Maximino Romero de Lema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaximino Romero de Lema

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 15 de novembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Baio (Espana) Editar o valor em Wikidata
Morte 29 de outubro de 1996 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Arcebispo titular
21 de marzo de 1973 ?
Diocese: Aemona titular see (en) Traducir
Secretario Congregacao para o Clero (pt) Traducir
21 de marzo de 1973 ? 18 de decembro de 1986
Bispo de Avila
19 de outubro de 1968 ? 21 de marzo de 1973
←  Santos Moro Briz (pt) Traducir ? Felipe Fernandez Garcia (pt) Traducir →
Bispo auxiliar de Madrid
15 de xuno de 1964 ?
Bispo titular
15 de xuno de 1964 ?
Diocese: Titular see of Horta (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Relixion Igrexa catolica Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade Complutense de Madrid
Universidade Pontificia de Salamanca
Pontificia Universidade Gregoriana
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion bispo catolico (1964?) , Sacerdote catolico de rito romano (1944?) Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Conflito Guerra civil espanola Editar o valor em Wikidata
Consagracion Antonio Riberi Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Maximino Romero de Lema , nado en Baio ( Zas ) o 15 de novembro de 1911 e finado no voo de Roma a Santiago de Compostela o 29 de outubro de 1996 , foi un sacerdote catolico galego, bispo auxiliar de Madrid-Alcala , bispo de Avila e arcebispo secretario da Congregacion para o Clero .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Formacion e docencia [ editar | editar a fonte ]

Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela entre 1927 e 1932 . Ao ano seguinte trasladouse a Madrid invitado por Angel Herrera Oria para facerse cargo da vicesecretaria do Centro de Estudios Universitarios e explicar Historia do Dereito nese centro. Doutorouse na Universidade de Madrid , asistiu por libre a clases de Jose Ortega y Gasset na Facultade de Filosofia e Letras e exerceu como axudante de catedra de Dereito Internacional Privado , a cargo nese momento de Antonio de Luna .

Sendo estudante ingresou na Confederacion Nacional de Estudiantes Catolicos , na Congregacion de la Anunciada y San Luis Gonzaga e na Asociacion Catolica Nacional de Propangandistas, onde mantivo contactos con importantes personalidades e membros da xerarquia eclesiastica, como Alberto Martin-Artajo ou Joaquin Ruiz Jimenez entre os primeiros e frei Justo Perez de Urbel ou Isidro Goma entre os segundos. En 1932 foi nomeado presidente da Junta Diocesana de Accion Catolica de Santiago de Compostela. No segundo congreso desta organizacion, celebrado en Santander ese mesmo ano de 1932, Romero de Lema propuxo unha peregrinacion a Santiago no ano santo de 1937 ≪ante la necesidad de hacer frente a la descristianizacion en que se habia enfangado la II Republica≫ . [ 1 ]

Despertada a sua vocacion relixiosa nuns exercicios espirituais dirixidos por xesuitas, en 1936 marchou xunto a Angel Herrera Oria , a estudar Teoloxia na Universidade de Friburgo, centro que abandonou ao pouco tempo para incorporarse como sarxento de Artillaria [ 2 ] ao exercito franquista durante a Guerra Civil , co que participou na batalla de Guadarrama , entrou en Valencia coas tropas ao mando do xeneral Aranda e foi condecorado polas suas accions. [ 3 ]

En 1939 asistiu ao II Congreso da Confederacion Iberoamericana de Estudiantes Catolicos como membro da delegacion espanola, enviado xunto a Joaquin Ruiz Jimenez e Emilio Bellon . [ 4 ] Finalizada a guerra cursou estudos de Humanidades e Filosofia no seminario de Madrid e de Teoloxia na Universidade Gregoriana de Roma como colexial do Pontificio Colexio Espanol , durante os cursos 1941-1942 e 1942-1943, estudos que completou na Universidade Pontificia de Salamanca ao verse obrigado a abandonar Roma a causa da ocupacion polo exercito aleman durante a segunda guerra mundial .

