Lili Bleeker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLili Bleeker

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 17 de xaneiro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Middelburg, Paises Baixos Editar o valor em Wikidata
Morte 8 de novembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Zeist, Paises Baixos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Reino dos Paises Baixos Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Utrecht Editar o valor em Wikidata
Director de tese Leonard Ornstein Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Utrecht (en) Traducir (1930?1963) Editar o valor em Wikidata
Ocupacion matematica , membro da resistencia , fisica , construtora de instrumentos Editar o valor em Wikidata

Caroline Emilie Bleeker , mais conecida como Lili Bleeker, nada en Middelburg (Paises Baixos) o 17 de xaneiro de 1897 e finada en Zeist ( Paises Baixos) o 8 de novembro de 1985 , foi unha empresaria e fisica neerlandesa , conecida polos seus desenos e fabricacion de instrumentos opticos . Ainda que non era habitual que as mulleres desenvolvesen unha carreira senon que traballasen no fogar, decidiu continuar coa sua educacion e nunca chegou a casar coa sua parella, Gerard Willemse, o cal era altamente infrecuente para a epoca. [ 1 ] Ao acabar os seus estudos, converteuse nunha das primeiras mulleres nos Paises Baixos en converterse en doutora en fisica e matematicas. [ 2 ] Tras obter o seu doutoramento, fundou unha empresa dedicada a fisica, que influiu na creacion da Organizacion Neerlandesa para a Investigacion Cientifica Aplicada, e construiu unha pequena fabrica para a elaboracion de instrumentos cientificos e opticos.

A empresa de Bleeker sufriu duramente os efectos da segunda guerra mundial . As vendas baixaron, tivo que despedir a alguns dos seus empregados e aos restantes tivolles que pagar do seu propio peto. [ 3 ] Bleeker, xunto coa sua parella Willemse, tivo que esconderse por ocultar a xudeus dos oficiais alemans despois de que estes ultimos invadisen a sua fabrica. [ 4 ] Tras o fin da guerra, a sua empresa rexurdiu, e debido aos seus actos durante a guerra foi reconecida coa Medalla Real do exercito neerlandes e concedeuselle un prestamo para recuperarse e abrir unha nova fabrica en Zeist. A sua empresa fabricou os instrumentos opticos necesarios para o desenvolvemento do microscopio de contraste de fases, inventado por Frits Zernike , que recibiu por iso o premio Nobel en 1953. [ 4 ] [ 5 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Lili Bleeker naceu o 17 de xaneiro de 1897 en Middelburg , era a menor dos cinco fillos de John Lambert Bleeker, un pastor luterano desa cidade, e Martha Gerhardina Dohne. [ 6 ] Criouse en Middelburg e mostrou unha gran precocidade na sua infancia, de forma que saltou o seu primeiro ano de primaria. Bleeker asistiu ao instituto Lange Sint en Middelburg, e ainda que era unha estudante brillante a sua nai desalentabaa a continuar os seus estudos. [ 7 ] Con todo, Bleeker decidiu continuar os seus estudos a pesar destas reticencias.

En 1916, entrou na Universidade de Utrecht para estudar fisica e astronomia. [ 8 ] Durante a carreira, Bleeker traballou como profesora nunha escola secundaria feminina para pagar os seus estudos, ainda que non se via apta para o traballo porque considerabase demasiado nova. Como resultado, traballou como titora privada. [ 6 ] En 1919 converteuse en axudante de laboratorio de varios profesores no Observatorio Sonnenborgh de Utrecht e en 1926 foi nomeada axudante xefe. [ 1 ] [ 7 ] O 5 de novembro de 1928 completou o seu doutoramento en fisica cum laude da Universidade de Utrecht baixo a direccion de Leonard Ornstein, que a describiu como ≪moi intelixente e ben formada, tanto teorica como experimentalmente≫. A tese de Bleeker tratou sobre a medida de emision e dispersion no espectro de metais alcalinos . A imprenta responsable de imprimir a sua tese era propiedade do pai do que seria a sua parella, Gerard Willemse.

Carreira [ editar | editar a fonte ]

O 5 de xuno de 1930, 18 meses despois de obter o seu titulo, Bleeker fundou unha consultoria fisica que traballou con diversas empresas e fabricas de instrumentos cientificos. [ 1 ] A sua consultoria serviu de modelo para a fundacion da Organizacion Neerlandesa para a Investigacion Cientifica Aplicada en 1932. Mais tarde, Bleeker abriu unha fabrica de instrumental cientifico e optico. Ate 1936, a empresa centrouse na fabricacion de ferramentas de laboratorio e instrumentos para medir a electricidade. Con todo, en 1936, Bleeker decidiu fundar un obradoiro de optica, e en 1937 comezou a producion de instrumentos opticos . Os seus desenos foron punteiros na industria optica dos Paises Baixos, que ate enton era case inexistente. En 1938, Bleeker comezou a fabricar prismaticos para o exercito neerlandes. En 1940, os Paises Baixos entraron na segunda guerra mundial e Bleeker detivo a producion de prismaticos xa que non queria producir nada para o exercito aleman. No entanto, mantivo a producion doutros instrumentos. Desenvolveu microscopios para as universidades neerlandesas e os seus estudantes. Bleeker tamen escondeu a cidadans xudeus na sua fabrica ata que en 1944 as autoridades alemas recibiron informacion respecto diso. Logrou enganar aos oficiais alemans e escapar cos xudeus, pero Bleeker e a sua parella tiveron que esconderse tamen. [ 7 ] Durante ese tempo os alemans pecharon a sua fabrica. Tras a guerra, abriu unha nova fabrica, que foi a primeira no mundo en fabricar o microscopio de contraste de fases inventado por Frits Zernike . [ 9 ]

Reconecementos [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Dr. Caroline Emilie Bleeker, physicist and businesswoman" . Arquivado dende o orixinal o 01 de xuno de 2020 . Consultado o 1 de decembro de 2017 .  
  2. "Nedoptifa S microscoop" . Arquivado dende o orixinal o 01 de xuno de 2020 . Consultado o 1 de decembro de 2017 .  
  3. van Ginkel, Gijs. "BINOCULARS MADE IN HOLLAND: BLEEKER DR. CAROLINE (LILI) EMILIE BLEEKER (1897-1985) BRILLIANT SCIENTIST DUTCH PIONEER DESIGNER AND PRODUCER OF OPTICAL INSTRUMENTS INITIATOR AND DIRECTOR OF THE FIRST DUTCH OPTICAL FACTORY NEDOPTIFA (1930-1978). A short history" (PDF) .  
  4. 4,0 4,1 "Nedoptifa | Delft Microbiology" . Consultado o 2 de decembre de 2017 .  
  5. Razkin, Uxue. "La empresaria “Lili” Bleeker y las lentes que valieron un Nobel" . Mujeres con ciencia . Consultado o 19 marzo 2020 .  
  6. 6,0 6,1 djr (20 de marzo de 2017). "Digitaal Vrouwenlexicon van Nederland" . Consultado o 2 de decembro de 2017 .  
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Haines, Catharine M. C. International Women in Science: A Biographical Dictionary to 1950 (en ingles ) . ABC-CLIO. ISBN   9781576070901 .  
  8. "CAROLINE EMILIE BLEEKER" . Consultado o 2 de decembro de 2017 .  
  9. Van Ginkel, Gijs. "BINOCULARS MADE IN HOLLAND: BLEEKER" (PDF) .