한국   대만   중국   일본 
Malaria - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Malaria

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Malaria
Clasificacion e recursos externos
Plasmodium da saliva dun mosquito femia.
ICD-10 B 50 - B 54
ICD-9 084
OMIM 248310
DiseasesDB 7728
MedlinePlus 000621
eMedicine emerg/305 ped/1357
Aviso médico.
Aviso medico.
Advertencia: A Wikipedia non da consellos medicos .
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consultello ao medico.

A malaria (do italiano medieval "mal aire") ou paludismo (de paludis , xenitivo do termo latino palus : pantano, e - ismo , neste caso accion ou proceso patoloxico) e unha doenza parasitaria aguda ou cronica causada por protozoos parasitos do xenero Plasmodium , transmitidos pola picada da femia do mosquito Anopheles [ 1 ] . Alguns estudos cientificos suxiren que puido terse transmitido ao ser humano a traves do Gorilla gorilla [ 2 ] . Entre 700 000 e 2 700 000 persoas morren cada ano por mor da malaria, dos cales mais do 75% son nenos que viven en zonas endemicas de Africa [ 3 ] [ 4 ] . Asi mesmo, causa aproximadamente entre 400 e 900 millons de casos de febre aguda ao ano na poboacion infantil (menores de cinco anos) en ditas zonas [ 3 ] . Segundo datos de 2005 , estimase que hai entre 350 e 500 millons de episodios de paludismo clinico cada ano [ 5 ] .

O primeiro intento dunha vacina sintetica contra a malaria foi realizado en 1997 polo equipo de Manuel Elkin Patarroyo . Os resultados foron desiguais, alcanzando en Suramerica unha eficacia maxima do 28% [ 6 ] . A dia de hoxe, a Organizacion Mundial da Saude ten catalogada a esta vacina como ≪inactiva≫ [ 7 ] . Prometedores resultados anunciaronse en agosto de 2013 , cando os xornais fixeronse eco de que unha vacina na fase I de estudo, alcanzaba unha eficacia dun 100% [ 8 ] .

En maio de 2007 , a Organizacion Mundial da Saude decidiu conmemorar o Dia Mundial da Malaria o 25 de abril de cada ano [ 9 ] .

Plasmodium [ editar | editar a fonte ]

Artigos principais : Plasmodium e Plasmodium falciparum .

O Plasmodium e un protozoo , ou sexa un ser unicelular, eucariota como as celulas humanas . Existen catro especies que poden producir a infeccion:

  1. Plasmodium falciparum : causa a forma de malaria mais grave, a malaria maligna (terza). Ten o ciclo de vida mais rapido. Ataca tanto as hemacias novas como as maduras. E responsabel do 80% dos casos clinicamente significativos e do 90% das mortes.
  2. Plasmodium vivax : ataca so eritrocitos inmaturos, especialmente reticulocitos . Causa doenza cronica, a malaria benigna terza. Pode ficar dormente durante moitos anos e reaparecer despois, debido a reactivacion dunha das suas formas parasitas, os hipnozoitos.
  3. Plasmodium malariae : ataca so os globulos vermellos mais maduros. Causa malaria benigna cronica.
  4. Plasmodium ovale : e comun en Africa e, raramente, no Pacifico Occidental e America do Sur . Ataca so os eritrocitos novos, causando doenza cronica, a malaria benigna terza ovale. Pode ficar dormente durante moitos anos e despois reaparecer.

