한국   대만   중국   일본 
Mar das Molucas - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Mar das Molucas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mar das Molucas
Laut Maluku
Localizacion administrativa
Estado Indonesia
Division Celebes Central , Celebes Setentrional , Gorontalo e Molucas Setentrional
Localizacion xeografica
Oceano / Mar Oceano Pacifico
Continente Oceania
Illa/s Celebes , Illas Talaud , Halmahera , illas Bacan , illas Obi , Taliabu , illas Banggai e Peleng
Xeografia
Mares contiguos Mar de Celebes , mar de Filipinas , mar de Halmahera , mar de Ceram , mar de Banda e golfo de Tomini
Caracteristicas
Superficie 200,000 km 2
Profundiade maxima 4 970 m
Mapa

Localizacion do mar das Molucas

Localizacion do mar das Molucas

O mar das Molucas (en indonesio , Laut Maluku ) e un mar que se atopa no oceano Pacifico occidental, e cuxas augas pertencen a Indonesia , especificamente bordeado polas illas indonesias de Celebes ao oeste, Halmahera ao leste e as illas Sula ao sur. A rexion e rica en corais e goza de moitos sitios para a practica do mergullo deportivo.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Este mar esta situado na parte centroriental do arquipelago das Indias Orientais e os seus limites son os seguintes:

Terremotos [ editar | editar a fonte ]

O mar e unha zona sismica moi activa debido a placa do mar das Molucas . As illas Talaud, ao norte, son o limite xeralmente aceptado deste mar, ainda que a plataforma marina estendese mais ao norte.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Os imperios portugues, holandes, britanico e espanol loitaron entre si polo control das illas das Especias ( Molucas ) as que so se pode acceder a traves do mar das Molucas.

Delimitacion da IHO [ editar | editar a fonte ]

A maxima autoridade internacional en materia de delimitacion de mares, a Organizacion Hidrografica Internacional (≪International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Molucas como un mar. Na sua publicacion de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Limites de oceanos e mares, 3ª edicion de 1953), asignalle o numero de identificacion 48c, dentro do arquipelago das Indias Orientais e defineo da forma seguinte:

No norte.
Desde unha lina desde o extremo nordes de Celebes a traves das illas Siau a punta sur de Sangi (3°21'N, 125°37'E) e desde ali ata o extremo sur do grupo das Talaud, a traves destas illas ao seu extremo nordeste (4°29'N, 126°52'E) e desde ali unha lina a Tanjong Sopi, a punta norte da illa de Morotai.
No leste.
Pola costa oeste de Morotai desde Tanjong Sopi ata ao sur a Wajaboela (2°17'N, 128°12'E), e desde ali unha lina ata o extremo norte de Halmahera e pola sua costa oeste ata Tanjong Libolo, o seu extremo sur.
No sur.
Unha lina desde o extremo sur de Halmahera a punta norte da illa Bisa (Setile) e desde ali ata o extremo norte de Obi Maior, a traves desta illa ata Tanjong Ake Lamo, o seu extremo suroeste, e desde ali a Tanjong Dehekolano, no extremo oriental das illas Soela, ao longo das suas costas do norte de Tanjong Marikasoe, o extremo occidental, e desde ali unha lina ata o punto suroeste da illa de Banggai (1°43'S, 123°36'E).
No oeste.
As costas orientais das illas de Banggai e Peleng ata Bangkalan Norte (1º10'S, 123°18'E) e desde ali unha lina a Tg. Botok (Celebes) (1°04'S, 123°19'E) ao redor da costa a Tg. Pasir Pandjang (0°39'S, 123°25'E) e na Tg. Tombalilatoe (123°21'E) na costa oposta, e desde ali ata a costa oriental de Tg. Pisan, o extremo nordes de Celebes.
On the North. By a line from the Northeast extreme of Celebes through the Siau Islands to the South point of Sangi (3°21'N, 125°37' E) thence to the Southern extreme of the Talaud Group, through these islands to their North­eastern extreme (4°29' N, 126°52' E) and thence a line to Tanjong Sopi, the Northern point of Morotai Island.
On the East. By the West coast of Morotai from Tanjong Sopi as far South as Wajaboela (2°17' N, 128°12' E), thence a line to the Northern point of Halmahera and down its West coast to Tanjong Libolo, its Southern extreme.
On the South. A line from the Southern extreme of Halmahera to the North point of Bisa (Setile) Island, thence to the Northern extreme of Obi Major, through this island to Tanjong Ake Lamo, its Southwestern point, thence to Tanjong Dehekolano, the Eastern extremity of the Soela Islands, along their Northern coasts to Tanjong Marikasoe, the Western extreme, thence a line to the Southeast point of Banggai Island (1°43' S, 123°36' E).
On the West. The East coasts of Banggai and Peleng Islands to North Bangkalan (1º10' S, 123°18' E) thence a line to Tg. Botok (Celebes) (1°04' S, 123°19' E) round the coast to Tg. Pasir Pandjang (0°39' S, 123°25' E) and across to Tg. Tombalilatoe (123°21' E) on the opposite coast, thence up the East coast to Tg. Pisan, the Northeastern extreme of Celebes.≫.
Limits of oceans and seas, pax. 25 [ 1 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. International Hydrographic Organization, ed. (1953). "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF) . p. 25. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011 . Consultado o 7 de febreiro de 2010 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]