한국   대만   중국   일본 
Mecanicismo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mecanicismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O mecanicismo e unha doutrina segundo a cal a realidade , ou unha parte dela, pode ser comprendida e explicada apelando exclusivamente a dous principios: a materia e o movemento local. Segundo isto, o mecanicismo concibiria a realidade como "corpos en movemento".

Tipos de mecanicismo [ editar | editar a fonte ]

Hai profundas diferenzas entre o mecanicismo clasico (seculo XVII) e as filosofias contemporaneas neomecanicistas. O mecanicismo clasico, xurdido no seculo XVII foi enunciado por Descartes . Tratabase dunha cosmovision caracterizada por duas doutrinas, unha ontoloxica e outra gnoseologica. A ontoloxia mecanicista contina duas teses principais: o mundo e unha maquina ou como unha maquina ( maquinismo ) e todo o real e fisico ( fisicismo ou "fisicalismo"). A gnoseoloxia mecanicista, pola sua banda, sostina a reducion dos fenomenos as suas partes (fisicas) e as suas interaccions (mecanicas).

O mecanicismo sosten que toda realidade debe ser entendida segundo os modelos proporcionados pola mecanica, e interpretada sobre a base das nocions de materia e movemento.

Elementos caracteristicos do mecanicismo moderno [ editar | editar a fonte ]

Distincion entre calidades primarias e calidades secundarias [ editar | editar a fonte ]

As calidades secundarias son as cores, sons e sabores, e son subxectivos; non son trazos das cousas senon meros efectos de certas combinacions de materia sobre as nosas mentes. As calidades primarias son as calidades obxectivas, as calidades que realmente posuen as cousas (figura, numero, tamano e movemento). Esta clasificacion introduciuna Galileo e foi aceptada por Locke e Descartes .

Rexeitamento da causalidade final [ editar | editar a fonte ]

As explicacions aristotelicas do mundo natural consideraban imprescindible a referencia a causalidade eficiente para a explicacion do mundo natural, pero tamen a causalidade final e a causa formal . As explicacions mecanicistas rexeitan a causa final, e, da causa formal, so aceptan as formas matematicas, ben xeometricas como a figura, ben outras puramente cuantitativas, como o tamano a cantidade e o movemento

Argumentos do mecanicismo [ editar | editar a fonte ]

A imaxe mecanicista do mundo apoiabase fundamentalmente no principio de causalidade polo que se consideraban rexidos todos os fenomenos que describe a fisica clasica.

O mecanicismo tendeu a abandonar o caracter ontologico para adoptar a forma epistemologica. E dicir, non se trataba tanto de afirmar que o mundo e unha maquina, nin tan so unha maquina extremadamente complexa, senon que se trataba simplemente de concibilo e explicalo coma se o fose, e dicir, a partir das leis da mecanica sen presupor por iso o caracter mecanico do real. Iso deu lugar a un mecanicismo metodoloxico.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]