Lacio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para consultar o artigo sobre o equipo de futbol, vexa Societa Sportiva Lazio
Modelo:Xeografía políticaLacio
Lazio (it) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia a Lacio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Editar o valor em Wikidata Mapa
  41°54′00″N 12°43′00″L  /  41.9, 12.716666666667 Coordenadas : 41°54′00″N 12°43′00″L  /  41.9, 12.716666666667
Estado Italia Editar o valor em Wikidata
Capital Roma Editar o valor em Wikidata
Conten a division administrativa
Poboacion
Poboacion 5.720.536 (2023) Editar o valor em Wikidata (331,89 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 17.236 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Mar Tirreno Editar o valor em Wikidata
Altitude 416 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creacion 1970 Editar o valor em Wikidata
Santo padron Pedro e Paulo de Tarso Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Organo executivo Government of Lazio (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of Lazio (en) Traducir Editar o valor em WikidataNicola Zingaretti (2013?) Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo Regional Council of Lazio (en) Traducir Circunscricion: 5 , (Escano: 51) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2 IT-62 Editar o valor em Wikidata
Codigo NUTS ITI4 Editar o valor em Wikidata
Identificador ISTAT 12 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web regione.lazio.it Editar o valor em Wikidata
Telegram: info_regionelazio Editar o valor em Wikidata
Coliseo de Roma (Lacio).

O Lacio [ 1 ] (en italiano : Lazio ) e unha rexion administrativa da Italia central de case 5,5 millons de habitantes, con capital en Roma . Limita ao noroeste coa Toscana , ao norte coa Umbria , ao nordeste coas Marcas , ao leste cos Abruzos e Molise , ao sueste coa Campania e ao suroeste co mar Tirreno . No seu interior encontrase a Cidade do Vaticano .

Etimoloxia do nome [ editar | editar a fonte ]

O nome da rexion proven de latium , nome que lle daban aos latinos , devanceiros dos antigos romanos ; ainda que tamen poderia provir de Laurentino (Latino) rei de Laurentia, antiga cidade da chaira de Laureto ( Lauretum ). A mitoloxia romana fala do rei Latino.

A linguistica moderna [ quen? ] postula que as orixes do nome latium residen na raiz proto-indo-europea *stela- ("espallar", "estender"), que expresa idea de "terreo de natureza plana" (caso que se da no lugar con contraste de altitudes cos vecinos sabinos , ademais dos seus primitivos habitantes ter vido dos Apeninos ). Poren, o nome pode ter as suas orixes nunha lingua ainda anterior, non indo-europea . [ 2 ] )

Antigamente o territorio do Lacio abranguia o curso baixo do rio Tiber polo norte, e os montes Ausonios, nas proximidades de Terracina , polo sur; tendo os Apeninos pola banda oriental. [ 3 ]

Segundo unha moi discutida tese de Giovanni Semerano, o termo derivaria por aferese da voz acadia illatum, ellatum (que significa confederados), e do que proveria tamen ao termo grego ?λλ??-?λλ?δο? (≪Helade≫). Neste caso o nome faria referencia a confederacion Albana dos pobos latinos.

Xeografia [ editar | editar a fonte ]

O Lacio, rexion do centro de Italia, colocase na zona central do mar tirrenico e ocupa 17.203 km² de territorio italiano, estendendose dos Apeninos ao mar Tirreno.

O seu territorio non presenta caracteristicas fisicas homoxeneas e poderiase dicir que se caracteriza por unha forte heteroxeneidade. E un territorio prevalentemente montanoso e con zonas de outeiros, con algunhas chairas proximas a zona costeira. Os outeiros ocupan o 54% do seu territorio e as montanas o 26,1%, ocupando as chairas o restante 19,9% desta rexion. Partindo do noroeste da rexion, encontramos tes grupos montanosos de modestas dimensions: os Montes Volsini , os Montes Cimini e os Montes Sabatini . Estes grupos montanosos comparten a sua orixe volcanica, testemunada, ademais de polos elementos xeoloxicos da zona, pola presenza en cada un dun lago: o Lago de Bolsena nos Volsini, o lago de Vico nos Cimini e o Lago de Bracciano nos Sabatini. Estas montanan descenden cara a chaira marina ao oeste e cara ao val do Tiber ao leste, as duas chairas laciais mais setentrionais.

