한국   대만   중국   일본 
Cannabis (droga) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cannabis (droga)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Marihuana ≫)
Flores secas da planta Cannabis sativa . Os tricomas contenen grandes cantidades de THC , CBD e outros cannabinoides .

O cannabis e unha droga extraida da planta Cannabis sativa . Na sua forma vexetal chamase marihuana e na sua forma resinosa chamase haxix .

Tratase dunha substancia psicoactiva que se consome habitualmente por via respiratoria, en forma de cigarro , ainda que tamen e posible o seu consumo por via oral, normalmente en preparados o efecto.

A marihuana presentase en diferentes formas. A mais conecida son as flores secas (normalmente os gromos das plantas femininas). Existe tamen o "aceite de cannabis", en ingles honey oil ('aceite de mel'), que e un concentrado cuxa extraccion xeralmente implica o uso de disolventes como o alcohol e os filtrados con carbon activo , o cal potencia os seus efectos.

Unha variedade manufacturada da marihuana e o haxix (que en arabe significa herba seca ), e que e a secrecion resinosa da planta (a resina), normalmente secada e cortada en bloques de cor castana bastante escura e levemente verdosa e do que tamen existe unha variedade liquida ou hash oil (aceite de haxix).

Formas de consumo [ editar | editar a fonte ]

A forma mais usual de consumo e en forma de cigarro leado a man: nestes casos usanse directamente as follas ou os gromos, secos e desfeitos, ou ben a resina mesturada co tabaco louro. Outros metodos incluen o uso de pipas comuns e de "narguiles" ou "cachimbas" (pipas de auga), para fumar o cannabis mentres arrefria o fume, ou no caso dos "bongs", quitando o alcatran ou as impurezas non desexadas.

O cannabis usase tamen na cocina , para a preparacion de receitas como "space cake" ('torta espacial') e "hash brownies" ('bolos con haxix'). A inxestion por via oral debe ser sempre ben medida, xa que desta forma se ingresa moita mais porcentaxe de THC que fumado ou vaporizado. Ademais, ao ser inxerido, o THC pasa polo figado antes de chegar ao cerebro , sufrindo leves cambios no figado, que converten o THC noutra substancia distinta, con mais poder psicodelico e que pode provocar ataques de panico. Tamen pode tomarse disolvendoo en copas de cafe, creando asi un "bhang" (do hindi).

A posoloxia e variable, como e natural, e depende do xenero consumido e da persoa, ainda que alguns expertos [ Compre referencia ] no seu consumo informan que non se rexistra intoxicacion letal ningunha (nin sequera intoxicacion aguda) por via respiratoria. A intoxicacion aguda por via dixestiva require grandes cantidades do produto.

Usos [ editar | editar a fonte ]

Actualmente investiganse os usos medicos da marihuana para diversas enfermidades, o que xerou, de novo, certa polemica. Os seus defensores afirman [ Compre referencia ] que hai evidencias segundo as cales e beneficiosa para eliminar as nauseas da quimioterapia e, no tratamento contra a sida , o seu efecto estimulante do apetito axuda a combater a inapetencia. Tamen pode axudar a reducir a presion dos fluidos nos ollos asociados ao glaucoma . Hai numerosos estudios [ Compre referencia ] que demostraron que pode axudar a reducir o medo e os tremores da esclerose multiple . Outras visions mas restritivas afirman que actualmente existen tratamentos e medicacions, sempre legais, para conseguir os mesmos efectos que se poidan lograr coa marihuana, se ben os criticos argumentan que esa maior eficiencia non foi probada nin contrastada pola comunidade cientifica.

Efectos do consumo de cannabis [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Toxicidade do cannabis .

Os efectos da marihuana dependen da interrelacion de diferentes factores, como as caracteristicas da substancia e a forma en que se consuma ou as caracteristicas persoais do consumidor (personalidade, peso, idade, estado de saude e de animo, asi como as experiencias pasadas). Tamen dependen das circunstancias nas cales se consome a droga (compania, lugar, legalidade).

Basicamente a marihuana produce os seguintes efectos:

  • No plano fisioloxico: aumento do apetito, secura da boca, enroibamento da conxuntiva dos ollos, brillantez da cornea, taquicardia, suoracion, analxesia moderada, somnolencia e dificultades na coordinacion motora.
  • No plano psicoloxico: sensacion de euforia, relaxacion, desinhibicion, cambios sensoriais e perceptivos, perda de concentracion e diminucion da coordinacion. En altas doses pode provocar alucinacions (este e o efecto que fai que alguns autores consideren a marihuana como un alucinoxeno menor).

Cando se consome fumada, o fume e rapidamente absorbido polos pulmons e chega ao cerebro nun curto periodo de tempo, polo cal os seus efectos comezan a notarse aos poucos minutos, alcanzando o seu pico maximo ao cabo duns trinta minutos e prolongandose por dous ou tres horas.

Cando e inxerida por via oral, os efectos demoran mais en aparecer e poden chegar a durar entre tres e catro horas.

En canto ao seu potencial adictivo, e dicir, en canto a sua capacidade para xerar dependencia, o cannabis non parece dar lugar a dependencia fisica, ainda que se describiu certa reaccion de abstinencia en usuarios cronicos ao interromper o seu consumo, caracterizada por ansiedade, irritabilidade, perda de apetito, tremores e insomnio.

Por outra banda, pode conducir a certa dependencia psicoloxica, entendendo por tal a dificultade para experimentar determinadas sensacions e facer fronte a certas esixencias cotias se non se esta baixo os efectos da substancia.

Riscos [ editar | editar a fonte ]

Os principais riscos do cannabis estan asociados aos efectos prexudiciais que poderia chegar a xerar no sistema respiratorio cando e fumada. O fume da marihuana pode chegar a producir bronquite cronica, enfisema pulmonar e cancro de pulmon.

Debe terse en conta ademais que, para experimentar ao maximo os efectos desta substancia, os consumidores inhalan profundamente o fume, reteneno ao maximo nos pulmons e non usan filtro. Por outra banda, o consumo asociado de tabaco pode incrementar as probabilidades de que se dea algunha disfuncion deste tipo no sistema respiratorio.

En canto ao sistema circulatorio, o consumo de cannabis provoca de xeito case inmediato taquicardia, polo cal as persoas que padecen insuficiencia cardiaca ou hipertension poderian ver empeorados os seus sintomas.

Pode entorpecer a memoria, sobre todo, a memoria a curto prazo, o cal dificulta a retencion dos sucesos que se viviron baixo os efectos da substancia. Tamen pode alterar a capacidade de concentracion.

En caso de ser consumida con alcohol, esta combinacion pode dar lugar a lipotimias (mareos ou desmaios) como consecuencia da accion vasodilatadora do alcohol e o aumento no consumo cerebral de osixeno que provoca o THC. O cerebro necesita mais osixeno do habitual e dispon dunha cantidade menor do mesmo.

Poderia ademais xerar certos problemas psiquiatricos naqueles usuarios cronicos cunha condicion esquizofrenica preexistente.