한국   대만   중국   일본 
Malpica de Bergantinos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Malpica de Bergantinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMalpica de Bergantinos
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  43°17′54″N 8°49′29″O  /  43.2984, -8.8246 Coordenadas : 43°17′54″N 8°49′29″O  /  43.2984, -8.8246
Estado Espana
Comunidade autonoma Galicia
Provincia Provincia da Coruna Editar o valor em Wikidata
Capital Malpica Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 5.241 (2023) Editar o valor em Wikidata (85,61 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 61,22 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Oceano Atlantico Editar o valor em Wikidata
Altitude 387 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organizacion politica
• Alcalde Editar o valor em WikidataEduardo Parga Veiga Editar o valor em Wikidata
Eleccions municipais en Malpica de Bergantinos Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 15113 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 15043 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web concellomalpica.com Editar o valor em Wikidata

Malpica de Bergantinos e un concello galego da provincia da Coruna , pertencente a comarca de Bergantinos , en plena Costa da Morte . Limita co concello de Carballo polo leste, co de Ponteceso polo sur, e co oceano Atlantico polo oeste e o norte.

Segundo o INE no ano 2016 tina unha poboacion de 5616 habitantes (5.768 no 2014, 5.998 no 2012 , 6.102 no 2011 , 6.178 no 2010 ) .

O seu xentilicio (vexase no Galizionario) e ≪ malpican ≫.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

Situacion [ editar | editar a fonte ]

E un municipio de 61,22 km². A sua capital e a vila de Malpica, situada nunha peninsula que conten, nun dos seus lados o porto pesqueiro, e noutro a praia de Area Maior. A sua costa estendese desde o Monte Nariga ata a Punta de Razo, extremo occidental da praia de Baldaio, que pertence ao concello limitrofe de Carballo .

De costas o porto atopanse o paseo maritimo e a Area Maior, espazos de descanso para o viaxeiro e lugar de encontro para surfeiros durante todo o ano. Seguindo cara ao noroeste estan a praia de Seaia e mailo cabo de San Adrian ou Santo Hadrian.

Fronte o cabo emergullan as illas Sisargas , un refuxio natural de aves marinas como gaivotas e corvos marinos . Estan custodiadas por un faro que serve de axuda a navegacion marina, actualmente automatico, pero no que durante anos se forxaron moitas xeracions de fareiros.

Demografia [ editar | editar a fonte ]

A sua poboacion sufriu unha tendencia a diminucion progresiva, que parece imparable nos ultimos vinte anos.

Censo total 2014 5.768 habitantes
Menores de 15 anos 453 (7.85 %)
Entre 15 e 64 anos 3.513 (60.91 %)
Maiores de 65 anos 1.802 (31.24 %)
Evolucion da poboacion de Malpica de Bergantinos   Fontes: INE e IGE .
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.577 6.261 7.757 8.549 6.890 6.228 6.102 5.998 5.875
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Ademais da capital do concello, os seus nucleos de poboacion mais importantes son a vila oleira de Buno , a aldea de Mens , coa sua igrexa romanica e as Torres medievais de Mens , e a aldea de Barizo , cuxo porto natural aparece xa nos cartularios do s. XV como porto de saida e entrada de mercadorias.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Vista xeral de Malpica de Bergantinos.

As primeiras noticias documentais datan do seculo XIII , cando aparece citada como lugar pertencente o senorio do arcebispo de Compostela . No seculo XV , Sancho de Ulloa , Conde de Monterrei, arrebatarialla o arcebispo Alonso II de Fonseca , para incorporala os seus dominios.

Malpica viu a luz e medrou botandose o mar. O Cardeal Hoyo refire que a principios do seculo XVII a actividade economica da vila se centraba na pesca de cetaceos , en colaboracion con marineiros cantabros e vascos, despois de pagar estes a taxa estipulada polo arcebispo de Compostela. Ainda hoxe encontramos mostras desta pesca nas vigas que sostenen o teitume de moitos muinos hidraulicos ou mesmo de vellas casas de arquitectura marineira, presentes en barrios coma os da Atalaia ou no Areal.

