Musica country

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johnny Cash .

A musica country e un estilo popular no sur dos Estados Unidos orixinado na musica dos apalaches e nas cancions vaqueiras. Os seus antecedentes son as danzas europeas e as tradicions celtas (sobre todo escocesas). Na orixe era moi simple e interpretada por poucos instrumentos: guitarra , banjo e violin principalmente, as suas letras falaban da dura vida no campo, tristeza e amores imposibeis. As primeiras figuras do xenero foron a familia Carter e Jimmie Rodgers , o chamado pai do Country, ainda que a personalidade mais importante sexa Hank Williams . Nos cincuenta a musica antano de pobres sofisticouse e encheuse de arranxos, cun estilo centrado en Nashville , fogar do Nashville Sound e do mais importante programa de radio do Sur, o Grand Ole Opry . Como reaccion a estas producions comerciais houbo unha volta as orixes acusticas no Bluegrass e un endurecemento co Honky Tonk .


Este artigo tan só é un bosquexo
  Este artigo sobre musica e, polo de agora, so un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuir a que a Galipedia mellore e medre .
  Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamen podes contribuir.