Lamarckismo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Retrato de Jean-Baptiste de Monet, cabaleiro de Jean-Baptiste Lamarck .

Conecese como lamarckismo [ 1 ] a teoria da evolucion formulada polo naturalista frances Jean-Baptiste Lamarck . En 1809 , no seu libro Filosofia zooloxica , propuxo que as formas de vida non foran creadas e permaneceran inmutabeis, como se aceptaba no seu tempo, [ 2 ] senon que evolucionaran desde formas de vida mais simples, describindo as condicions que propiciarian a evolucion da vida e o mecanismo polo que evolucionaria.

A teoria de Lamarck e a primeira teoria da evolucion bioloxica , adiantandose en cincuenta anos a formulacion de Darwin da seleccion natural no seu libro A orixe das especies . [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ]

Teoria [ editar | editar a fonte ]

Lamarck comezou a publicar detalles da sua teoria en 1801. Cria que un cambio no ambiente faria que as necesidades dos organismos tamen cambiasen, causando unha alteracion nos comportamentos dos organismos. Estas alteracions do comportamento facian que unha determinada estrutura ou organo fose usado mais ou menos.

O uso causaria o aumento de tamano das estruturas, mentres que o desuso produciria a diminucion destas. Lamarck chamou primeira lei a esta regra (conecida como a funcion fai ao organo ). A segunda lei afirma que todos estes cambios son hereditarios .

O mecanismo proposto por Lamarck e bastante diferente do de Darwin, a seleccion natural , pero o resultado previsto e semellante: adaptacion continua e gradual dos organismos ao seu ambiente. Tal como fixera despois Darwin, Lamarck cita a variedade de animais e plantas producidos pola influencia do home ( seleccion artificial , a presenza de organos vestixiais , e a presenza de estruturas embrionarias que non estan presentes nos adultos. A teoria de Lamarck era bastante semellante a proposta por Erasmus Darwin , avo de Charles, ainda que aparentemente ningun dos dous conecera o traballo do outro.

Lamarck, na sua teoria, propuxo que a vida evolucionaba "por tanteos e sucesivamente", "que a medida que os individuos dunha das nosas especies cambian de situacion, de clima, de maneira de ser ou de habito, reciben por iso as influencias que cambian pouco a pouco a consistencia e as proporcions das suas partes, da sua forma, das suas facultades e ate da sua mesma organizacion". [ 6 ] Seria a capacidade dos organismos de adaptarse ao medio ambiente e os sucesivos cambios que se deron nestes ambientes o que propiciaria a evolucion e a actual diversidade de especies.

Como mecanismo para traducir estes presupostos en cambios evolutivos, propuxo o mecanismo conecido como "herdanza dos caracteres adquiridos", referindose a capacidade dos organismos de trasladar a herdanza os caracteres adquiridos en vida. Esta herdanza non seria nin directa nin individual, senon que seria despois de longo tempo de estar sometidos a parecidas circunstancias e afectarian ao conxunto dos individuos do grupo sometido a ditas circunstancias.

A teoria de Lamarck non foi tida en conta no momento da sua formulacion, sendo 50 anos mais tarde, coa publicacion de A orixe das especies , cando os evolucionistas e o propio Darwin a rescataron para intentar cubrir o baleiro que a seleccion natural deixaba ao non proponer a fonte da variabilidade sobre a que actuaria a seleccion.

A principios do seculo XX , a xenetica mendeliana , redescuberta no inicio do seculo XX, veu refutar a herdanza lamarckiana. [ 7 ] E pouco despois ainda mais coa formulacion da barreira de Weismann , que enuncia a imposibilidade de transferencia de informacion entre a lina somatica e a xerminal , polo que o lamarckismo foi desbotado considerandose erroneo. Non obstante, durante o seculo XX existiron evolucionistas que defenderon o lamarckismo, e existen na actualidade voces desde a bioloxia e o evolucionismo que reivindican a sua reformulacion. [ 8 ]