A causa da sua importancia como porto baleeiro, Malpica foi sede da Axudantia de Marina ata o ano 1895, data en que se trasladaria a Ponteceso e posteriormente a Corme .

Decaido o auxe da pesca da balea, a perigosa enseada (ou "ribeira" como ainda se conece na actualidade o porto malpican) pasou a ser cala de marineiros que pescaban con artes tradicionais hoxe desaparecidas como o "mediomundo". Con posterioridade, o sector pesqueiro cobrou un novo pulo trala aparicion das fabricas de conserva e salgadura; agora trainas e tarrafas lanzabanse o mar para capturar sardinas . En tempos de carencia, buscabanse mellores caladoiros na ria de Muros e Noia .

Ate 1916 recibia simplemente o nome de Malpica, pero nese ano pasou a ser chamado Malpica de Bergantinos para distinguilo dos concellos de Malpica ( Toledo ) e Malpica de Arba ( Zaragoza ). [ 1 ] .

Cultura [ editar | editar a fonte ]

Patrimonio arquitectonico [ editar | editar a fonte ]

As Fontes [ editar | editar a fonte ]

Fonte de Baixo [ editar | editar a fonte ]

A Fonte de Baixo foi financiada por Anselmo Villar Amigo , nado en Malpica en 1850 e emigrado moi novo a Bos Aires , onde desenvolveu unha grande actividade empresarial e politica. Mandou cartos para facer obras necesarias na sua vila natal, como a rampla do antigo porto, o murallon, a praza de abastos (reconvertida en escola e mais tarde en casa do Concello) e a Fonte de Baixo. En 1957 colocouse un busto do benfeitor.

Esta fonte supuxo a primeira traida de auga a Malpica, polo que as mulleres e os rapaces acostumaban facer bastantes viaxes para ir buscar auga. Converteuse axina nun punto de reunion, onde se falaba e xogaba.

Fonte Vella [ editar | editar a fonte ]

A Fonte Vella e a mais antiga do vila de Malpica. Na parede frontal aparece a inscricion "P.B. ano 1890", que corresponde ao ano e a persoa que a construiu. Na fonte tamen aparece unha cruz con Xesucristo . Esta na praza do seu nome.

Fonte do Ventorrillo [ editar | editar a fonte ]

A fonte do Ventorrillo construiuse en 1934 pero anos mais tarde mudarona de sitio.

Festas e celebracions [ editar | editar a fonte ]

Ademais das festas parroquiais, tenen sona o Corpus Christi e as Festas do Mar de Malpica, asi como a celebracion de Santa Filomena en Buno e de San Brais en Vilanova.

Santo Hadrian [ editar | editar a fonte ]

Capela do Santo Hadrian coas Illas Sisargas ao fondo.

A festividade do Santo Hadrian celebrase o primeiro domingo logo do 16 de xuno.

A romaria comenza coa saida do Santo Hadrian en procesion desde a igrexa parroquial de San Xulian de Malpica, onde esta durante todo o ano. Segundo a tradicion, Santo Hadrian cura as verrugas . O rito e, tras escoitar misa, lavar as mans na fonte e secalas nun pano que se deixa secar a caron da fonte. A tradicion tamen di que cura outras doenzas do corpo humano e dos animais, tras escoitar a correspondente misa e a doazon dunha figura de cera que representa a parte doente do corpo. Hai postos de venda de exvotos no camino ata a capela, e as figuras deixanse dentro da capela.

O santo Hadrian ten sona na comarca, sendo patron de Corme Aldea (Ponteceso), Sofan (Carballo), Verdes (Coristanco) e Malpica.

Corpus [ editar | editar a fonte ]

O Corpus celebrase desde hai mais de douscentos anos. Tradicionalmente celebrabase en xoves, e o martes anterior os gandeiros dos arredores achegabanse ao centro da vila cos seus anos e ovellas, que eran mercados polos malpicans para a festa. Na actualidade celebrase o venres seguinte para amoldarse o calendario laboral. E festivo local.

A festa consiste en alfombras de flores, procesion matinal, orquestras e atraccions.

