한국   대만   중국   일본 
Libra exipcia - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Libra exipcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Libra exipcia
?????? ?????? en arabe
Codigo : EGP
Ambito : Exipto
Simbolo : ?.?, LE, £
Fraccion: 100 piastras
Moedas: 5,10,20,25,50 P. e 1 £
Billetes: 5,10,25,50 P. e 1,5,10,20,50,100 e 200 £
Emisor: Banco Central de Exipto
Taxa de troco:
16-1-2010
1 EUR = 7,8035 EGP 1 USD = 5,425 EGP
Troco actual

A libra exipcia (en arabe : ?????? ??????, el-Ginaih el-Mi?r?) e a moeda legal de Exipto . A libra dividese en 100 piastras (??? qirsh), ou 1.000 milliemes (???? mallim). O codigo ISO 4217 para a libra exipcia e EGP. Localmente empregase a abreviatura LE ou L.E., que significa en frances , livre egyptienne . O nome en arabe exipcio, ginaih, pode ser relacionado ao nome ingles , guinea.

Historia [ editar | editar a fonte ]

En 1834 , un decreto real promulga un proxecto de lei parlamentario que foi publicado para prever a aplicacion dunha moeda exipcia baseada nunha base bimetalica. A libra exipcia foi introducida, substituindo asi a piastra exipcia como unidade monetaria. A piastra continuou en circulacion como 1/100 parte dunha libra, coa piastra subdividida en 40 para. En 1885 , a para deixou de circular e a piastra foi dividida en decimos. Estes decimos foron renomeados como malleem ( milliemes ) no 1916 . As taxas de cambio legais foron fixadas por forza de lei para moedas importantes estranxeiras, e estes foron aceptados para as transaccions internas. Eventualmente isto levou a Exipto a usar "de facto" o estandar de ouro entre 1885 e 1914 , co cambio de 1 libra exipcia = 7.4375g de ouro puro. Co estalido da primeira guerra mundial , a libra exipcia quedou igualada a libra esterlina 1 a 1.

Moedas [ editar | editar a fonte ]

Moeda de 1 libra coa efixie de Tutankhamon .

Entre 1834 e 1836 , as moedas de cobre de 1 e 5 para, as de prata de 10 e 20 para e 1, 5, 10 e 20 piastras, as de ouro de 5, 10 e 20 piastras e a moeda de 1 libra, foron introducidas coas moedas de ouro de 50 piastras en 1839 . As moedas de cobre de 10 para foron introducidas en 1853 , ainda que a de prata seguiu en circulacion. As moedas de cobre de 10 para foron reintroducidas en 1862 , seguidas das de 4 para e 2½ piastras (tamen de cobre) en 1863 . A moeda de 25 piastras de ouro foi introducida no 1867 .

En 1885 , un novo sistema foi introducido consistente en ¼, ½, 1, 2 e 5 millieme de bronce e as 1, 2, 5, 10 e 20 piastras de prata. As moedas de ouro practicamente desapareceron, ainda que as de 5 e 10 piastras seguiron en uso.

Logo de varios cambios mais nos materiais e as moedas, o 1 de xuno de 2006 , as moedas de 50 piastras e 1 libra foron introducidas cun equivalente en billete. As moedas levan as caras de Cleopatra VII e Tutankhamon , e a moeda dunha libra e bimetalica.

Billetes [ editar | editar a fonte ]

Billete actual de 1 Libra.

Na actualidade, hai duas entidades emisoras distintas, o Banco Central de Exipto e o Goberno do Pais. Ambas as emisions tenen caracter oficial e son de libre circulacion.

O Banco Central de Exipto emite billetes de:

  • £1.
  • £5.
  • £10.
  • £20.
  • £50.
  • £100.
  • £200.

Mentres que o Goberno so emite billetes de baixa denominacion: 5, 10, 25 e 50 piastras.

Todos os billetes exipcios son bilingues, con textos e numeros en arabe no anverso e en ingles e numeros indo-arabes no reverso. No anverso observanse imaxes de edificios islamicos mentres que no reverso imaxes de edificios do Antigo Exipto .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]