O ciclo de vida do plasmodio e complexo. Os esporozoitos son unhas formas que existen nas glandulas salivares do mosquito anofele , sendo inxectados no sangue da vitima humana. De ai, os esporozoitos invaden o figado , onde, na forma xigante multinucleada de esquizontes , reproducense asexualmente , xerando merozoitos - as formas invasoras dos globulos vermellos (hemacias ou eritrocitos). Invaden estas celulas por receptores diferentes para cada especie, de onde se explica a sua preferencia por subpoboacions de eritrocitos. Dentro do eritrocito, o plasmodio non se detecta polo sistema inmunitario , cesando as manifestacions clinicas. No eritrocito, o plasmodio dividese asexuadamente ata que, debido ao numero excesivo de merozoitos, o eritrocito rebenta. Nese momento volve haber febre e outros sintomas, porque os merozoitos e as substancias quimicas por eles producidas dentro do eritrocito son dispersadas na corrente sanguinea e identificadas polos leucocitos . Estes producen citocinas (especie de hormonas ) cando identifican os invasores. Febre violenta, tremores, malestar, dores, son alguns dos efectos da estimulacion no cerebro pola citocina IL-1 (a temperatura alta e producida polos tremores musculares e causa malestar, mais inhibe a multiplicacion de microorganismos, que prefiren 37 °C). Eses merozoitos invaden enton novas hemacias, multiplicandose cada vez mais en cada ciclo. Alguns transformanse en gametontes que se zugan, xuntamente co sangue, por outros mosquitos. Os gametos masculino e feminino fundense no corpo do mosquito, dando orixe a un cigoto , que se multiplica en novos esporozoitos, que migran para as glandulas salivares do insecto hospede. Esta fase de reproducion sexual permite unha maior variabilidade xenetica , o que explica que un individuo afectado non desenvolve sempre resistencia eficaz a outras estirpes.

O parasito produce e secreta proteinas que se fixan na membrana celular do eritrocito infectado e que se ligan a outras proteinas producidas polo endotelio dos vasos sanguineos. Asi o eritrocito hospede adhirese a parede do vaso, evitando o paso polo bazo , un centro importante da filtracion inmunoloxica do sangue no que son destruidos moitos eritrocitos infectados. A propension dos eritrocitos infectados a se concentraren nos vans pode levar a oclusion dos pequenos vasos, con hemorraxias e infartos , especialmente na malaria causada por P. falciparum . Estas proteinas non son utiles para a formacion de anticorpos especificos, porque o parasito posue xenes para mais de 50 variedades coa mesma funcion, cando os anticorpos contra esas proteinas comezan a ser producidos xa a maior parte dos parasitos esta a usar outra variedade.

Transmision [ editar | editar a fonte ]

Femia de mosquito anofele alimentandose de sangue humano

A malaria e transmitida pola picada das femias de mosquitos do xenero Anopheles . A transmision xeralmente ocorre en rexions rurais e semirurais, mais pode ocorrer en areas urbanas, principalmente nas suas periferias. En cidades situadas en lugares cuxa altitude sexa superior a 1.500 metros, no entanto, o risco de adquisicion de malaria e pequeno. Os mosquitos tenen maior actividade durante o periodo nocturno, do solpor ao amencer. Contaminanse ao picar aos portadores da doenza, tornandose o principal vector de transmision desta para outras persoas. O risco maior de adquisicion de malaria e no interior das habitacions, ainda que a transmision tamen poida ocorrer ao ar libre.

O mosquito da malaria so sobrevive a temperaturas minimas maiores que 15 °C, e so atinxe numero suficiente de individuos para a transmision da doenza en rexions con temperaturas minimas de preto de 20-30 °C e humidade alta. Soamente pican ao ser humano os mosquitos femias, que se alimentan de sangue, mentres que os machos viven dos zumes de plantas. As larvas desenvolvense en augas paradas, principalmente durante as estacions de choivas abundantes.

Progresion e sintomas [ editar | editar a fonte ]

Globulo vermello atacado polo Plasmodium vivax

A malaria causada por P.falciparum caracterizase no inicio por sintomas inespecificos, como dores de cabeza, fatiga, febre e nauseas. Estes sintomas poden durar varios dias (seis para P.falciparum , varias semanas para as outras especies).

