한국   대만   중국   일본 
Lucas Labrada - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Lucas Labrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucas Labrada
Biografia
Nacemento 18 de outubro de 1762 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte agosto de 1842 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
A Coruna, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion correspondente Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 439586 BNE: XX1054789


Descripcion economica del Reyno de Galicia , en PDF .

Lucas Jose de los Dolores Labrada Romero , nado en Ferrol o 18 de outubro de 1762 e finado na Coruna en agosto de 1842 , foi un ilustrado galego, autor dunha descricion economica de Galiza .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

En 1784 era empregado do Real Consulado da Coruna , obtendo en 1787 a praza de porteiro da mesma institucion. En 1790 presenta un Plan de gobierno de los porteros e auxilia ao enxeneiro de obras do Consulado. Despois ocupou durante catro anos a secretaria do organismo de xeito interino. Mais tarde intentou acceder, sen exito, a catedra de Matematicas da Universidade de Santiago de Compostela . En 1802 accedeu ao posto, xa fixo, de secretario do Real Consulado.

Nos anos da ocupacion napoleonica aparece como un afrancesado , prestando servizos de interprete do Estado maior frances. Poren, en 1820 figura na Xunta de Censura dos liberais coruneses, e pasa a ser favorecido coa praza de secretario da nova Deputacion Provincial de Ourense , posto que non mantivo trala reposicion absolutista de 1823, ainda que puido retornar como secretario do Consulado herculino, institucion a que aparece ligado ata a sua morte en agosto de 1842.

A sua obra mais importante foi a Descripcion economica del Reyno de Galicia , publicada en Ferrol en 1804. Nesa obra, valendose en ocasions de correspondentes, levanta acta do estado economico do reino a fins do seculo XVIII . O libro constitue unha preciosa fonte historiografica, utilizada constantemente. A Editorial Galaxia fixo unha reedicion en 1971 .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]