Like a Rolling Stone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
≪Like a Rolling Stone≫
de Bob Dylan
Lanzamento 1965, no album Highway 61 Revisited
Formato Sinxelo
Gravada 15-16 de xuno de 1965, Columbia Studio A, 7ª Av. 799, Nova York
Xenero musical folk rock
Lingua(s) ingles
Duracion 6:09
Discografica Columbia Records
Produtor(es) Tom Wilson
Escritor(es)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

" Like a Rolling Stone " e unha cancion de 1965 escrita polo musico e compositor estadounidense Bob Dylan .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Composicion [ editar | editar a fonte ]

As suas letras xorden dun extenso texto que Dylan escribiu en xuno de 1965 cando retornou esgotado dunha xira de Inglaterra . O tema foi descrito como revolucionario na sua combinacion de diferentes elementos musicais , o seu espirito xuvenil, o son da voz cinica de Dylan, e a franqueza da pregunta no coro: How does it feel? ("Como se sente?").

Acollida [ editar | editar a fonte ]

O tema de Dylan estivo bloqueado por Columbia Records porque os seus executivos non confiaban no seu exito [ 1 ] Foi desbloqueado pola compania despois de permitir que o disc-jockey da discoteca Arthur, popular entre musicos e expertos da industria [ 2 ] , reproducise unha das tomas gravadas e que os presentes a pedisen repetidamente. Ao dia seguinte ducias das radios mais influentes do pais estaban a solicitar copias. O 20 de xullo de 1965, "Like a Rolling Stone" foi lanzado como sinxelo, con "Gates of Eden" como cara B. Ainda que moitas emisoras de radio se mostraron reticentes a emitir a cancion enteira, a demanda publica obrigou mais tarde a reproducila deste xeito. [ 3 ] [ 4 ]

A pesar da sua duracion, a cancion converteuse no maior exito de Dylan da epoca e mantivose nas listas estadounidenses durante doce semanas, chegando ao numero dous, so superada por " Help! ≫ da banda britanica The Beatles . [ 5 ] O sinxelo alcanzou a sua posicion maxima de segundo lugar varias semanas despois de ser lanzado noutros paises, como o Canada , Irlanda , os Paises Baixos e o Reino Unido .

Nunha poxa, a letra da cancion, obtivo uns 2 millons de dolares, un record mundial. Segundo Acclaimed Music, ≪Like a Rolling Stone≫ e a cancion mais eloxiada da historia. [ 6 ] A revista Rolling Stone nomeouna a mellor cancion de todos os tempos. [ 7 ]

En 1966, Dylan dixo: "Rolling Stone e a mellor cancion que escribin". [ 8 ]

Creditos [ editar | editar a fonte ]

Video musical [ editar | editar a fonte ]

En novembro de 2013 , 48 anos despois do lanzamento da cancion, o sitio web de Dylan lanzou un video musical oficial de "Like a Rolling Stone". [ 10 ] Creado pola axencia dixital Interlude, o video e interactivo e permite aos espectadores usar os seus teclados para ver 16 canles que emiten imaxes en formato de television , incluindo programas de xogos, redes comerciais e reality shows . A xente de cada canle sincroniza os seus beizos coa letra da cancion. Todo o video conten 1 hora e 15 minutos de contido e presenta aparicions de personaxes da industria do entretemento . [ 11 ] O video presentouse para dar a conecer o lanzamento dun conxunto de 35 caixas de albums, Bob Dylan: The Complete Colection, vol. 1 , que conten os 35 albums de estudo oficiais do musico e 11 albums en directo. [ 12 ] O Guinness World Records citou esta como a espera mais longa para un video musical oficial. [ 13 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. EP (2015-06-17). " ' Like a rolling stone', medio seculo dun clasico inmortal" . La Opinion de A Coruna . Consultado o 2022-06-26 .  
  2. "AmericanHeritage.com / DISCO" . web.archive.org . 2010-02-05. Archived from the original on 05 de febreiro de 2010 . Consultado o 2022-06-26 .  
  3. Marcus & 2005 (3)
  4. Irwin 2008 , pp. 79-80
  5. Gill 1998 , pp. 82-83
  6. "Acclaimed Music - Top 6000 Songs of All Time" . web.archive.org . 2017-07-10. Archived from the original on 10 de xullo de 2017 . Consultado o 2022-06-26 .  
  7. "Rolling Stone : The RS 500 Greatest Songs of All Time" . web.archive.org . 2006-08-15. Archived from the original on 22 de xuno de 2008 . Consultado o 2022-06-26 .  
  8. "The Meaning of “Like a Rolling Stone” by Bob Dylan" . American Songwriter (en ingles ) . 2022-03-18 . Consultado o 2022-06-26 .  
  9. "Highway 61 Revisited - Bob Dylan ; Credits" (en ingles ) . Consultado o 2022-06-26 .  
  10. Edwards, Gavin; Edwards, Gavin (2013-11-20). "Inside Bob Dylan's Brilliant 'Like a Rolling Stone' Video" . Rolling Stone (en ingles ) . Consultado o 2022-06-26 .  
  11. "Now there's an interactive channel-surfing video for Dylan’s “Like A Rolling Stone”" . The A.V. Club (en ingles ) . 2013-11-19 . Consultado o 2022-06-26 .  
  12. Edwards, Gavin; Edwards, Gavin (2013-11-20). "Inside Bob Dylan's Brilliant 'Like a Rolling Stone' Video" . Rolling Stone (en ingles ) . Consultado o 2022-06-26 .  
  13. "Belated video for Bob Dylan's "Like a Rolling Stone" earns singer world record" . Guinness World Records (en ingles ) . 2013-11-20 . Consultado o 2022-06-26 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Gill, Andy ( 1998 ). Classic Bob Dylan 1962-69: My Back Pages . Carlton. ISBN 3-283-00358-0 .
  • Irwin, Colin ( 2008 ). Bob Dylan Highway 61 Revisited . Flame Tree Publishing. ISBN 0-8230-8398-5 .
  • Marcus, Greil ( 2005 ). Like a Rolling Stone: Bob Dylan at the Crossroads . PublicAffairs. ISBN 1-58648-382-X .