Golfo di Gaeta (Lacio)

Na parte oriental do Lacio, encontranse os cumios mais altos da rexion, que acadan cos Montes da Laga nos 2458 m do Gorzano o seu punto mais alto. Tratase, esta, dunha pequena parte dos Apeninos, que corre diagonalmente de norte a sur. Aqui tamen atopamos os grupos montanosos dos Montes Reatin , os Montes Sabini , os Montes Simbruini e os Montes Ernici . No Lacio meridional central, partindo dos altos de Albani , atopamos toda unha serie de grupos montanosos, que corren paralelos aos Apeninos, dos que estan separados polo Val Latino , onde estan os rios Sacco e Liri , e que terminan no Tirreno preto da fronteira coa Campania; tratase dos Montes Lepini , os Montes Ausoni e os Montes Aurunci . Os altos de Albani tamen tenen orixe volcanica e tenen lagos da mesma orixe. Este lagos son numerosos e entre outros estan o Lago de Albano e o de Nemi . A costa lacial e moi regular, baixa e areosa, ainda que hai algunhas excepcions como o Cabo Linaro ao sur de Civitavecchia , a foz do Tiber entre os concellos de Roma e Fiumicino ; ao sur do rio encontramos sucesivamente o promontorio dos concellos de Anzio e Nettuno , o monte Circeo , que se ergue illado entre mar e terra, e o promontorio de Gaeta , xa chegando ao limite coa Campania. Mesmo diante de Gaeta encontrase o arquipelago de Pontino , composto por seis pequenas illas, todas de orixe volcanica. O Tiber e o maior rio da rexion, onde chega procedente da Umbria, primeiro cun percorrido cara ao sueste, que posteriormente tornara en sentido suroeste, para atravesar toda a area romana cara ao mar. Os principais afluentes de Tiber son o Paglia e o Treia , na ribeira esquerda, e o Nera e o Aniene na faixa dereita. Mais ao sur, cun andamento que recorda ao Tiber encontramos o Sacco e o Liri , mentres na parte setentrional da rexion encontramos outros rios menores como o Fiora , o Marta e o Arreone , que baixan directamente ao mar cun percorrido relativamente breve.

Clima [ editar | editar a fonte ]

O clima da rexion presenta unha importante variabilidade dependendo da zona. En xeral, ao longo da faixa costeira, os valores da temperatura varian entre os 9º-10 °C de xaneiro e os 24º-25 °C de xullo. As precipitacions escasean no treito costeiro setentrionais. Conforme se vai entrando cara ao interior da rexion, vanse acentuando as caracteristicas de continentalidade con maiores diferenzas termicas. Os invernos son mais frios que na costa, podendo acadar temperaturas proximas a 0 °C nas noites de inverno. Mesmo algunha vez nevou na propia cidade de Roma.

Division administrativa [ editar | editar a fonte ]

Provincias do Lacio.

A rexion do Lacio dividese en 5 provincias:

As principais cidades da rexion son:

Pos. Concello Prov. Habitantes
1 Roma RM 2 698 872
2 Latina LT 113.998
3 Guidonia Montecelio RM 76.911
4 Aprilia LT 64.648
5 Fiumicino RM 61.019
6 Viterbo VT 60.516
7 Pomezia RM 52.465
8 Tivoli RM 51.857
9 Civitavecchia RM 51.388
10 Velletri RM 51.042
11 Anzio RM 48.437
12 Frosinone FR 48.197
13 Rieti RI 47.165
14 Terracina LT 42.875
15 Nettuno RM 42.361

Turismo [ editar | editar a fonte ]

Igrexa de Santa Maria Maggiore en Alatri (Lacio)

O Lacio e importante na cultura italiana e europea polos seu contidos historicos, artisticos, arqueoloxicos, arquitectonicos, relixiosos e culturais. O inmenso patrimonio que conten a cidade de romo e so un entre unha inmensidade de puntos de interese, vilas, igrexas, mosteiros, monumentos e sitos variados da rexion.

Os sitios de interese turistico en Roma espallanse no tempo e nas formas. Das areas arqueoloxicas, a primeira de todas o Foro Romano , aos monumentos, como o Coliseo que identifica a cidade, as igrexas, que coa Basilica de San Pedro no Vaticano son o epicentro do catolicismo, os arcos, as pontes, as fontanas, as murallas e as suas portas, os obeliscos, as prazas e as ruas. Todo isto, sen esquecer a amplisima riqueza museistica que ofrece a cidade eterna.

Ademais de Roma, hai moitos sitios de interese arqueoloxico que hai que visitar no Lacio. Desde os presentes na vecina Ostia Antica , a Vila Adriana en Tivoli , o Templo de Giove Anxur en Terracina ou os restos do Forum Apii preto de Sezze , de Lavinium en Pomezia , os restos etruscos da necropole da Banditaccia preto de Cerveteri , a Necropole de Tuscania ou a de Colle dei Monterozzi en Tarquinia .

Sitios importantes tamen son as cidades fortificadas prerromanas: a acropole de Alatri , moi ben conservada, a de Ferentino co mercado romano ou as de Atina e Arpino .

Tamen son ben conecidas as abadias de Montecassino , Subiaco , Casamari , Trisulti e Fossanova . Un grande fluxo turistico e atraido polas fontes termais de Fiuggi e as localidades costeiras de Spergola , Sabaudia e Terracina .

Deportes [ editar | editar a fonte ]

As principais entidades deportivas da rexion son os clubs de futbol AS Roma e SS Lazio . Roma foi sede dos XVII Xogos Olimpicos no ano 1960.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hesperico .
  2. Etimiloxia de Latium no Online Etymological Dictionary (en ingles )
  3. Filippo Cassola (2001). Jouvence, ed. Storia di Roma. Dalle origini a Cesare . Roma.