A Festa do Mar [ editar | editar a fonte ]

A Festa do Mar, celebrada a finais de agosto, e o tributo da xente do mar a sua patroa, a Virxe do Carme, en honra dos que morreron no mar e de todos os marineiros. A ela dedicanlle unha procesion marineira con barcos engalanados e flores que levan a imaxe da Virxe ata as illas Sisargas , con todolos barcos acompanandoa e cheos de xente.

E tradicional tirar flores o mar en ofrenda os mortos. Cada ano leva a Virxe un barco distinto e outro vai de acompanamento coa banda de musica. A xente tirase ao mar, as veces coa roupa, cando remata a procesion.

O Entroido [ editar | editar a fonte ]

O Xogo das vacas (Barizo) [ editar | editar a fonte ]

Pantomima tradicional en Barizo , que se celebra o martes de Entroido . Garda relacion con outros ritos agrarios os que todolos investigadores atribuen unha grande antiguidade.

Tratase da representacion dunha escena agraria: mentres duas vacas aran unha leira, un labrego esparce a semente (serraduras); o rematar, labrego, chamadora e sementador sentan a comer e aparecen dous compradores para as vacas acompanados dun veterinario. Finalmente a venda no se leva a cabo e as vacas volven a casa tirando do carro no que levan todolos trebellos da labranza e os actores.

Toda a escena transcorre entre chistes de dobre sentido, ironias, bromas os espectadores, alusions mais ou menos claras os vecinos, os sucedidos nese ultimo ano etc. Tamen as vacas adoitan desobedecer para arremeter contra o publico. Todo iso coa intencion de provocar as gargalladas.

Tradicionalmente a representacion levabase a cabo no campo da festa, o que resultou imposible desde que foi asfaltado. Hoxe faise diante do Xan. Tamen, tradicionalmente, todolos actores e organizadores eran homes, mesmo as vacas e os personaxes femininos. Este costume foi mudando timidamente nos ultimos anos nos que comezaron a participar mulleres, sempre minoritariamente. Este cambio afecta so a representacion, non a organizacion.

A Mikaela (Buno) [ editar | editar a fonte ]

Festa de final do Entroido na vila de Buno , que se celebra o sabado seguinte o mercores de cinza.

A Mikaela e unha boneca de gran tamano e atributos femininos deliberadamente esaxerados, feita a man polos vecinos de Buno. Unha vez construida, e despois de comer, e tranportada por unha comitiva masculina na que participan todolos homes do lugar e que vai dende o Campo de Canta la rana ate o Campo da Culpa , percorrendo asi todo o lugar. A comitiva vai parando en todalas casas pedindo filloas e vino mentres fan bromas e chistes. Chegados o destino, a Mikaela e queimada ponendo asi fin o entroido. A festa continua ate ben entrada a madrugada.

Na actualidade Mikaela e transportada sobre un tractor e, na comitiva, participan mulleres sempre que vaian vestidas de xeito masculino. Asemade, no canto de parar nas casas, van parando nos bares.

Simbolos [ editar | editar a fonte ]

O seu escudo foi aprobado polo Decreto 6/2015 da Xunta de Galicia, do 8 de xaneiro (DOG num. 14 do 22/01/2015).

A sua bandeira foi aprobada polo Decreto 7/2015 da Xunta de Galicia, do 8 de xaneiro (DOG num. 14 do 22/01/2015).

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Mendez Fernandez, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletin da Real Academia Galega (377): 365?383. ISSN   1576-8767 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Dasairas, X.: "O entroido en terras de Monterrei". Edicions do Cumio, Pontevedra 1990, 56
  • Romero Masia, Ana e Pose Mesura, Xose M.: "Unha manifestacion do entroido en Barizo: o xogo das vacas", en Boletin Auriense XX-XXI, 1990-1991, 397-411.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Galicia | Provincia da Coruna | Parroquias de Malpica de Bergantinos

Barizo (San Pedro) | Buno (Santo Estevo) | Cambre (San Martino) | Cerqueda (San Cristovo) | Leiloio (Santa Maria) | Malpica de Bergantinos (San Xulian) | Mens (Santiago) | Vilanova de Santiso (San Tirso)