한국   대만   중국   일본 
Era Meiji - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Era Meiji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Meiji ≫)
Modelo:Xeografía políticaEra Meiji
明治 (ja) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia a I Ching Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Xeografia
Parte de
Datos historicos
Precedido por
Sucedido por Periodo Taish? (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

A era Meiji ( xapones : 明治時代, Meiji jidai ) foi un periodo na historia do Xapon entre o 23 de outubro de 1868 e o 30 de xullo de 1912 . Abarca a primeira metade do imperio do Xapon , durante a cal o pobo nipon pasou de ser unha sociedade feudal illada a un estado nacion industrializado , influenciado polos desenvolvementos cientificos, tecnoloxicos, filosoficos, politicos, legais e esteticos de Occidente . Como resultado desta mudanza radical, os cambios no pais foron profundos, afectando a estrutura social, a politica interior, a economia, ao exercito e as relacions internacionais. Esta etapa coincide co reinado do emperador Meiji . Foi precedida polo periodo Kei? e seguida pola era Taish? , despois da coroacion do emperador Taish? .

A rapida modernizacion do pais atopou oposicion, especialmente entre grupos tradicionalistas da antiga clase samurai , que se rebelaron contra o novo goberno durante a decada de 1870 . Neste sentido, destacou a figura de Saig? Takamori , quen liderou a rebelion de Satsuma . Poren, tamen houbo apoios ao emperador dende o bando samurai, como os politicos It? Hirobumi e Itagaki Taisuke .

A Restauracion Meiji [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Restauracion Meiji .

O 3 de febreiro de 1867, o principe Mutsuhito, de catorce anos, sucedeu ao seu pai, o emperador K?mei , como 122.º emperador do Trono de Crisantemo , co titulo de emperador Meiji.

Este cambio coincidiu coa presion sobre o shogunato gobernante para modernizar o Xapon, combinando os avances modernos cos valores tradicionais nipons. Mutsuhito compartia estes ideais, polo que decidiu esixir a devolucion do poder gobernamental ao emperador. O 9 de novembro de 1867, o sh?gun Tokugawa Yoshinobu presentou a sua dimision perante o emperador, abandonando formalmente o seu posto dez dias despois. A restauracion imperial sucedeu ao ano seguinte, o 3 de xaneiro de 1868, coa conformacion do novo goberno. A caida de Edo no veran dese mesmo ano sinalou o final do shogunato Tokugawa , polo que se proclamou a nova era Meiji.

A primeira reforma do novo goberno foi a promulgacion do Xuramento dos Cinco Artigos en 1868, co obxectivo xeral de elevar a moral e obter financiamento. O Xuramento consta dos seguintes apartados:

  1. Establecerase unha asemblea deliberativa que decidira sobre todos os asuntos publicos.
  2. Todas as clases, altas e baixas, uniranse para a xestion dos asuntos do estado.
  3. A xente comun, asi como os oficiais civis e militares, poderan cumprir coa sua propia vocacion para previr o descontento.
  4. Os malos costumes do pasado seran eliminados en favor das xustas leis da natureza.
  5. Procurarase o conecemento en todo o mundo para fortalecer as bases do mandato imperial.

----

Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre historia e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.