necesaria, pero non suficiente, para que a mente realice as suas funcions. Por exemplo, Eccles , neurologo e premio Nobel de Medicina , ou Popper , filosofo da ciencia. Se ben con posturas diferentes, ningun dos dous identifica o pensamento coa actividade cerebral. [ 8 ]

Desde unha posicion materialista , a mente e materia que se analiza a si mesma ( retroalimentacion de sistemas materiais). E dicir, na sua evolucion, a materia pasou de estados caoticos a estados organizados inorganicos, logo a estados organicos, e finalmente consegue analizar estados actuais para lograr estados sucesivos. A materia organizariase en sistemas autorregulados. Uns exemplos poderian ser o materialismo dialectico ou tamen o materialismo redutivo propio das ciencias denominadas duras, como a fisica e a quimica.

Hai que salientar que non e o mesmo referirse a mente como o comportamento da materia, ou referirse a mente como algo paralelo e distinto a materia, mais con existencia propia e estatuto ontoloxico . O exemplo mais conecido e a dualidade establecida por Rene Descartes dunha mente distinta ao corpo pero unida a el: penso, logo existo . [ 9 ] Estas diferenzas non son menores posto que abren discusions tales como: todos os animais tenen mente ou so os animais humanos a tenen?

Desde as neurociencias a mente pode considerarse unha experiencia subxectiva creada pola actividade cerebral coa finalidade de producir un punto de referencia para o movemento [ 10 ] . Sendo asi, a mente pode considerarse unha funcion mais do cerebro encargada de organizar a conduta cara obxectivos determinados e que produce unha experiencia subxectiva conecida como "eu" arredor da cal se organiza o movemento (conduta). A funcion mental seria unha propiedade emerxente do cerebro como a funcion dixestiva o e do aparato dixestivo.

Para Howard Gardner a mente consiste nun conxunto de mecanismos de computacion especificos e independentes. A intelixencia emerxe da supraestrutura conformada polas estruturas mentais [ 11 ] . As estruturas mentais serian accions cumpridas, ou en potencia exteriorizadas en movemento, ou interiorizadas en pensamento . Para Piaget a estrutura elemental do conecemento e o esquema. Diferenciaba as operacions concretas das formais [ 12 ] , o que permitiria diferenciar tres componentes da mente:

  • A mente concreta , que realiza os procesos basicos do pensamento, base da analise-sintese: observacion, comparacion, relacion, clasificacion.
  • A mente practica , a cal realiza procesos directivos e executivos de pensamento, relaciona as causas cos efectos, e os medios cos fins. E a base da intelixencia e os metacomponentes da mesma, tal e como os denomina Robert Sternberg na sua teoria triarquica da intelixencia . [ 13 ]
  • A mente abstracta , que realiza procesos de reflexion consciente, accede as suas propias representacions e modificaas. A razon e a facultade superior de conecemento, xa que fai abstraccion de todo o seu contido. Asi o propuna Kant na sua Kritik der reinen Vernunft (Critica da razon pura). [ 14 ]

Relacion de mente e corpo [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : problema mente-corpo .

A relacion entre mente e corpo e problematica, xa que ao ser a mente un obxecto psicoloxico non e obvio como se relaciona coa parte fisica da persoa, ben co seu cerebro ou co resto da anatomia humana. Esta relacion e o problema central da filosofia da mente .

A posicion que defende que mente e corpo son entidades separadas, pertencentes a unha orde diferente da realidade, recibe o nome de dualismo. O dualismo nace coas reflexions dos filosofos hindus, que separaban o mundo nun plan psiquico ou espiritual ( purusha ) e outro fisico e empirico ( praktri ). [ 15 ] No ambito occidental nace coa distincion de Platon do mundo das ideas, intelixible e eterno e o mundo sensible ou do corpo.