Lamarck [...] a sua Filosofia zooloxica (actualmente seria teoria zooloxica) pareceme o libro mais importante da bioloxia que se escribira xamais. Lamarck foi o que aplicou o concepto de biologxa ao estudo dos seres vivos dotandoo dunha base teorica para que tivera consistencia. [...] Era unha persoa que tina unha capacidade impresionante de compresion da Natureza, tina unha vision belisima da Natureza... . [ 9 ]

Na actualidade, o lamarckismo quedou simplificado como a teoria da " herdanza dos caracteres adquiridos ". A sintese ( neodarwinista ), formulada nos anos trinta do seculo XX, segundo a cal a vida evoluciona a consecuencia de mutacions aleatorias no ADN fixadas pola seleccion natural, e considerada, pola maioria do estamento academico, satisfactoria para describir a evolucion.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Coordinadores: Jaime Gomez Marquez, Ana Mª Vinas Diaz e Manuel Gonzalez Gonzalez. Redactores: David Villar Docampo e Luis Vale Ferreira. Revisores linguisticos: Victor Fresco e Mª Liliana Martinez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxia galego-castelan-ingles. (PDF) . Xunta de Galicia. p. 107. ISBN   978-84-453-4973-1 .  
  2. Vexase Creacionismo (pseudociencia) , Fixismo
  3. Entrevista con Lynn Margulis, Muchas de las cosas que nadie sabe de Darwin han pasado en Chile , SINC, 27/11/2009 (en castelan )
  4. A primeira teoria integral da evolucion foi presentada a comenzos do seculo XIX por Jean-Baptiste de Monet de Lamarck quen, en boa medida, era un produto da Ilustracion, tanto pola sua determinacion de ofrecer unha explicacion naturalista da evolucion como polo seu enfoque sistemico. Dominou acabadamente a fisica, a quimica e a xeoloxia antes de embarcarse na busca de evidencias de que a evolucion bioloxica ocorrera realmente. Tamen suxiriu un mecanismo da evolucion, polo cal podian xurdir novas especies a traves de cambios na relacion entre o organismo e o seu ambiente durante a busca do primeiro por satisfacer as suas necesidades basicas, e a producion en consecuencia de novas modificacions nas suas caracteristicas, as cales volverianse hereditarias logo de moitas xeracions.
    Mae-Wan Ho, 1988, Genetic engineering , pax. 90.
  5. Mencion a parte merece o naturalista frances Jean Baptiste Antoine Pierre de Monet, conde de Lamarck (1744-1829). Ainda que denostado polo darwinismo pola sua teoria dos caracteres adquiridos , foi un dos maiores defensores e divulgadores das ideas evolucionistas antes de Darwin. Foi dos primeiros que explicou a variedade e os cambios morfoloxicos nos organismos: a funcion crea o organo, a traves do tempo de as condicions oportunas. Cunou o termo bioloxia e estableceu a diferenza basica entre vertebrados e invertebrados.
    Eugenia Ramirez Goicoechea, Evolucion, Cultura y complejidad .
  6. Filosofia zooloxica , pax. 56.
  7. "Jean-Baptiste Lamarck (1744-1829)" . Consultado o 12 de xuno de 2011 .  
  8. Vexase Neolamarkismo .
  9. Sandin, Maximo (16/11/2009). La evolucion a 150 anos (luz) de Darwin . Conferencia na Universidade de Oviedo (en castelan ) . Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2016 . Consultado o 05 de xullo de 2011 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Gould, Stephen J. (2002): The Structure of Evolutionary Theory . Harward: Belknap Harvard. ISBN 0-674-00613-5 . Paxs. 170?197 en "Lamarck".
  • Honeywill, Ross (2008): "Lamarck's Evolution: two centuries of genius and jealousy". Sydney: Murdoch Books. Vexase sitio web
  • Loison, Laurent (2010): Qu'est-ce que le neo-lamarckisme?, les biologistes francais et la question de l'evolution des especes . Ed. Vuibert.
  • Waddington, Conrad (1961): "The human evolutionary system". In: Michael Banton (Ed.), Darwinism and the Study of Society . Londres: Tavistock.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]