Maquina de escribir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Underwood utilizada por Francisco Fernandez del Riego na decada de 1950.

Unha maquina de escribir e un equipamento mecanico, electromecanico ou electronico equipado con teclas que, cando accionadas, moven tipos, que imprimen letras , numeros e simbolos no papel, facilitando e dando maior axilidade ao proceso de escrita. As primeiras maquinas de escribir producidas, manuais con accionamento mecanico das teclas introducironse en 1874, [ 1 ] ainda que non se fixeron de uso comun nos despachos ata mediados da decada de 1880. [ 2 ] Posteriormente, xurdiron as electromecanicas, con base de funcionamento mecanico, auxiliado por un motor electrico para diminui­r o esforzo e dar maior axilidade na escrita. Finalmente, xurdiron as electronicas, con accionamento dos tipos en margaridas ou esferas, capaces de alcanzar mellor velocidade e calidade de impresion, alen da posibilidade de correccion dos erros, con fitas correctivas.

Maquina de escribir da decada de 1970

Os ultimos modelos para despachos posuian memoria interna e pequenos monitores, cunha forma proxima aos primeiros computadores persoais .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Ainda que moitas maquinas de escribir modernas tenen desenos semellantes, a sua invencion foi desenvolvida por numerosos inventores que traballaban de xeito independente ou ben competindo uns con outros durante decadas. Os historiadores estiman que algunha forma de maquina de escribir se inventou en 52 ocasions. [ 3 ]

Maquina de escribir electronica de 1989

En 1575, o impresor italiano Francesco Rampazetto inventou a scrittura tattile , unha maquina para imprimir letras no papel. [ 4 ] A primeira patente dun primitivo dispositivo de escribir mecanicamente atribuese a Henry Mill en 1713. [ 5 ]

Maquina de escribir en 1876

O italiano Pellegrino Turri introduciu, en 1808, o sistema de teclado para axudar a sua amiga cega, a condesa Carolina Fantoni da Fivizzano. [ 6 ] A primeira patente norteamericana foi a de William Austin Burt , de Detroit (1829), [ 7 ] cuxo contido foi destruido polo incendio do despacho de patentes de Washington, en 1836. Posteriormente, o mecanico norteamericano Carlos Thuber creou un modelo perfeccionado, con maior rapidez de escrita (1843). Outros nomes como os do ingles Jenkins e o frances Pogrin, colaboraron para a mellora da maquina.

As primeiras maquina imprimian so en maiusculas . Foi Brooks quen conseguiu a impresion dos caracteres maiusculos e minusculos .

As primeiras que se fabricaron a finais do seculo XIX deixaban os mecanografos “as cegas”, porque o mecanismo tapaba o papel e non era posibel ver o que se tecleaba. O problema foi resolto grazas a Thomas Oliver, creador da Oliver Typewriter Company , a traves da creacion dun arranxo semicircular, que mantina as barras de tipo afastadas da area de dixitalizacion.

Remington, que antes se dedicaba a producion de armas , foi a primeira empresa que investiu na producion dunha maquina de escribir, o 1 de marzo de 1873, en Ilion, Nova York , xa cunha configuracion ben proxima ao modelo que se tornou popularmente conecido en todo o mundo.

A partir de 1880, as maquinas de escribir pasaron a ser adoptadas polo mercado corporativo, en busca da lexitimacion dos documentos comerciais que se producian en todas as transaccions.

O aumento da demanda despertou o interese das industrias polo novo produto, primeiro nos Estados Unidos e despois en Europa, con Alemana como un dos principais polos, que axina se espallou polos demais paises industrializados.

O mercado de traballo tamen medrou coa necesidade de contratacion de mecanografos , capaces de operar as novas maquinas con velocidade e precision. Con iso, as mulleres pasaron a ter espazo nos despachos e nas redaccions, asumindo funcions nas areas administrativas, o que consistiu nun dos primeiros movementos para a conquista dos dereitos das mulleres .

A ultima fabrica que produciu maquinas de escribir non electricas, a Godrej and Boyce de Bombai , na India , pechou en 2011, despois de vender menos de mil exemplares o ultimo ano, definitivamente converteuse nunha peza de museo. [ 8 ]

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Cortada, James W. (2015). Before the Computer: IBM, NCR, Burroughs, and Remington Rand and the Industry They Created, 1865?1956 . Princeton University Press. p. 38. ISBN   978-1-4008-7276-3 . Arquivado dende o orixinal o 2018-06-26.  
  2. "Typewriters" . www.officemuseum.com . Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2016.  
  3. Acocella, Joan (9 de abril de 2007). "The Typing Life: How writers used to write" . The New Yorker . Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2013.  
  4. "Scrittura | Museo dinamico della tecnologia Adriano Olivetti" . museocasertaolivetti.altervista.org (en italiano ) . https://translate.google.pl/translate?hl=en&sl=it&u=http://museocasertaolivetti.altervista.org/scrittura/&prev=search . Arquivado dende o orixinal o 2017-06-21 . Consultado o 2017-07-21 .  
  5. "Henry Mill Patents" . Todayinsci.com. Arquivado dende o orixinal o 2012-11-28 . Consultado o 2012-03-30 .  
  6. "Italian Inventors and their Inventions" . YourGuideToItaly.com. 2010 . Consultado o 2011-01-25 .  
  7. William Austin Burt's Typographer . Science Museum. 1829.  
  8. The Daily Mail anunciando o pechamento

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Adler, M.H. (1973). The Writing Machine: A History of the Typewriter . Allen and Unwin
  • Beeching, Wilfred A. (1974). Century of the Typewriter . St. Martin's Press. pp. 276 Beeching was the Director of the British Typewriter Museum
  • Freire, Numa. Teoria e pratica da mecanografia . Sao Paulo: Editora Atlas, 1961

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]