Presbitero [ editar | editar a fonte ]

Finalizados os estudos eclesiasticos foi ordenado presbitero en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1944, cando contaba trinta e tres anos de idade, polo bispo de Lugo , monsenor Balanza .

Logo dunha breve estancia na parroquia de Maliano, foi consiliario de Accion Catolica en Santiago de Compostela, capelan de colexios universitarios en Madrid, subdirector do Instituto Social Leon XIII e reitor da igrexa nacional de Santiago e Monserrat en Roma, onde fundou o Centro Espanol de Estudios Eclesiasticos para a investigacion cientifica por membros do clero, en colaboracion con Joaquin Ruiz Jimenez , nese momento embaixador de Espana ante a Santa Se . Tamen fundou a Casa de Santiago, un centro de estudos biblicos en Xerusalen e un seminario para vocacions tardias en Salamanca. Foi secretario xeral da Obra de Cooperacion Sacerdotal Hispanoamericana , o que lle permitiu viaxar con frecuencia a paises de Hispanoamerica e conecer os problemas da sua Igrexa.

Cara 1957, a peticion de monsenor Angel Herrera, fixose cargo en Madrid da subdireccion do Instituto Social Leon XIII e da reitoria da igrexa do Espirito Santo, do C.S.I.C.

Participou na creacion da revista Cuadernos para el Dialogo en colaboracion co seu amigo persoal Joaquin Ruiz Jimenez e destacados intelectuais falanxistas ( Pedro Lain Entralgo ou Antonio Tovar ), comunistas ( Carlos Paris ), progresistas ( Francisco Sintes ), conservadores ( Luis Sanchez Agesta ) e doutras tendencias menos definidas do arco politico, como Torcuato Fernandez Miranda ou Salustiano del Campo , e participou no primeiro equipo redactor da revista. [ 5 ]

Bispo [ editar | editar a fonte ]

Auxiliar de Madrid [ editar | editar a fonte ]

O 15 de xuno de 1964 foi nomeado bispo titular de Horta e auxiliar de Madrid-Alcala e consagrado na catedral de San Isidro de Madrid por monsenor Antonio Riberi , nuncio en Espana, asistido polo arcebispo de Madrid e o bispo auxiliar de Santiago de Compostela , Casimiro Morcillo e Miguel Novoa Fuente , respectivamente, o 19 de xullo de 1964. Este nomeamento produciuse ao mesmo tempo que o de Jose Guerra Campos , con quen tina coincidido como condiscipulo en Roma e Salamanca, en substitucion dos anteriores bispos auxiliares de Madrid Jose Maria Garcia Lahiguera e Juan Ricote Alonso , que foron nomeados para a diocese de Huelva e coadxutor do bispo de Teruel respectivamente.

Residencial de Avila [ editar | editar a fonte ]

O 19 de outubro de 1968 foi nomeado por Paulo VI bispo de Avila .

En 1971 foi elixido gran chanceler da Universidade Pontificia de Salamanca , institucion na que levou adiante, xunto co seu reitor, Fernando Sebastian Aguilar , unha profunda renovacion, sacandoa da profunda crise que atravesaba naquel momento.

Segundo informacion aparecida no semanario catolico internacional The Tablet , Romero de Lema suspendeu en 1970 un congreso de sacerdotes e segrares progresistas, procedentes de Cataluna , Castela e o Pais Vasco , que fora organizado en segredo e que ia celebrarse na sua diocese para tratar sobre liberdades de opinion, reunion, e sindical. A suspension debeuse as ameazas do grupo de extrema dereita autodenominado Guerrilleros de Cristo Rey e a chamada do gobernador civil da provincia interesandose pola clase de reunion que ia ter lugar. [ 6 ]