Mais tarde aparecen accesos periodicos de calafrios e febre intensos que coinciden coa destrucion masiva de hemacias e coa descarga de substancias inmunoxenicas toxicas na corrente sanguinea ao fin de cada ciclo reprodutivo do parasito. Estas crises paroxisticas, mais frecuentes ao caer da tarde, inicianse con subida da temperatura ata 39-40 °C. Son seguidas de palidez da pel e tremores violentos durante preto de 15 minutos a unha hora. Despois cesan os tremores e seguen duas a seis horas de febre con 41 °C, terminando con pel avermellada e suores abundantes. O doente sentese perfectamente ben despois e ata a crise seguinte, dous a tres dias despois. Se a infeccion for de P. falciparum , a denominada malaria maligna , pode haber sintomas adicionais mais graves como choque circulatorio, sincopes (desmaios), convulsions, delirios e crises vaso-oclusivas. A morte pode ocorrer en cada crise de malaria maligna. Pode tamen ocorrer a chamada malaria cerebral : a oclusion de vasos sanguineos no cerebro polos eritrocitos infectados causa deficit mentais e coma seguidos de morte (ou deficit mental irreversibel). Polas mesmas razons tamen ocorren danos renais e hepaticos graves. As formas causadas polas outras especies ("benignas") en xeral son soamente debilitantes, raramente ocorrendo a morte.

Os intervalos entre as crises paroxisticas son diferentes segundo a especie. Para as especies de P. falciparum , P. ovale e P. vivax , o ciclo da invasion de hemacias por unha xeracion, multiplicacion interna na celula, lise (rebentamento da hemacia) e invasion pola nova xeracion de mais hemacias dura 48 horas. Normalmente hai accesos de febre violenta e tremores no dia 1, e pasados 48 horas xa no dia 3 etc, clasificandose como malaria ternaria . A infeccion polo P. malariae ten ciclos de 72 horas, dandose no dia 1, despois no dia 4 etc., constituindo a malaria cuaternaria . A deteccion precoz de malaria cuaternaria e importante porque este tipo non pode ser debido a P. falciparum , sendo polo tanto menos perigoso.

Os sintomas cronicos incluen a anemia , cansazo, debilitacion con reducion da capacidade de traballo e da intelixencia funcional, hemorraxias e infartos de incidencia moi aumentada, como infarto do miocardio e AVCs (especialmente con P. falciparum ).

Se non se diagnostica e trata, a malaria maligna causada polo P. falciparum pode evolucionar axina, resultando en morte. A malaria "benigna" das outras especies resulta en debilitacion cronica e mais raramente en morte.

Epidemioloxia [ editar | editar a fonte ]

E unha das doenzas mais importantes para a humanidade, debido ao seu impacto e custos, e constitue un fardo extremadamente pesado para as poboacions dos paises afectados, principalmente en Africa , incomparabel aos custos sociais de calquera doenza occidental. A malaria existe potencialmente en todas as rexions onde existen homes e mosquitos anofele en cantidade suficiente, o que inclue todas as rexions tropicais de todos os continentes e moitas rexions subtropicais. Hoxe en dia, Africa e particularmente afectada, quedando indemnes so o Norte e mais Surafrica . Na America existe en toda a rexion central ( Mexico e os paises do istmo), no Caribe e mais no norte da America do Sur. Na Asia esta presente en todo o subcontinente indio , Medio Oriente , Iran , Asia central , Sueste asiatico , Indonesia , Filipinas e sur da China . A malaria erradicouse no seculo XX da rexion mediterranea , incluindo o sur de Europa : Portugal , Espana , Italia , sur da Francia e Grecia ; e no Sur e Oeste dos EUA . Asi e todo, hai case 3 mil millons de persoas (ou sexa, metade da humanidade) en rexions endemicas, en mais de 100 paises.

