한국   대만   중국   일본 
Mausoleo de Halicarnaso - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mausoleo de Halicarnaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas : 37°02′17″N 27°25′27″L  /  37.037942, 27.424097

O Mausoleo de Halicarnaso, pintado por Martin Heemskerck (1498-1574) baseandose en descricions.

O mausoleo de Halicarnaso foi unha tumba de marmore branca construida en 353 a.C. , situado na Asia Menor , actual Turquia . Foi construida na honra do rei Mausolo (en grego Μα?σωλο? Maus?los ), rei de Caria .

Historia [ editar | editar a fonte ]

O proxecto da construcion foi concibido pola raina Artemisa, esposa e irma do rei Mausolo de Caria . A construcion puido comezar durante o reinado de Mausolo e puido acabar sobre o ano 350 a.C., tres anos despois da morte de Mausolo e un ano despois do falecemento de Artemisa . A construcion foi encargada a dous arquitectos gregos, chamados Satiros e Piteos, para construiren un soberbio monumento. Os arquitectos construiron unha estrutura rectangular de 30 por 40 m, e sobre ela unha piramide con 24 banzos e 117 columnas xonicas. No ultimo banzo habia unha estatua dunha cuadriga (poxada por catro cabalos) coas esfinxes do rei e a raina. Para completar esta marabilla, os mellores escultores gregos da epoca tallaron figuras e relevos na sua estrutura.

O nome a estrutura foi unha homenaxe a Mausolus, e hoxe aplicase o nome de mausoleo a sepulcros suntuosos.

Soportou as invasions e destrucion da cidade por parte de Alexandre Magno , os barbaros e os arabes, pero, finalmente, foi destruido por un terremoto no ano 1404 . Durante o seculo XIV os Cabaleiros de San Xoan acabaron de esnaquizalo e utilizaron os restos para a construcion do Castelo de San Pedro de Halicarnaso . Durante esta epoca, encontraronse unha serie de tuneles, debaixo da construcion, que levaban aos sarcofagos dos defuntos reis. A tumba foi saqueada por ladrons e por iso hoxe xa non queda case nada dela. Os seus restos estan no Museo Britanico , en Londres, e tamen en Bodrun, na Turquia .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]