Durante os meses finais do seu pontificado, circularon rumores sobre o seu nomeamento como arcebispo de Santiago de Compostela , [ 7 ] que alguns medios deron por seguro. [ 8 ] Paulo VI tina interese en colocar a monsenor Romero de Lema a fronte da diocese compostela, [ 9 ] pero o nomeamento non foi finalmente posible por influencias dalguns grupos de poder [ 10 ] e polo veto do goberno de Franco que tina dereito de presentacion . [ 11 ] Os mesmos grupos influentes impediron igualmente a creacion como cardeal de monsenor Romero de Lema, nomeamento que se anunciou como probable en 1976 [ 12 ] e que nunca chegou a producirse.

Apoio a movementos progresistas [ editar | editar a fonte ]

Discretamente e caladamente prestou apoio aos grupos progresistas que xurdian dentro do catolicismo hispano na sociedade dominada polo franquismo. En Roma acolleu na Casa de Monserrat a exiliados republicanos espanois e foi preparando aos que foron despois dirixentes da Igrexa espanola, mostrando unha atencion especial a vascos e catalans. O movemento Cristianos por el Socialismo apareceu baixo a sua proteccion, e significativo que o documento que serviu de base para o nacemento da agrupacion sexa conecido como Manifesto de Avila , a pesar de ser o resultado dunha reunion celebrada en Barcelona a comezos de 1973 . [ 13 ] En palabras de Emilio Romero escritas sendo bispo de Avila, monsenor Romero de Lema foi o que enxugou ≪las lagrimas de los sacerdotes jovenes mas atacados y contradichos≫ . [ 14 ]

Arcebispo en Roma [ editar | editar a fonte ]

Paulo VI coneceu a Maximino Romero de Lema antes de ser elixido papa e designouno persoalmente membro do Sinodo de Bispos en 1971. En 1973, influenciado por monsenor Giovanni Benelli , amigo de Romero de Lema, chamouno a Roma como home de confianza, nomeandoo secretario da Sagrada Congregacion para o Clero dentro do plan concibido para internacionalizar a Curia romana. Substituiu no cargo a monsenor Palazzini , creado cardeal no consistorio do 5 de marzo de 1973, sendo prefecto da congregacion o cardeal estadounidense John Wright , que autorizara a publicacion dun documento criticando a validez da asemblea conxunta de bispos e sacerdotes celebrada en Madrid en 1971. A marcada tendencia conservadora mostrada polos cardeais Palazzini e Wright contrastou co espirito conciliador e comprensivo que os analistas atribuiron a monsenor Romero de Lema. Desempenou o mesmo cargo durante catorce anos baixo as prefecturas dos cardeais John Wright (1969-1979), Silvio Odi (1979-1986) e Antonio Inocenti (1986-1988), os tres de caracter conservador, ata a sua renuncia por cumprir setenta e cinco anos de idade, que lle foi aceptada inmediatamente.

Segundo informou o teologo Jose Maria Gonzalez Ruiz , coengo lectoral de Malaga e amigo de monsenor Romero, o papa Xoan Paulo II manifestoulle a sua intencion de encargarlle a prefectura da Congregacion do Clero. Poren non so se nomeou para o cargo a outro bispo, senon que monsenor Romero de Lema quedou illado na secretaria da Congregacion ata a sua xubilacion. Puidera ser que neste illamento e esquecemento por parte do Papa influira un informe que lle presentou monsenor Romero, no que manifestada a sua intencion de aproximarse aos presbiteros casados coa fin de recuperar para o ministerio sacerdotal ao maior numero posible deles. [ 15 ]

Homenaxe do embaixador ante a Santa Se [ editar | editar a fonte ]