Hai, todos os anos, 300 a 500 millons de casos da malaria, dos cales mais do 90% en Africa, a maioria con resolucion satisfactoria, mais resultando en enfraquecemento e perda de dias de traballo significativos. Causa a morte, con todo, de preto de 2 millons de persoas ao ano, cerca dun millon das cales son nenos con menos de 5 anos [ Compre referencia ] .

En Europa, os casos son moito menos graves, habendo apenas alguns millares. A gran maioria dos casos importanse de persoas que visitan paises tropicais.

Prevencion [ editar | editar a fonte ]

Durmir cuberto por rede anti-mosquito protexe significativamente contra a malaria

A mellor medida e a erradicacion do mosquito anofele. Ultimamente, o uso de insecticidas potentes mais toxicos, prohibidos no occidente, aumentou porque os riscos da malaria son moi superiores aos do insecticida. O uso de redes contra mosquitos e eficaz na proteccion durante o sono, cando ocorre a gran maioria das infestacions. As cremas repelentes de insectos tamen son eficaces, pero mais caros que as redes. A roupa debe cubrir a pel nua o mais completamente posibel de dia. O mosquito non ten tanta tendencia para picar a cara ou as mans, onde os vasos sanguineos son menos accesibeis, canto as pernas, os brazos ou o pescozo.

A drenaxe de pantanos e outras augas paradas e unha medida de saude publica eficaz.

Diagnostico [ editar | editar a fonte ]

O frotis de sangue e o test gold standard para o diagnostico da malaria.
Formas aneladas e gametocitos de Plasmodium falciparum no sangue humano.

Debido a natureza non especifica da manifestacion dos sintomas, o diagnostico da malaria en areas non endemicas require un alto grao de sospeita, que poderia estar provocada por algun dos seguintes feitos: historial recente de viaxes, bazo agrandado , febre, baixo numero de plaquetas no sangue, e niveis de bilirrubina no sangue mais altos dos normais combinados cun nivel normal de leucocitos [ 10 ] . Informes de 2016 e 2017 suxiren altos niveis de sobrediagnostico debido a insuficientes ou inadecuados tests de laboratorio [ 11 ] [ 12 ] [ 13 ] .

A malaria confirmase normalmente co exame microscopico dun frotis de sangue ou por tests de diagnostico rapido (RDT nas suas siglas en ingles) baseados en antixenos [ 14 ] [ 15 ] . Nalgunhas zonas, os RDT necesitanse para poder distinguir se os sintomas da malaria son causados por Plasmodium falciparum ou por outras especies de parasitos e, en consecuencia, as estratexias de tratamento poden diferir a infeccions non- P. falciparum [ 16 ] . A observacion polo microscopio dos frotis de sangue e o metodo mais comunmente usado para detectar o parasito da malaria. En 2010 examinaronse arredor de 165 millons de frotis de sangue para malaria [ 17 ] . A pesar de estar moi estendido, o diagnostico por microscopio ten dous importantes inconvenientes: moitos postos sanitarios, especialmente no rural, non estan equipados para realizar o test, e a precision dos resultados depende tanto da habilidade da persoa que examina o frotis de sangue como dos niveis do parasito no sangue. A sensibilidade do frotis de sangue varia desde un 75-90% en condicions optimas, ata un baixo 50%. Os RDT disponibles comercialmente son frecuentemente mais precisos que o frotis de sangue para predicir a presenza dos parasitos da malaria, pero dependendo do fabricante son moi variables no diagnostico da sensibilidade e especifidade , e son incapaces de dicir cantos parasitos hai [ 17 ] .

Nas rexions onde as probas de laboratorio estan facilmente disponibles, deberia sospeitarse de ter malaria e facerlle o test a calquera persoa que non se encontre ben e que estivera nunha area onde a malaria e endemica. En areas que non poden permitirse probas de diagnostico de laboratorio, chegou a facerse comun o uso so do historial de febre como indicador para o tratamento da malaria, de ai o dito comun de "febre igual a malaria a non ser que se comprobe o contrario". Un inconveniente desta practica e o sobrediagnostico da malaria e a mala xestion da febre non malaria, que gasta recursos limitados, erosiona a confianza no sistema sanitario, e contribue a resistencia aos medicamentos [ 18 ] . Ainda que se desenvolveron tests baseados na reaccion en cadea da polimerase , no ano 2012 non eran moi usados en zonas onde a malaria e comun, debido a sua complexidade [ 10 ] .

