Logos (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logos
Cabeceira da publicacion
Pais Espana
Lugar Pontevedra
Lingua lingua galega
Na rede
Galiciana: 7722
editar datos en Wikidata  ]

Logos , subtitulada Boletin catolico mensual , foi unha revista mensual editada en Pontevedra de 1931 a 1936 .

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Creada por Anton Iglesias Vilarelle e Xesus Ferro Couselo , foi unha revista innovadora na prensa catolica polo uso do idioma galego e a disparidade de criterios dos seus colaboradores. Xunto aos temas teoloxicos, trataba aspectos historicos e literarios, e a sua lina politica esta marcada por un certo aperturismo cara aos problemas sociais do momento.

Sairon un total de 49 numeros, xa que a edicion se suspendeu entre agosto e decembro de 1934; en 1935 so se editaron catro numeros, asumindo un ritmo trimestral, e en 1936 empeza editandose a ritmo bimensual, pero so saen dous numeros, o 48 de xaneiro-febreiro, e o 49 de marzo-abril.

Na revista colaboraron os sacerdotes Paulino Pedret , Avelino Gomez Ledo , Ramon Maria Aller , Fernando Quiroga Palacios ; os frades Mercedarios de Poio : Guillermo Vazquez, Gumersindo Placer , P. Miguelez, Emilio Silva, Santiago Crespo e Xose Vallejo; os Franciscanos de Santiago Atanasio Lopez Fernandez , P. Aldegunde e Lino Gomez Canedo; e os monxes de Samos Maximino Arias e Victoriano Gonzalez. A imaxe do profeta Daniel que aparecia na portada foi debuxada por Alfonso Daniel Rodriguez Castelao .

Despois da guerra, Iglesias Vilarelle e Xose Luis Fontenla Mendez intentaron volver publicar a revista, pero as autoridades franquistas esixironlles unha declaracion de adhesion ao Movemento e decidiron non continuar co proxecto.

En 1983 Sotelo Blanco Edicions editou a coleccion completa en edicion facsimile , cun limiar de Xose Filgueira Valverde .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]