Con motivo da sua xubilacion, o embaixador ante a Santa Se, Gonzalo Puente Ojea , organizou unha cea de homenaxe a monsenor Romero na embaixada de Espana a que asistiron o embaixador de Espana en Italia , Jorge de Esteban , os secretarios da Congregacion para o Clero e do Consello para o Dialogo cos Non Crentes , varios sacerdotes e correspondentes de prensa. Destacouse por alguns medios a ausencia do prelado do Opus Dei , Alvaro del Portillo . Puente Ojea, que na sua etapa universitaria participara xunto a Federico Silva Munoz na creacion dun grupo xuvenil na Asociacion Catolica de Propagandistas [ 16 ] que se reunia ocasionalmente na propia casa de monsenor Romero en Madrid [ 17 ] e posteriormente conecido polo seu agnosticismo militante, pronunciou unhas palabras de eloxio cara ao homenaxeado sinalando que a carreira de monsenor Romero quedara parada na secretaria da congregacion sen ser ascendido a prefecto por vontade do papa Xoan Paulo II , [ 18 ] e dixo que

≪don Maximino constituyo uno de los mas sobresalientes iniciadores de un modo de entender el legado evangelico y el anuncio de su mensaje que estaria incoado por el acontecimiento magno de la historia eclesiastica port-tridentina, y que marco, o debera marcar, la frontera decisiva entre la Iglesia de ayer y la Iglesia de manana≫. [ 19 ]

Director espiritual do Seminario Redemptoris Mater [ editar | editar a fonte ]

Ao xubilarse tina planeado volver a Espana, pero a finais de 1987 sorprendeu a noticia de que se faria cargo da direccion espiritual do Colexio Redemptoris Mater , de Roma, centro pertencente ao Camino Neocatecumenal , [ 20 ] onde estivo residindo e exercendo o cargo ata pouco antes da sua morte. Monsenor Romero tivo os seus primeiros contactos co movemento neocatecumenal sendo bispo de Avila, cando ordenou a varios diaconos do movemento e os incardinou na sua diocese permitindo que se dedicaran ao servizo do grupo que naquel momento estaba iniciandose. [ 21 ] Tratabase dun encargo persoal do papa Xoan Paulo II que se interpretou como unha mostra de confianza con monsenor Romero, logo dos anos de illamento na secretaria da Congregacion do Clero. [ 15 ]

Final [ editar | editar a fonte ]

Cando, aqueixado dunha grave enfermidade, viaxaba de Roma, cidade na que residia, con destino a Santiago de Compostela, para pasar os seus ultimos dias de vida na sua terra natal, faleceu no avion que o trasladaba o 29 de outubro de 1996. Logo de aterrar no aeroporto de Barcelona-El Prat , os seus restos mortais foron trasladados a Baio , en cuxa igrexa nova, construida en terreos cedidos polo propio arcebispo, se oficiou un funeral o dia 31, ao que asistiron o nuncio en Espana, monsenor Lajos Kada , o presidente da Conferencia Episcopal , Elias Llanes , os arcebispos de Madrid e Santiago de Compostela , monsenores Rouco e Barrio , o bispo de Avila , Antonio Canizares , e o cardeal Suquia , entre outras personalidades. Os restos mortais foron inhumados a continuacion no mesmo templo.

Nunha necroloxica publicada no diario ABC , o teologo e catedratico da Universidade Pontificia de Salamanca , Olegario Gonzalez de Cardedal , escribiu que monsenor Romero foi ≪liberal frente a los integristas, moderado frente a los radicales y pensador frente a los agitadores≫ . [ 10 ]

Predecesor:
Santos Moro Briz
Bispo de Avila

1968 - 1973
Sucesor:
Felipe Fernandez Garcia

Reconecementos [ editar | editar a fonte ]