Tratamento [ editar | editar a fonte ]

Cinchona contendo quinina, o primeiro antimalarico

A malaria maligna, causada polo P.falciparum e unha urxencia medica. As outras malarias son doenzas cronicas.

O tratamento farmacoloxico da malaria basease na susceptibilidade do parasito aos radicais libres e substancias oxidantes, morrendo en concentracions destes axentes inferiores as mortais para as celulas humanas. Os farmacos usados aumentan esas concentracions.

A quinina (ou o seu isomero quinidina ), un medicamento antigamente extraido da casca da Cinchona , ainda se usa no seu tratamento. Poren, a maioria dos parasitos xa e resistente os seus efectos. Foi suplantada por drogas sinteticas mais eficientes, como quinacrina , cloroquina , e primaquina . E frecuente o uso de cocktails (mesturas) de varios destes farmacos, pois hai parasitos resistentes a calquera deles por si so. A resistencia torna a cura dificil e cara.

Ultimamente a artemisinina , extraida dunha planta chinesa, ten dado resultados prometedores. Produce radicais libres en contacto con ferro , que existe especialmente na hemoglobina no interior das hemacias , onde se reproduce o parasito. E extremadamente eficaz en destruilo, causando efectos adversos minimos. Poren, as cantidades producidas hoxe son insuficientes. No futuro, o cultivo da planta artemisina en Africa podera reducir substancialmente os custos. E o unico farmaco antimalarico para o cal ainda non existen casos descritos de resistencia.

Algunhas vacinas estan en desenvolvemento.

Efectos xeneticos nas poboacions afectadas [ editar | editar a fonte ]

A anemia falciforme e unha doenza xenetica recesiva (os dous alelos do xene en causa tenen de estar mutados) que ocorre nas mesma rexions de alta incidencia de malaria. Asi e todo, os portadores da deficiencia (con so un alelo mutado e o outro normal), tenen altas taxas de supervivencia a malaria, sendo en parte resistentes a ela.

Outros portadores de doenzas xeneticas, como algunhas talasemias , ou deficiencias no xene da encima glicosa-6-fosfato dehidroxenasa, existentes no Mediterraneo tamen poderan ser o produto de seleccion natural positiva dos portadores debido a maior resistencia ao parasito. Algunhas desas mutacions aumentan os radicais libres nas hemacias, aos cales e susceptibel o parasito.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Os seres humanos tenen sufrido malaria desde hai 50.000 anos [ Compre referencia ] . O baixo numero anterior de casos en humanos, en comparacion cos elevados indices noutros animais, implicaba que os mosquitos que se alimentan dos outros animais fosen moito mais frecuentes que o anofele, que ten predileccion polos humanos. So o inicio da agricultura, hai 10.000 anos (nalgunhas rexions, noutras so hai 5.000 anos) e co crecemento da poboacion e destrucion dos ambientes naturais deses outros animais e os seus mosquitos, permitiu que as poboacions de anofele se expandisen en numero, iniciandose a verdadeira epidemia de malaria que existe hoxe.

A malaria foi unha das doenzas que mais atinxiron o Imperio romano e a sua base de poboacion e economica, contribuindo a sua caida [ Compre referencia ] .

Admitese que a malaria foi unha das principais razons da lenta penetracion dos europeos no interior da Africa cando a epoca colonial.

