한국   대만   중국   일본 
Luis de Camoes - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Luis de Camoes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis de Camoes

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (pt) Luis Vaz de Camoes Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento decembro de 1524 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte 10 de xuno de 1580 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura Mosteiro dos Xeronimos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Relixion Catolicismo Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Coimbra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Poesia e Drama Editar o valor em Wikidata
Ocupacion poeta , escritor , dramaturgo , militar Editar o valor em Wikidata
Influencias
Lingua Lingua castela , lingua portuguesa e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Familia Familia Camoes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais Simao Vaz de Camoes Editar o valor em Wikidata  e  Ana de Sa de Macedo Editar o valor em Wikidata
Parentes Vasco Pires de Camoes ( bisavo ) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0891407 BNE: XX919006 Musicbrainz: 05d3351d-8885-4e99-b9a7-acd707734e33 Discogs: 1506975 Find a Grave: 10467105 Editar o valor em Wikidata

Luis Vaz de Camoes , tamen grafado como Camoens [ 1 ] , foi nado cara a 1524 e finado o 10 de xuno de 1580 , foi un poeta portugues, considerado decote como o maior poeta de lingua portuguesa e dos maiores da Humanidade. O seu xenio e comparabel ao de Homero , Virxilio , Dante e Shakespeare . Das suas obras, a epopea Os Lusiadas e a mais significativa.

Orixes e xuventude [ editar | editar a fonte ]

Camoes naceu en Chaves ou Lisboa no ano 1524 ou 1525 . A sua familia, de orixe galega, fixouse primeiro no Norte, en ( Chaves ), e despois irradiou para Coimbra e Lisboa . Foi fillo de Simao Vaz de Camoes e Ana de Sa e Macedo . Por via paterna, Camoes seria trineto do trobador galego Vasco Pires de Camoes , mentres que por via materna estaba aparentado co navegador Vasco da Gama .

Entre 1542 e 1545 viviu en Lisboa, onde trocou os estudos polo ambiente da corte de Xoan III, e conquistou fama de poeta e feitio altivo.

Estatua do poeta na Praza Luis de Camoes, no Bairro Alto de Lisboa .

En Coimbra frecuentaria o curso de Humanidades, talvez no Mosteiro de Santa Cruz , onde tina un tio pai, Benito de Camoes . Poren, non hai rexistros da pasaxe do poeta pola cidade. En calquera caso, a cultura refinada dos seus escritos torna a unica universidade de Portugal do tempo como o lugar mais probabel dos seus estudos.

Ligado a casa do Conde de Linhares , Francisco de Noronha , e talvez preceptor do fillo Antonio, segue para Ceuta en 1549 e fica alo ate 1551. Era unha aventura comun na carreira militar dos mozos, recordada na elexia Aquela que de amor descomedido . Nun cerco, tivo un dos ollos baleirados por unha seta pola furia rara de Marte . Ainda asi, mantivo as suas potencialidades de combate.

De regreso a Lisboa, non tarda en retomar a vida bohemia. Sonlle atribuidos varios amores por damas da corte e mesmo pola propia irma do Rei D. Manuel I . Caeria en desgraza, a punto de desterrarse para Constancia , malia non haber fundamento documental. No dia do Corpo de Deus de 1552 entra en contenda e fere un certo Goncalo Borges. Preso, liberase por carta rexia de perdon de 7 de marzo de 1552 . O 24 dese mesmo mes embarca para a India na armada de Fernao Alvares Cabral.

Oriente [ editar | editar a fonte ]

Chegado a Goa , Camoes tomou parte na expedicion do vicerrei Afonso de Noronha contra o Rei de Chembe, conecido como o ≪rei da pementa≫. A esta primeira expedicion refirese a elexia O Poeta Simonides falando . Despois Camoes estableceuse en Goa, onde escribiu gran parte da sua obra epica. Considerou a cidade como unha madrasta de todos os homes honestos . Alo estudou os costumes de cristians e hindus, e a xeografia e a historia locais.

Participou noutras expedicions militares. Entre febreiro e novembro de 1554 viaxou na armada de Fernando de Meneses , constituida por mais de 1000 homes e 30 embarcacions, ao Golfo Persico . Ai sentiu unha amargura que expresa na cancion Junto de um seco, fero e esteril monte . No regreso foi nomeado "provedor-mor dos defuntos nas partes da China" polo Gobernador Francisco Barreto, para quen escribiria o Auto do Filodemo .

En 1556 partiu cara Macau , onde continuou cos seus escritos. Viviu nunha celebre gruta co seu nome, onde escribiu boa parte d´ Os Lusiadas . Naufragou na foz do rio Mekong , onde conservou de forma heroica o manuscrito d'Os Lusiadas enton xa adiantados ( cf . Lus., X, 128). No naufraxio morreria a sua companeira chinesa Dinamene, celebrada en serie de sonetos. E posibel que daten igualmente desa epoca ou naceran desa dolorosa experiencia as redondillas 'Sobolos rios .