  • O IES de Baio leva o seu nome.
  • Unha rua de Baio leva o seu nome.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Redondo, Gonzalo (1999). Politica, cultura y sociedad en la Espana de Franco (1939-1975) . Pamplona: EUNSA. p. 362. ISBN   84-313-1690-X .  
  2. Goma y Tomas, Isidro. Andres-Gallego, Jose ; Pazos, Anton M., ed. Archivo Goma: documentos de la Guerra Civil . Tomo 11. Julio-Septiembre de 1938. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Cientificas. p. 537.  
  3. Pons Prades, Eduardo (1997). Las guerras de los ninos republicanos, 1936-1995 . Madrid: Compania Literaria. p. 487.  
  4. Delgado Gomez-Escalonilla, Lorenzo (1992). Imperio de papel: accion cultural y politica exterior durante el primer franquismo . Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Cientificas. p. 155, nota al pie. ISBN   840007243X .  
  5. Pando Ballesteros, Maria Paz (2005). Los democristianos y el proyecto politico de Cuadernos para el Dialogo, 1963-1969 . Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. p. 89. ISBN   84-7800-559-5 .  
  6. "The Church in the World" . The Tablet . 8 de agosto de 1970. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2014 . Consultado o 27 de febreiro de 2014 .  
  7. Rivas, Manuel (8 de outubro de 1983). "Maximino Romero de Lema, probable arzobispo de Santiago" . El Pais . Consultado o 16 de febreiro de 2014 .  
  8. Argos (16 de xaneiro de 1972). "En pocas lineas. Capitulo palpitante" . ABC . p. 27 . Consultado o 8 de marzo de 2014 .  
  9. Lain Entralgo, Pedro (14 de novembro de 1996). "En memoria de Maximino Romero de Lema" . El Pais . Consultado o 16 de febrero de 2014 .  
  10. 10,0 10,1 Gonzalez de Cardedal, Olegario (30 de outubro de 1996). "Entre Roma y Santiago" . ABC . Consultado o 16 de febreiro de 2014 .  
  11. Rubio, Juan (2014). El fin de la era Rouco: La verdadera historia del cardenal que aposto por la Espana catolica . Barcelona: Peninsula. p. 33. ISBN   978-84-9942-284-8 .  
  12. "Monsenor Romero de Lema posible cardenal" . ABC . 9 de xaneiro de 1976 . Consultado o 16 de febreiro de 2014 .  
  13. Cfr. Hernandez, Abel (1984). Cronica de la cruz y de la rosa . Barcelona: Argos Vergara. pp. 76 y ss. ISBN   84-7178-827-6 .  
  14. Romero, Emilio (1986). Papeles reservados II . Barcelona: Plaza & Janes. p. 206. ISBN   84-01-33306-7 .  
  15. 15,0 15,1 Diez Moreno, Jose Luis (2004). Camino neocatecumenal. Llamados a salvar esta generacion . Madrid: Incipit. p. 120, nota 14. ISBN   84-8198-565-1 .  
  16. Puente Ojea, Gonzalo (2013). Ideologias religiosas : los traficantes de milagros y misterios . Tafalla: Txalaparta. pp. 131?132. ISBN   978-84-15313-52-6 .  
  17. Vega, Pedro; Jauregui, Ramon (2007). Cronica del antifranquismo: 1939-1975 : todos los que lucharon por devolver la democracia a Espana . Planeta. p. 350. ISBN   978-84-08-07456-4 .  
  18. Arias, Juan (2 de maio de 1987). "Homenaje en la Embajada ante el Vaticano al arzobispo Maximino Romero de Lema" . El Pais . Consultado o 1 de marzo de 2014 .  
  19. "Homenaje a monsenor Romero en la Embajada espanola ante la Santa Sede" . ABC . 3 de maio de 1987 . Consultado o 1 de marzo de 2014 .  
  20. Martin, Santiago (17 de outubro de 1987). "Romero de Lema sera el obispo de los neocatecumenales" . ABC . Consultado o 1 de marzo de 2014 .  
  21. Diez Moreno, Jose Luis (2004). Camino neocatecumenal. Llamados a salvar esta generacion . Madrid: Incipit. p. 119, nota 2. ISBN   84-8198-565-1 .