A maioria de dualistas contemporaneos defenden unha interaccion entre os dous ambitos, por exemplo o efecto placebo proba como a mente pode condicionar o corpo e facelo experimentar sensacions. Igualmente, o dor e un estado mental provocado por un sufrimento do corpo, transmitido ao cerebro mediante os nervios . O mesmo concepto de saude mental reforza este vinculo: a mente debe estar sa como o corpo, xa que hai enfermidades e trastornos mentais que se traducen en falta de saude fisica, con sintomas empiricos.

Por contra os monistas negan que existan dous ambitos do real que no ser humano equivallan a corpo e alma. Os materialistas cren que todo se reduce a conexions neuronais do cerebro, un organo do mesmo xeito que os demais, e que non existe mais realidade que a fisica. [ 16 ] Cos avances da neuroloxia poderanse explicar conceptos abstractos que tenderon a atribuir a unha esfera non material.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mente .
  2. 2,0 2,1 "ment" . L'Enciclopedia.cat . Barcelona: Grup Enciclopedia Catalana.  
  3. Dictionary.com, "mind": "1. (in a human or other conscious being) the element, part, substance, or process that reasons, thinks, feels, wills, perceives, judges, etc.: the processes of the human mind. 2. Psychology. the totality of conscious and unconscious mental processes and activities. 3. intellect or understanding, as distinguished from the faculties of feeling and willing; intelligence." (en ingles )
  4. Google (ed.). "Google definition, "mind": "The element of a person that enables them to be aware of the world and their experiences, to think, and to feel; the faculty of consciousness.. " " (en ingles) .  
  5. Institut d'Estudis Catalans (ed.). "Definicio: ment" . Diccionari de la Llengua Catalana . Consultado o 16 de maio de 2013 .  
  6. "Filosofia de la ment" . L'Enciclopedia.cat . Barcelona: Grup Enciclopedia Catalana.  
  7. Descartes, R. (1641) Meditations on First Philosophy , in The Philosophical Writings of Rene Descartes , trans. by J. Cottingham, R. Stoothoff and D. Murdoch, Cambridge: Cambridge University Press, 1984, vol. 2, pp. 1?62.
  8. Popper, Karl Raimund; Eccles, John C. (1985). El yo y su cerebro (en castelan) . Labor. ISBN   978-84-335-1712-8 .  
  9. Rene Descartes (1865). Œuvres de Descartes. Nouvelle edition collationnee sur les meilleurs textes, et precedee d'une introduction par M. Jules Simon ... Discours sur la methode, Meditations, Traite des passions (en frances ) . p. 12.  
  10. Rodolfo Llinas (2003). El cerebro y el mito del yo, el papel de las neuronas en el pensamiento y el comportamiento humanos (en castelan) . Norma. ISBN   9580467986 .  
  11. Howard Gardner (2016). Estructuras de la mente: la teoria de las inteligencias multiples (en castelan) . Ciudad de Mexico: Fondo de Cultura economica. ISBN   978-607-16-3457-3 .  
  12. Jean Piaget (1994). Seis estudios de psicologia (en castelan) . Labor. ISBN   9788433535023 .  
  13. Robert J. Sternberg; IBM Professor of Psychology and Education Robert J Sternberg, PhD; George B. Forsythe; Jennifer Hedlund, Richard K. Wagner, Joseph A. Horvath, Wendy M. Williams, Scott A. Snook, Elena Grigorenko (28 de marzo de 2000). Practical Intelligence in Everyday Life . Cambridge University Press . ISBN   978-0-521-65958-1 .  
  14. Immanuel Kant (1876). Critica de la razon practica: precedida de los fundamentos de la metafisica de las costumbres (en castelan ) . Librerias Francisco Iravedra.  
  15. Sri Swami Sivananda. Sankhya:Hindu philosophy
  16. Kim, J., "Mind-Body Problem", Oxford Companion to Philosophy. Ted Honderich (ed.). Oxford:Oxford University Press. 1995.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Xeral
Ciencia
Filosofia

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]