Na America do Sur, os nativos (indios) dos Andes e outros tinan usado desde tempos inmemoriais a casca da arbore da Cinchona para tratar a malaria, asi como os chineses xa usaban a planta Artemisa (unha "nova" droga antimalarica revolucionaria "descuberta" so recentemente). En 1640 o espanol Juan del Vego usou a tintura da casca da cinchona para tratar con exito a malaria. En 1820 os franceses Pierre Pelletier e Joseph Caventou extraeron con exito a quinina , o principio activo antimalarico, da tintura.

O italiano Giovanni Maria Lancisi foi quen, en 1717 , notando que eran os habitantes dos pantanos os que mais sufriron da doenza, renomeou o paludismo como malaria, significando "malos ares".

Co desenvolvemento da quinina (hoxe a resistencia do parasito e case universal debido ao mal uso), o primeiro farmaco antimalarico, os europeos puideron sobrevivir en gran numero no interior africano, dando finalmente orixe, no fin do seculo XIX , a carreira polas colonias africanas e particion do continente entre Portugal , Reino Unido , Francia , Alemana , Belxica , Italia e Espana .

O causante da malaria, o Plasmodium , foi descuberto polo medico do Exercito frances, Charles Louis Alphonse Laveran , traballando na Alxeria , que recibiu o Premio Nobel da Fisioloxia e Medicina polo seu traballo, en 1907 .

