한국   대만   중국   일본 
Libra esterlina - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Libra esterlina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A libra esterlina (en ingles pound sterling ) e a unidade monetaria oficial do Reino Unido . Habitualmente denominase simplemente libra ( pound ), e para diferenciala da unidade de peso homonima acordouse usar o cualificativo de sterling , nome que tina o antigo penique ( penny ) de prata, xa que os peniques (a 240ª parte dunha libra) eran a unidade monetaria basica e o seu valor equivalia a pouco menos co dunha libra actual.

O simbolo da libra esterlina e , e o seu codigo ISO 4217 e GBP . Desde 1971 , logo da introducion do sistema decimal , a moeda britanica esta dividida en 100 novos peniques (en ingles pence , plural de penny ), e o seu simbolo e p . Anteriormente a libra estaba dividida en 20 xilins (en ingles shillings ; simbolo: s ), e cada un destes, a sua vez, dividiase en 12 peniques antigos (simbolo: d ). Un penique antigo equivale a 2,4 dos novos.

As moedas dunha libra esterlina de ouro emitidas desde 1817 ata os nosos dias reciben o nome de " soberano ". [ 1 ]

A libra esterlina e unha das moedas con que se realizan mais transaccions comerciais, xunto co dolar dos Estados Unidos de America , o euro , o ien xapones e o dolar australiano . Segundo datos de xuno do 2005 , era a sexta unidade monetaria de valor mais alto no mundo.

Emisions [ editar | editar a fonte ]

E emitida polo Banco de Inglaterra ( Bank of England ) para o seu uso en Inglaterra e mais Gales . Hai diversas libras equivalentes emitidas noutras partes das Illas Britanicas e nos Territorios britanicos de ultramar , como:

Antiga moeda fraccionaria de xilin de 1955

Todas estas tiraxes tenen validez legal en todos os territorios, independentemente de que, no aspecto practico, non todas sexan ben recibidas.

Circulan moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 peniques e de 1 e 2 libras, e billetes de 5, 10, 20 e 50 libras. O billete de 1 libra retirouse da circulacion en 1984 , con motivo da aparicion da moeda do mesmo valor.

Taxa de cambio [ editar | editar a fonte ]

Con data do 2 de abril de 2007 , 1 GBP equivalia a 1,47 EUR.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. " Soberano ". En Alfaro Asins, C . et al. (2009). Diccionario de numismatica . Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]