Regresou a Goa antes de setembro de 1560 e pediu a proteccion do Vicerrei Constantino de Braganca nun longo poema en oitavas. Aprisionado por debedas, dirixiu suplicas en verso ao novo Vicerrei, Francisco Coutinho , Conde de Redondo , pola sua liberacion. En 1568 viaxou a Illa de Mozambique . Pasados dous anos, Diogo do Couto encontrouno ali, como relata na sua obra, e engadiu que o poeta estaba "tan pobre que vivia de amigos". (Decada 8.ª da Asia). Traballaba enton na revision d´ Os Lusiadas e na composicion de "un Parnaso de Luis de Camoes", con poesia, filosofia e outras ciencias", obra roubada. Diogo do Couto pagoulle o resto da viaxe ate Lisboa, onde Camoes chegou en 1570 . En 1580 , de regreso a Lisboa, asistiu a partida do exercito portugues para o norte de Africa. Morreu nunha casa de Santana, en Lisboa, e foi soterrado nunha campa rasa nunha das igrexas das proximidades.

Os Lusiadas e a obra lirica [ editar | editar a fonte ]

Os Lusiadas considerase a principal epopea da epoca moderna debido a sua magnitude e universalidade. [ 2 ] As realizacions de Portugal desde Henrique, duque de Viseu ate a union dinastica con Espana en 1580 marcan a transicion da Idade Media para a Idade Moderna .

A epopea narra a historia de Vasco da Gama e dos heroes portugueses que navegaron en torno do Cabo da Boa Esperanza e abriron unha nova rota para a India. [ 2 ] E unha obra humanista, mesmo nas suas contradicions, na asociacion da mitoloxia paga a vision cristia, nos sentimentos opostos sobre a guerra e o imperio, no gosto do repouso e no desexo de aventura, na apreciacion do pracer e nas exixencias dunha vision heroica.

A obra lirica de Camoes publicouse como "Rimas". Poren, non existe acordo entre os diferentes editores canto ao numero de sonetos escritos polo poeta e canto a autoria dalgunhas das pezas liricas. Alguns dos seus sonetos, como o conecido Amor e fogo que arde sem se ver , pola ousada utilizacion dos paradoxos , prognostican o Barroco que se estaba a aproximar.

Obras [ editar | editar a fonte ]

Sonetos [ editar | editar a fonte ]

Busto de bronce de Luis Vaz de Camoes, na Praza de Portugal de Vigo , feito por Jose Sousa Caldas en 1934.
  • 1595 - Amor e fogo que arde sem se ver
  • 1595 - Eu cantarei de amor tao docemente
  • 1595 - Verdes sao os campos
  • 1595 - Alegres campos, verdes arvoredos
  • 1595 - Que me quereis, perpetuas saudades?
  • 1595 - Sobolos rios que vao
  • 1595 - Transforma-se o amador na cousa amada
  • 1595 - Sete anos de pastor Jacob servia
  • 1595 - Alma minha gentil, que te partiste
  • 1595 - Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades
  • 1595 - Quem diz que Amor e falso ou enganoso

Redondilhas [ editar | editar a fonte ]

  • Aquela cativa
  • Se Helena apartar do campo seus olhos, nascerao abrolhos
  • Descalca vai para a fonte
  • Campos bem-aventurados

Teatro [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Real Academia Galega" . 2012.academia.gal . Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2022 . Consultado o 2022-02-22 .  
  2. 2,0 2,1 "The Lusiads" . World Digital Library . 1800-1882 . Consultado o 2013-09-01 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • "Os Lusiadas". Catalogo da Exposicao Bibl., iconogr. e medalhistica de Camoes. Intr., sel. e notas de Jose V. de Pina Martins. Lisboa, 1972;
  • Col. Camoniana de Jose do Canto. Lisboa, 1972.
  • Enfatrioes. Pref. e notas de Vieira de Almeida. Lisboa, 1942;
  • El-Rei Seleuco. Id. Ib., 1944;
  • Obras completas. Com prefacio e notas de Hernani Cidade. Lisboa, 1946-1947;
  • Obra completa. Org., intr., com. e anotacoes de A. Salgado Junior. R. de Janeiro, 1963;
  • Os Lusiadas. Leitura, prefacio e notas de Alvaro J. da Costa Pimpao. Lisboa, 1992;
  • Rimas. Texto estabelecido e prefaciado por Alvaro J. da Costa Pimpao. Coimbra, 1994
  • Rebelo Goncalves , Dissertacoes Camonianas. S. Paulo, 1937;
  • Jose Pedro Machado , Notas Camonianas. Lisboa, 1981;
  • Xose Filgueira Valverde , Camoes. Coimbra, 1981; Cuatro lecciones sobre Camoens. Madrid, 1981;
  • Actas das Reunioes Internacionais de Camonistas: I (Lisboa, 1973); III (Coimbra, 1987); IV (Ponta Delgada, 1984) e V (S. Paulo, 1992);
  • Revista Camoniana (S. Paulo, 10 vols publ. desde 1964).

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]