A existencia de malaria e outras doenzas debilitantes como a Enfermidade do sono e, segundo moitos especialistas, a razon da falta de desenvolvemento de moitas civilizacions (houbo ainda asi algunhas) preeminentes na Africa ao sur do Sahara . Africa, como berce da humanidade, e tamen o berce de moitos parasitos e doenzas infecciosas humanas, moitas das cales non existen en ningun outro lado. O custo economico e social da malaria e outras doenzas africanas e inimaxinabel para un occidental ou mesmo un americano ou asiatico da rexion tropical. Esperase que co desenvolvemento futuro de medicamentos e terapias eficaces contra a malaria asi como outras doenzas, incluindo a SIDA , o progreso economico e social dos africanos se acelere.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Organizacion Mundial da Saude (WHO) (ed.). "Paludismo. Datos y cifras" (en castelan ) . Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2014 . Consultado o 5 de novembro de 2018 .  
  2. El Pais , ed. (22 de setembro de 2010). "La malaria viene de los gorilas" (en castelan ) . Consultado o 5 de novembro de 2018 .  
  3. 3,0 3,1 Breman, Joel G. (2001). American Society of Tropical Medicine and Hygiene, ed. "The ears of the hippopotamus: manifestations, determinants, and estimates of the malaria burden" . The American Journal of Tropical Medicine and Hygiene (en ingles ) 64 (1-2 Suppl.): 1?11. PMID   11425172 . Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2007 . Consultado o 5 de novembro de 2018 .  
  4. Aregawi, Maru (2008). Organizacion Mundial da Saude (WHO), ed. World Malaria Report 2008 (en ingles ) . p. vii. ISBN   978-92-4-156369-7 .  
  5. Pan American Health Organization, ed. (2005). "Informe mundial sobre el paludismo 2005" (en castelan ) .  
  6. Graves, P. M.; Gelband, H. (2009). "Vaccines for preventing malaria (SPf66) (Review)" (PDF) . The Cochrane Library (en ingles ) (John Wiley & Sons Ltd.) (2): 1?38. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xullo de 2011 . Consultado o 05 de novembro de 2018 .  
  7. Organizacion Mundial da Saude, ed. (17 de xullo de 2017). "Tables of Malaria Vaccine Projects Globally" (en ingles ) . Consultado o 5 de novembro de 2018 .  
  8. Valerio, Maria (8 de agosto de 2013). El Mundo , ed. "Una nueva y prometedora vacuna contra la malaria" (en castelan ) . Consultado o 5 de novembro de 2018 .  
  9. Organizacion Mundial da Saude (ed.). "Dia Mundial del Paludismo 25 de abril de 2018" (en castelan ) .  
  10. 10,0 10,1 Nadjm, B.; Behrens, R.H. (2012). "Malaria: An update for physicians" . Infectious Disease Clinics of North America (en ingles ) 26 (2): 243?259. PMID   22632637 . doi : 10.1016/j.idc.2012.03.010 .  
  11. Manguin, Sylvie; Foumane, Vincent; Besnard, Patrick; Fortes, Filomeno; Carnevale, Pierre (xullo de 2017). "Malaria overdiagnosis and subsequent overconsumption of antimalarial drugs in Angola: Consequences and effects on human health". Acta Tropica (en ingles ) 171 : 58?63. PMID   28356231 . doi : 10.1016/j.actatropica.2017.03.022 .  
  12. Orish, Verner N.; Ansong, Joseph Y.; Onyeabor, Onyekachi S.; Sanyaolu, Adekunle O.; Oyibo, Wellington A.; Iriemenam, Nnaemeka C. (outubro de 2016). "Overdiagnosis and overtreatment of malaria in children in a secondary healthcare centre in Sekondi-Takoradi, Ghana". Tropical Doctor (en ingles ) 46 (4): 191?198. PMID   26738767 . doi : 10.1177/0049475515622861 .  
  13. Yegorov, Sergey; Galiwango, Ronald M.; Ssemaganda, Aloysious; Muwanga, Moses; Wesonga, Irene; Miiro, George; Drajole, David A.; Kain, Kevin C.; Kiwanuka, Noah (14 de novembro de 2016). "Low prevalence of laboratory-confirmed malaria in clinically diagnosed adult women from the Wakiso district of Uganda" . Malaria Journal 15 (1): 555. PMC   5109652 . PMID   27842555 . doi : 10.1186/s12936-016-1604-z .  
  14. Abba, K.; Deeks, J.J.; Olliaro, P.; Naing, C.M.; Jackson, S.M.; Takwoingi, Y.; Donegan, S.; Garner, P. (2011). Abba, Katharine, ed. "Rapid diagnostic tests for diagnosing uncomplicated P. falciparum malaria in endemic countries". Cochrane Database of Systematic Reviews (en ingles ) (7): CD008122. PMID   21735422 . doi : 10.1002/14651858.CD008122.pub2 .  
  15. Kattenberg, J.H.; Ochodo, E.A.; Boer, K.R.; Schallig, H.D.; Mens, P.F.; Leeflang, M.M. (2011). "Systematic review and meta-analysis: Rapid diagnostic tests versus placental histology, microscopy and PCR for malaria in pregnant women" . Malaria Journal (en ingles ) 10 : 321. PMC   3228868 . PMID   22035448 . doi : 10.1186/1475-2875-10-321 .  
  16. Abba, Katharine; Kirkham, Amanda J.; Olliaro, Piero L.; Deeks, Jonathan J.; Donegan, Sarah; Garner, Paul; Takwoingi, Yemisi (18 de decembro de 2014). "Rapid diagnostic tests for diagnosing uncomplicated non-falciparum or Plasmodium vivax malaria in endemic countries" . Cochrane Database of Systematic Reviews (en ingles ) (John Wiley & Sons) 12 : CD011431. PMC   4453861 . PMID   25519857 . doi : 10.1002/14651858.cd011431 . Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2017 . Consultado o 6 de novembro de 2018 .  
  17. 17,0 17,1 Wilson, M.L. (2012). "Malaria rapid diagnostic tests". Clinical Infectious Diseases (en ingles ) 54 (11): 1637?1641. PMID   22550113 . doi : 10.1093/cid/cis228 .  
  18. Perkins, M.D.; Bell, D.R. (2008). "Working without a blindfold: The critical role of diagnostics in malaria control" . Malaria Journal (en ingles ) 1 (Suppl 1): S5. PMC   2604880 . PMID   19091039 . doi : 10.1186/1475-2875-7-S1-S5 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]